Outra das patoloxías que afecta ao esófago é a esofaxite, na cal o esófago inflámase e irrítase. (1)
Causas
- ERGE
- Alcoholismo
- Tabaquismo
- Vómitos
- Certos medicamentos
- Obesidade
- Infeccións por fungos ou virus (1)
Síntomas
- Tos
- Disfagia
- Odinofagia
- Pirosis (1)
Diagnóstico
Mediante manometría esofáxica, endoscopia alta ou cun tránsito esofagogastroduodenal (unha radiografía con papilla de bario). (1)
Tratamento
Depende da causa, pero podemos atoparnos con antiácidos para os síntomas de ERGE, antibióticos en caso de infeccións, cambios na dieta por exemplo evitar comidas picantes ou especias. (1)
Complicacións
Pode producirse estenosis do esófago, esófago de Barret, e este pode dar lugar a cancro de esófago.
Bibliografía
(1) Barcenilla Laguna J, Goyeneche Gracia ML, Madrigal Domínguez RE, Díez Redondo P. Esofagitis. Medicine [Internet]. 2000 [28 de diciembre de 2022];8(1):14–22. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/001153.htm
A ERGE, ou enfermidade por refluxo gastroesofágico é outra das patoloxías que nos podemos atopar no esófago, esta consiste en que os contidos estomacais volven cara o esófago, pois o cardias, cando chega o alimento ao estómago, péchase para evitar que o alimento retorne ao esófago, porén cando este non cerra ben, o contido gástrico volve a subir. (1)
Causas
- Consumo de alcohol
- Hernia de hiato
- Obesidade
- Embarazo
- Tabaquismo
- Medicamentos como broncodilatadores, dopaminérgicos, antidepresivos... (1)
Síntomas
- Dor retroesternal
- Pirosis
- Náuseas
- Regurgitación
- Tos
- Disfagia
- Hipo
- Odinofagia (1)
Tratamento
Principalmente facer cambios no estilo de vida, como baixar de peso en caso de obesidade, dormir coa cabeza algo elevada, non deitarse ao rematar de comer, evitar AINEs, e en caso de tomalos acompañalos de inhibidores da bomba de protóns como o Omeprazol. (1)
Complicacións
- Esófago de Barret
- Broncoespasmos
- Tos crónica
- Problemas dentais
- Úlcera esofágica
- Estenosis (1)
Bibliografía
(1) Michael M. Philiphs. Medline Plus [Internet]. National library of Medicine; [28 dec 2022]. Dispoñible en:
A acalasia é unha enfermidade que afecta ao esófago, tubo que conecta a cavidade bucal co estómago.
En que consiste?
Na unión entre o esófago e o estómago temos o esfínter esofágico inferior (cardias), o cal acostuma estar relaxado para permitir o paso do alimento, pero na acalasia isto non sucede. (1)
Causas
Está causado por un dano nos nervios do esófago o cal pode ser hereditari. É pouco frecuente, pero pode darse a calquera idade.
Síntomas
- Reflujo
- Dor torácico
- Tos
- Dificultade para tragar
- Acidez gástrica
- Pérdida de peso (1)
Diagnóstico
Para evaluar o bo funcionamento do esófago contamos coa manometría, unha endoscopia superior para poder ver o esófago no seu interior ou unha radiografía. (1)
Tratamento
A súa finalidade é reducir a presión dos músculos do esófago para permitir o adecuado paso dos alimentos, esto pódese conseguir mediante o uso de Botox, medicamentos como os bloqueantes dos canais de calcio, ciruxía para cortar o músculo do cardias ou mediante a dilatación do esófago. (1)
Bibliografía
(1) Ruiz de León San Juan A, Pérez de la Serna Bueno JA. Acalasia. Rev Esp Enferm Dig [Internet]. 2008 [28 de diciembre de 2022];100(5). Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000267.htm
Un trastorno moi común na nosa poboación é a intolerancia á lactosa; este é un azucre presente no leite e derivados. Para poder asimilala precisamos dun enzima que sexa capaz de dregadala, a lactasa, porén algunhas persoas o seu intestino deslgado non pode producila. (1)
Causas
Entre os bebés, os prematuros teñen mais posibilidades, porén ata os 3 anos non acostuman presentar síntomas, tamén poden nacer con algún problema conxénito que lles impide a producción de lactasa.
Moi frecuente en adultos, sobre todo entre asiáticos, africanos, americanos, sendo menos frecuente entre os europeos.
Algunhas enfermidades como a celiaquía, Crohn, infeccións no intestino delgado ou ciruxía neste pode producila, porén unha vez que se recupere podemos recuperar a tolerancia á lactosa. (1)
Síntomas
Os síntomas aparecen aos 30 minutos ou 2 horas despois de consumir lactosa:
- Distensión abdominal
- Cólicos abdominais
- Diarrea
- Flatulencia
- Náuseas (1)
Diagnóstico
Mediante o consumo da lactosa e realizando un cuestionario dos síntomas, así como diferentes probas, como a do alento ou do pH. (1)
Tratamento
Non existe un tratamento como tal, pero reducir a inxesta da lactosa alivia os síntomas. Porén outros productos lácteos axudan a mellorar a intolerancia como pode ser os queixos, iogur, leite con cereais, galletas... (1)
Para máis información neste vídeo explícase o funcionamento do intestino delgado cara a absorción da lactosa:
Bibliografía
(1) Fernandez Garcia M. Intolerancia a la Lactosa: Situacion Actual. Lulu.com; 2020.
Unha das técnicas que realizamos o persoal de enfermaría é o sondaxe vesical; é dicir a introducción dunha sonda polo meato ata a vexiga para vaciar e recolectar orina.
Emprégase tanto en pacientes con incontinencia urinaria, retención urinaria, ciruxía de próstata ou xenitais, na esclerose múltiple, demencia, etc. (1)
Clasificación
- Segundo o tipo de material
Látex
Silicona
PVC (2)
- Segundo o diámetro, medido en French Charrière (CH), en mulleres empléase sobre todo de 14 e 16 CH, e en homes de 16, 18, 20 e 22 CH (2)
- Segundo o número de luces
1
2: unha con un balón para fixala
3. unha das luces para facer lavados (2)
- Segundo o uso
Permanente: permanece na vexiga durante un período longo ou curto, fixada a unha bolsa recolectora de orina, e a sonda acostuma a ser de 2 luces. (1)
Intermitente: introdúcese para drenar a vexiga e retírase, proceso que se pode repetir varias veces. (1)
Condón: emprégase en homes con incontinencia, cun dispositivo similar a un preservativo ao que se conecta a sonda e esta a unha bolsa, deberase cambiar a diario. (1)
Deberase limpar a zona de inserción da sonda con auga e xabón todos os días, e lavar ben as mans antes de manipular a sonda.
Ademais recomendase beber moito para previr infeccións. (1)
Complicacións
Podemosnos atopar con persoas alérxicas ao látex, ou persoas que desenvolvan infeccións, que presenten cálculos vesicais, hematuria, dano renal, lesión uretral ou cancro vesical.
Se observa sangue na orina, outros cambios no seu aspecto ou presenta fiebre, entre outros, débeselle comunicar canto antes ao profesional de saúde correspondente, ou ben a/o enfermeir@ ou directamente ao seu médico. (1)
Bibliografía
(1) Sondas vesicales [Internet]. Medlineplus.gov. [28 de diciembre de 2022]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003981.htm
(2) Tipos de sondas vesicales [Internet]. Enfermería Creativa. 2017 [28 de diciembre de 2022]. Dispoñible en:
Seguindo coas probas que se realizan nunha planta de dixestivo, temos a colonoscopia, que se emprega para ver o interior do inestino groso e o recto, a través dun colonoscopio, que contén unha cámara fixada a unha sonda flexible que se introduce no colon. (1)
Causas do procedemento
- Dor abdominal
- Cambios no aspecto das deposicións
- Pérdida de peso
- Pólipos
- Cancro de colon
- Enfermidade intestinal inflamatoria (1)
Preparación
Tendo en conta que o obxectivo da proba é ver o intestino groso por dentro, este debe estar completamente limpo para poder apreciar mellor as súas paredes e observar posibles cambios; polo tanto empregaremos enemas e laxantes e deberá seguir unha dieta estricta: durante polo menos 3 días antes da proba deberá evitar alimentos sólidos e beber líquidos claros (café, té, consomés, gelatinas, zumes colados, auga).
Procedemento
En primer lugar deberá sacar a roupa, e administraráselle un medicamento para facilitar a relaxación, así non sentirá dor aínda que esté consciente. A proba realizarase co paciente deitado en decúbito lateral esquerdo, aproximando as rodillas cara o tórax.
Comezamos introducindo o colonoscopio polo ano, avanzando lentamente; e insuflamos aire para ver mellor, así como podemos retirar posibles restos para facilitar a visión. Co colonoscopio podemos sacar unha pequena mostra, ou incluso no caso de haber pólipos, extraelos. A súa vez realizaremos imaxes para observalas detenidamente despois. (1)
Todo isto queda explicado no seguinte vídeo:
Despois do procedemento
O paciente pode presentar cólicos abdominais leves ou gases. Deberá beber moito líquido, comer saludable e intentar non conducir nin beber alcohol. (1)
Riscos
Como outras probas esta tamén conleva unha serie de complicacións como: hemorraxias pola extraccións dos pólipos, perforación do colon, infección ou reacción ao medicamento sedante.
Bibliografía
(1) Colonoscopia [Internet]. Medlineplus.gov. [28 Dec 2022]. Dispoñible en:
A CPRE ou colangiopancreatografía retrógada endoscópica é un procedemento moi empregado na planta de dixestivo e que serve para examinar os conductos biliares a través dun endoscopio.
O seu uso pode ser tanto con fins diagnósticos como terapéuticos; para diagnosticar posibles colangitis, tumores pancreáticos ou dos conductos ou vesícula biliar; así como para tratar estenosis dos conductos biliares ou eliminar cálculos biliares. (1)
Antes do procedemento deberaselle explicar ao paciente en qué consiste esta proba, así como indicarlle que non poderá comer nin beber nada polo menos nas 4 horas anteriores a CPRE. (1)
Deberá sacar todas as xoias ou elementos que poidan interferir na radiografía, ademais de retirar prótesis dentais no caso de tela. (1)
Procedemento
En primer lugar precisaremos da inserción dun catéter venoso periférico, polo cal administrarase algún sedante para garantir unha relaxación á hora de realizar a proba. (1)
O endoscopio introdúcese pola boca e pasará polo esófago, atravesando o estómago ata chegar a primeira porción do intestino delgado, o duodeno. Unha vez alí, a través dun catetér do endoscopio, inxectarase unha solución cun tinte que poderemos observar na radiografía, como observaremos no seguinte vídeo.
Despois do procedemento pode presentar dor de garganta durante 3 ou 4 días. Se hai dor pode tomar paracetamol, pero débese evitar antiinflamatorios non esteroideos (AINEs) como son o ibuprofeno ou a aspirina.
En canto as inxestas, débese explicar que pode comer e beber. (1)
Complicacións
Como empregamos sedantes e contrastes, podemos atopar reaccións alérxicas. Entre os riscos da introdución do endoscopio, poden aparecer hemorraxias, perforación do intestino ou podemos causar unha pancreatitis. (1)
Seguindo coas patoloxías dixestivas, o fígado é unha das glándulas accesorias do sistema dixetivo, e entre algunhas sas súas afectacións está a hepatite. Cómpre primeiro recordar un pouco sobre a súa anatomía e fisioloxía.
Anatomía e fisioloxía
O fígado atópase no hipocondrio dereito, no cuadrante superior dereito do abdome.
Podémolo dividir en 2 lóbulos (dereito e esquerdo) con 8 sectores, 4 en cada lóbulo, e que son funcionalmente independentes, quedando o sector I na súa cara posterior: (1)
Entre as súas funcións, as dixestivas xunto coas productoras e excretoras de bilis para a dixestión das grasas, tamén realiza outras coma regular a homeostase calórica, leva a cabo o metabolismo proteico, de hormonas, vitaminas, e xenobióticos así como na resposta inmunitaria. (2)
Que é a hepatite?
Esta é a inflamación e infección do fígado, que pode ser aguda (que transcurre nun período curto de tempo) ou crónica (a longo plazo) (3)
Causas
- Infección vírica: é o tipo máis común
- Alcohólica: consumo excesivo de alcohol durante un tempo prolongado
- Tóxica por consumo de químicos, sustancias corrosivas, etc.
- Autoinmune, na que o propio organismo destrúe ao propio fígado, causa desconocida, posiblemente genética.
- Causada por cirrosis, insuficiencia hepática ou cancro de fígado. (3)
Infección vírica
Causada por varios tipos de virus, segundo o virus temos dieffrentes tipos de hepatite:
A: transmítese a través do contacto con alimentos ou con auga contaminada.
B: transmítese a través de fluídos corporais, como pode ser a sangue.
C: ao igual que a B
D: ao igual que a B
E: transmítese a través do contacto con alimentos ou con auga contaminada, así como por consumo de carnes ou mariscos pouco cociñados. (3)
Síntomas
Aínda que hai persoas que poden ser asintomáticas, os síntomas que se podría ter serían:
- Fiebre
- Fatiga
- Pérdida de apetito
- Náuseas e vómitos
- Dor abdominal
- Orina escura
- Feces de cor clara
- Ictericia (3)
Diagnóstico
É importante realizar unha boa anamnesis así como unha boa exploración física, acompañado de análise de sangue, probas de imaxe como unha ecografía, un TAC ou unha resonancia magnética, tamén se pode realizar unha biopsia para verificar o dano hepático. (3)
Tratamento
Existen vacinas contra certos tipos de virus para previr a infección, así como medidas de prevención como un consumo mínimo de alcohol, lavar e cociñar ben os alimentos, ter relacións sexuais con protección, entre outras. (3)
Bibliografía
(1) López F. Anatomía y fisiología del hígado. [Internet] 1ª Edición. McGraw Hill 2015. Capítulo 48: Anatomía y fisiología del hígado; [27 Dec 2022]. Dispoñible en:
A flebitis é unha das complicacións que nos podemos atopar en calquera planta dun hospital na que se realicen insercións de vías venosas periféricas ou centrais, e que na planta de dixestivo e nefroloxía do CHUS tamén poden ter lugar.
A flebitis consiste na inflamación e irritación das veas, provacada por un corpo extraño, por medicación irritante ou pola contaminación bacteriana dun sistema intravenoso.
Tipos
- Mecánica
Máis común, está causada pola inserción dun catéter de gran calibre nunha vea de diámetro inferior, tamén pode estar causada por un traumatismo durante a colocación de dito catéter ou por un mal fixamento deste provocando movementos no interior da vea.
- Química
Está causada polos fármacos que son demasiado irritantes ou demasiado ácidos ou básicos, así como por solucións hipertónicas.
- Bacteriana
Está causada pola contaminación do sistema intravenoso durante a súa inserción, porén tamén pode deberse a unha baixa antisepsis da pel.
Clasificación
Segundo os síntomas que nos atopamos, podemos clasificar a flebitis nunha escala do 0 ao 4, sendo o 0 sen síntomas e o 4 a complicación máis grave desta.
0: asintomática
1: eritema con/sen dor
2: eritema e pode haber edema con dor
3: eritema con dor, formándose estrías ou un cordón venoso palpable
4: eritema con dor, estrñias, cordón venoso palpable e secreción purulenta
Solucións
O primeiro que se debe facer é retirar o catéter canto antes, controlando a zona de punción e aplicar paños ou compresas húmidas quentes durante polo menos 3 días, e se é necesario complementalo coa administración de AINEs (antiinflamatorios non esteroideos) orais.
Bibliografía
(1) Rosenthal Kelli. Cuando aparece la flebitis. Nursing. (Abril 2022); Vol.25 (4): 47.
Dentro das patoloxías dixestivas, cabe destacar tamén a colitis. Esta consiste na inflamación do intestino groso ou colon.
Causas
Acostuma ser idiopática; é dicir, non se sabe a causa que a produce. Porén existen outros acontecementos que poden derivar nunha colitis, como son:
- Infeccións víricas ou parasitarias
- Intoxicación alimentaria
- Enfermidade de Crohn
- Colitis ulcerosa
- Colitis isquémica (1)
Síntomas
Podemos atoparnos con síntomas comúns como poden ser a dor abdominal (constante ou intermitente), fiebre, escalofríos, diarrea... así como outros menos comúns como poden ser feces con sangue ou deshidratación. (1)
Diagnóstico
Para o seu diagnóstico, precisarase dunha boa anamnesis, é dicir, recoller toda a información posible que nos fcailite o paciente, a través da entrevista, cunha serie de preguntas así como cunha boa exploración física. Pero tamén se poden realizar probas diagnósticas para confirmar a patoloxía, como poden ser a realización dunha colonoscopia, un TAC ou resonancia abdominal ou un coprocultivo. (1)
Complicacións
Se a colitis non remite, ou se trata a tempo, pode ter unha serie de complicacións graves como poden ser a perforación do colon, o megacolon tóxico ou formación de úlceras. (1)
Tratamento
Este dependerá da causa da enfermidade, pois non se tratará da mesma maneira unha infección vírica que a enfermidade de Crohn (enfermidade crónica). (1)
Bibliografía
(1) Colitis [Internet]. Medlineplus.gov. [2022 Dec 28]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/001125.htm
Seguindo coa continuación do fallo renal, un dos tratamentos empregados era o trasplante renal cando ambos riles deixan de funcionar. Tamén se pode consultar o trasplante pancreático para entender en que consiste un trasplante.
Unhas das peculiaridades deste trasplante, é que o órgano (o ril) pode proceder dun familiar donante vivo (un pai, irmán, fillo) ou unha persoa sen ningún grado de parentesco, pois podemos vivir perfectamente cun só ril. Pero tamén pode ser dun doante morto.
O ril transpórtase nunha solución especial que permite que sobreviva ata unhas 48 h. (1)
Contraindicacións
Nalgúns casos non se podería realizar o trasplante, como por exemplo:ç
- Certas infeccións como a hepatite
- Problemas na toma dos medicamentos
- Enfermidade cardíaca, pulmonar ou hepática
- Tabaquismo, alcoholismo ou drogadicción (1)
Procedemento para un doante vivo de ril
O doante precisará anestesia xeral, cos riscos que isto conleva, porén actualmente estanse empregando técnicas laparoscópicas. (1)
Procedemento para o receptor
Ao igual que o doante, recibirá anestesia xeral. E ao igual que no trasplante pancreático, non retiraremos os riles non funcionantes, senón que o novo ril colocaráse na parte baixa do abdome, conectándose a arteria e vena do novo ril coas da pelvis. A ciruxía dura aproximadamente 3 horas. (1)
Despois do procedemento
Permanecerá no hospital polo menos unha semana, tendo revisións periódicas cada 1 ou 2 meses, sendo o tempo de recuperación de ata 6 meses. (1)
Riscos
Toda ciruxía e todo trasplante conleva unha serie de riscos, entre os que podemos citar:
- Trombosis venosa profunda
- Ataque cardíaco
- Accidente cerebrovascular
- Infección de feridas
- Rexeitamento e pérdida do ril (1)
Pronóstico
A pesar de que moitas persoas trasplantadas ou que vaian a realizar un trasplante consideren que a súa calidade de vida vai a disminuír, isto non é de todo certo, pois pódese levar unha vida normal.
Si que é verdade que aquelas persoas cun ril dunha persoa con un certo grado de parentesco ten maiores expectativas de éxito e menos posibilidades de rexeitamento, que os que o reciben dun falecido.
Porén ambo-los dous receptores precisarán medicamento de por vida. (1)
Bibliografía
(1) Trasplante de riñón [Internet]. Medlineplus.gov. [2022 Dec 28]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003005.htm
Seguindo cos pacientes que nos podemos atopar na nosa planta de dixestivo e nefroloxía, tamén contamos cos que sofren de fallo renal, tamén coñecido como enfermidade renal crónica.
Pero para entender en que consiste dita patoloxía, debemos adentrarnos un pouco na anatomía e fisioloxía dos riles.
Os riles actúan a modo de filtro, eliminan productos metabólicos e toxinas que pode haber circulando polo sangue; ademais participan no equilibrio electrolítico e ácido-base. Por outra banda producen hormonas como o calcitriol ou a eritropoyetina. Por todo isto son órganos esenciais para o bo funcionamento do organismo.
Que é o fallo renal?
Este consiste na pérdida lenta da función dos riles co tempo.
Causas
A diabetes e a presión arterial alta (HTA), son as causas máis comúns, porén hai máis enfermidades ou afección que dana os riles, entre as que destacamos trastornos autoinmunitarios, anomalías conxénitas, productos tóxicos, infeccións, cálculos renais e algúns tipos de medicamentos.
Síntomas
Acostuma a ser asintomático os primeiros meses, a súa evolución pode ser tan lenta que cando aparecen os síntomas, os riles xa practicamente perderon a súa función.
Entre os primeiros síntomas atopamos:
- Falta de apetito
- Malestar xeral
- Fatiga
- Cefalea
- Prurito
- Náuseas
- Pérdida de peso
Conforme avance a enfermidade, presenta:
- Dor óseo
- Somnolencia
- Mal alento
- Sede excesiva
- Hipo
- Amenorrea
- Dificultade para respirar
- Vómitos
Diagnóstico
Mediante un análisis de orina e de sangue para observar diferentes parámetros, como son os niveis de albúmina, creatinina, calcio, fósforo...
Tamén se realizarán TAC e/ou resonancia de abdomen, biopsia de ril...
Tratamento
Controlar a HTA ou facer cambios cara un estilo de vida máis saudable, poden axudar no retraso do avance da enfermidade; porén non existe unha cura para esta enfermidade.
Cando os riles deixen de funcionar completamente, levarase a cabo diálise ata que se poida realizar un trasplante de ril.
Bibliografía
(1)Bonet Pla JÁ, Gosalbes Soler V, Beroiz Heiland A. Enfermedad renal crónica. FMC - Form Médica Contin Aten Primaria [Internet]. 2009 [2022 Dec 28];16:3–18. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000471.htm
(2) Fisiología Humana. Un Enfoque Integrado 8ª Edición.
Editorial Medica Panamericana S.A.Silverthorn, D
ISBN-13: 9786078546220
Continuando co tema do páncreas, na planta de dixestivo tamén contamos con pacientes trasplantados de dito órgano, ou que mesmo precisan do trasplante e están agardando a recibilo.
En termos xerais, un trasplante consiste na doazón dun órgano san, (neste caso o páncreas) procedente dunha persoa con morte cerebral pero que permanece con soporte vital. Debemos asegurarnos moi ben da compatibilidade entre doador e receptor.
Causas polas que precisamos dun trasplante:
Principalmente en persoas que sofren Diabetes Mellitus tipo I (DMI). O páncreas secreta unha sustancia chamada insulina, que é a que nos permite aproveitar a glicosa en sangue; cando temos DMI, o páncreas non é capaz de secretar dita sistancia, polo que chegamos a uns acúmulos de glicosa en sangue moi altos, que conlevan complicacións, tales como amputacións, cegueira, enfermidades cardíacas, renais, etc. Polo que o trasplante garantízanos a posibilidade de eliminar o tratamento con inxección de insulina; porén non se realiza dita operación en persoas acabadas de diagnosticar. Tamén se leva a cabo en persoas cun fallo no control da insulinoterapia, ou con problemas clínicos derivados de dita administración.
Noutros casos menos frecuentes teriamos os casos de Diabetes Mellitus tipo II (DMII); na cal o páncreas si secreta insulina pero é o corpo o cal non é capaz de empregala, e ao final co tempo acaba sen ser capaz de producila. (1)
Requisitos para ser receptor dun novo páncreas:
- Paciente menor 50 anos, e en idades superiores avaliar individualmente
- Ausencia de cornopatías severas
- Ausencia de trastornos psiquiátricos severos
- Ausencia de neuropatía incapacitante
- Pacientes con DMI con valores de creatinina >60ml/min, e proteinuria <2g/24h
- Pacientes con DMII idem a DMI pero ademais levar mais de 5 anos con tratamento de insulina e cun IMC<30kg/m² (1)
Contraindicacións:
- Infección activa
- Alteracións na coagulación
- Drogadicción, alcoholismo activo
- Infarto de miocardio recente
- Neoplasia
- Obesidade severa
- Enfermidade psquiátrica
Procedemento:
- Antes da ciruxía
Unha vez comunicado a obtención do páncreas, o equipo de trasplante avaliará cal dos candidatos é o máis apropiado e pórase en contacto con dita perosa; a cal precisará mostras de sangue para analizar a compatibilidade ou para bsucar posibles infeccións; tamén precisrá de estudos cardíacos como un ECG.
Tras confirmarse a posibilidade de trasplante, a compatibilidade entre doante e receptor, o páncreas trasportarase nunha solución fría que o conserva ata un máximo de 20h.
Unha vez chegado o órgano nun estado aceptado para o trasplante, e co paciente debidamente informado, procedemos a realizar o acto quirúrxico.
Un dato a destacar e que o páncreas propio da persoa receptora non se extirpa, e o novo colocaráse no cadrante inferior dereito do abdome, que vai acompañado do duodeno, o cal se anastomoserá ao intestino do receptor ou incluso a vexiga; ademais de unir os vasos sanguíneos do páncreas aos do receptor. Dita operación lévase a cabo arredor dunhas 3 horas, podendo chegar a 6 h en caso de que se faga xunto cun trasplante renal. (2)
- Despois da ciruxía:
O paciente debe permanecer no hospital durante 3 ou 7 días máis, e unha vez que lle den a alta hospitalaria deberá realizar revisións e analíticas de sangue cada 1 ou 2 meses.
Complicacións:
Como calquera ciruxía, coa anestesia e a operación en xeral inclúe reaccións aos medicamentos e problemas respiratorios.
O trasplante en si inclúe trombosis nos vasos do novo páncreas, cancros tras uns anos despois do procedemento, pancreatitis, rexeito do novo órgano. (2)
Pronóstico:
Máis dun 95% sobrevive ao primeiro ano tras o trasplante, sendo do 1% a posibilidade do rexeito do órgano, mais deberanse tomar fármacos para evitar o rexeito.
Se o procedemento resulta existoso non precisará máis do tratamento con insulina. (2)
Bibliografía
(1)
.
Montiel MC, Pardo F, Rotellar F, Valentí V, Pastor C, Álvarez Cienfuegos J. Trasplante pancreático. An Sist Sanit Navar [Internet]. 2006 [2022 Dec 28];29:113–24. Dispoñible en: https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1137-66272006000400011
(2)
Ciacio O, Pittau G, Cattan P, Durrbach A, Sa Cunha A. Trasplante de páncreas. EMC - Téc Quir - Apar Dig [Internet]. 2021 [2022 Dec 28];37(2):1–11. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003007.htm
Entre moitos dos nosos pacientes e das diferentes patoloxías que nos podemos atopar, temos a pancreatite. Esta consiste na inflamación do páncreas.
Na inflamación do páncreas, este cómese a si mesmo. Para entendelo, hai que ter en conta que os zumes pancreáticos son moi agresivos, polo que se hai huna obstrucción na unión do colédoco co conducto de Wirsung, os enzimas do zume en lugar de ir aoduodeno quédanse no interior do páncreas e ''cómeo''; é dicir, ao activarse no páncreas, o cal non está preparado para dita acción, inflámase.
Etioloxía, que é o que a causa?
Entre algunhas das posibles causas, destacamos os cálculos biliares, o alcohol e causas idiópaticas, é dicir que non se coñece a etioloxía.
Cando este se inflama podemos ter pancreatite aguda ou crónica.
Pancreatite aguda
Neste caso, tras a inflamación o páncreas volve á normalidade, aínda que esta pode ser igualmente moi grave.
Maniféstase a través de dor en hemicinturón esquerdo: dor que se irradia cara escápula esquerda. Con dor á palpación, máis intenso despois de comer, presentando naúseas, vómitos e a veces ictericia.
- Diagnóstico mediante probas de laboratorio, como unha analítica; e mediante TAC, ecografía e CPRE.
- Tratamento e coidados:
- Médico: reposo pancreático con dieta absoluta e antisecretores; analxesia para o dor; antibióticos no caso de infección, etc.
- Enfermaría: constantes continuadas, dieta absoluta con aspiración gástrica, hidratación IV, SatO2, etc.
Pancreatite crónica
Inflamación cunha evolución superior a 6 meses, provocando un deterioro fisiolóxico irreversible do páncreas.
Maniféstase a través de dispepsia mantida, esteatorrea e molestias abdominais.
- Tratamento e coidados:
- Médico: pancreatectomía parcial ou radical
- Enfermaría: educación sobre alimentación, medicación e analxesia, control de peso...
Según enfermeiras con anos de experiencia, hoxe en día hai máis casos de pancreatite aguda polo aumento do consumo intensivo de alcohol.
En todo hospital contamos con moitas plantas diferentes, cada unha dedicada a unha especialidade distinta, temos neumoloxía, cardioloxía, traumatoloxía, etc. Pero eu vou a falar un pouquiño sobre a planta dedicada a dixestivo e nefroloxía do CHUS.
Que facemos no noso día a día?
Eu vou a falar dende a miña pequena experiencia co turno de tarde. Comezamos revisando cada constante, a temperatura, a tensión arterial (TA) e a saturación de O2; ademáis aos pacientes de nefro debemos medilos e tallalos diariamente.
Unha vez feito esto preparamos a medicación da merenda, debemos revisala varias veces, á hora de preparala, antes de repartila, e antes de entregarlla ao paciente. Seguidamente colocamos sueros e medicación IV, así como retiramos aqueles que xa remataron. Á vez limpiaremos vías que non funcionen adecuadamente, con suero fisiolóxico, faremos curas se é preciso e incluso cambiaremos a vía se xa non funciona.
Acabado esto preparamos a medicación da noite, e as glicemias que teñamos que realizar.
Durante este tempo podemos ter que realizar analíticas, hemocultivos, sondaxes, recibir ingresos...
Á hora da cea, volvemos a repartir medicación e realizamos as glicemias, administrando insulina a quen o necesite. E finalmente rexistramos todas as constantes, glicemias, procedimentos feitos e faremos os comentarios oportunos para deixar todo listo ao seguiente turno.
Pódese apreciar que se realiza un traballo moi metódico, ordenado e planificado, para conseguir os mellores resultados e a mellor calidade asistencial para os pacientes.
O trasplante hepático consiste na extirpación do fígado enfermo do paciente coa sustitución por un fígado sán dun donante fallecido ou vivo, sexa o órgano completo ou só unha parte.
É unha das mellores opcións terapéuticas para aquelas enfermidades hepatobiliares progresivas, mortais e sen tratamento alternativo eficaz. Co feito de que, está indicado nos seguintes grupos de enfermidades: insuficiencia hepática aguda grave, cirrose e tumores hepáticos cun tamaño maior a 6cm.
Porén está contraindicado cando os síntomas que presenta o paciente non proveñen da enfermidade hepática ou cando presenta outras enfermidades con mal pronóstico. Tamén se contraindica en idades moi avanzadas, diabetes ou insuficiencia renal que poden complicar o transplante. Ademais de pacientes con infección polo virus da hepatite B, pacientes alcohólicos,etc... (2) (3)
O trasplante se indicará cando a probabilidade de supervivencia co tratamento convencional sexa claramente inferior á supervivencia que se espera tras o transplante. (3)
(1)
A técnica consiste en extirpar aproximadamente a metade do fígado ao donante e implantalo no paciente, pois o fígado presenta unha gran capacidade de rexeneración, de maneira que o donante e receptor poden ter unha función hepática normal a largo prazo. A recuperación despois do transplante leva un total de 6 a 8 semanas.
Porén, para levar a cabo o trasplante, paciente e donante deben ter a mesma compatibilidade sanguínea, ademais de que o donante teña un bó estado de saúde confirmado por exames médicos. (2)
A supervivencia esperada tralo trasplante é como mínimo do 75% ao ano, do 65% aos tres anos e do 60% aos cinco anos. (3) Unha vez trasplantado, levará a cabo un extenso tratamento contando principalmente con inmunosupresores para evitar o rexeito do inxerto. (4)
En canto ao papel da enfermería nun paciente trasplantado de fígado, ademais de facer a valoración das 14 necesidades básicas e elaborar un plan de coidados acorde ao paciente, tamén se previrá infeccións postquirúrxicas, proporcionando illamento inverso se o precisara, e tamén extremar as medidas de hixiene, con medidas de asepsia. Ademais das infeccións, os coidados das feridas e dos drenaxes, cunha rigurosa avaliación das constantes vitais. (4)
Francisco García, P. Cuidados de Enfermería del paciente trasplantado hepático en la unidad de hospitalización de trasplantes del Hospital Virgen de la Arrixaca. Enfermería global. Consultado el 24-12. Disponible en: 06_b03 (um.es)
A asfixia prodúcese cando un obxecto se aloxa na gorxa ou na tráquea e bloquea o fluxo de aire. Nos adultos, un anaco de comida adoita ser o culpable. Os nenos pequenos adoitan atragantarse con obxectos pequenos. A asfixia pon en perigo a vida xa que corta o subministro de osíxeno ao cerebro. (1)
O primeiro síntoma adoita ser unha tose, e moitas veces é tan grave que a persoa non pode pedir axuda. É posible que a persoa afectada suxeita a súa gorxa coas dúas mans. A respiración e a fala poden debilitarse ou deterse. A persoa non é capaz de emitir sons agudos ou jadear, vólvese azul (cianose) e pode ter unha convulsión ou desmaiarse. (2)
Como actuar?
Se hai máis dun rescatador dispoñible, un debe chamar a atención médica de emerxencia mentres o outro comeza a tratar á persoa atragantada. Se só hai un rescatador dispoñible, agarde a pedir axuda ata despois de intentar despexar as vías respiratorias da persoa que se atraganta. (2)
Se a persoa que se atraganta pode tusir con forza, déixelle seguir tosendo. A tose podería limpar naturalmente o obxecto atascado. Se a persoa non pode tusir, falar, chorar ou rir con forza, comeza cos primeiros auxilios. (1)
A Cruz Vermella Americana recomenda os seguintes pasos:
Dar cinco golpes nas costas. Párate ao lado e xusto detrás do adulto atragantado. No caso dun neno, axeonllarse por detrás. Coloque o brazo sobre o peito da persoa para apoiar o seu corpo. Incline a persoa cara adiante desde a cintura para que estea mirando ao chan. Coa parte inferior da palma da man, golpea cinco veces entre os omóplatos da persoa.
Dar cinco empuxóns abdominais. Se os golpes nas costas non conseguen expulsar o obxecto obstrutivo, dálle cinco empuxes abdominais (manobra de Heimlich).
Alterna entre cinco golpes e cinco empuxóns ata que se expulse o obxecto obstruído.
Algunhas fontes só ensinan presións abdominais. Está ben non golpear as costas se non aprendeu a técnica. Para adultos e nenos de 1 ano ou máis, ambos enfoques son aceptables. (1)
Heimlich:
Para dar empuxóns abdominais a outra persoa, faga o seguinte:
Párate detrás da persoa. No caso dun neno, axeonllarse por detrás. Coloque un pé lixeiramente diante do outro para o equilibrio. Envolve os brazos arredor da cintura da outra persoa. Incline a persoa lixeiramente cara adiante.
Fai un puño cunha man. Colócao xusto encima do ombligo da persoa.
Colle o puño coa outra man. Preme cara abaixo o estómago (abdome) facendo unha rápida presión cara arriba, coma se estiveses tentando levantar á persoa. Se é un neno, prema suavemente, pero con firmeza para non danar os órganos internos.
Dar cinco empuxóns abdominais. Comprobe se o obxecto obstruído foi eliminado. Repita este procedemento segundo sexa necesario.
Se a persoa perde o coñecemento, inicie a reanimación cardiopulmonar (RCP) estándar con compresións cardíacas e respiracións de rescate.
Se a persoa está embarazada ou non pode envolver os brazos arredor da súa barriga, dálle empuxes no peito:
Coloque as mans na base do esternón, xusto por riba da unión das costelas inferiores.
Presiona o peito con forza para dar unha presión rápida. Esta é a mesma acción que se fai na manobra de Heimlich.
Repita ata que se elimine o obxecto que causa a obstrución das vías respiratorias.
Para despexar as vías respiratorias dunha persoa inconsciente, faga o seguinte:
Baixa a persoa ao chan, coas costas apoiadas no chan e os brazos aos lados.
Limpa as vías respiratorias. Se podes ver o obxecto, coloque un dedo na boca para eliminar o obxecto. Nunca fagas isto se non podes ver o obxecto, xa que corres o risco de empurrar o obxecto que o obstrúe máis na vía aérea. Isto é moi arriscado en nenos pequenos.
Comezar a RCP se a persoa aínda non responde. Se a vía aérea aínda está obstruída, faga compresións cardíacas como as que se usan na RCP para eliminar o obxecto atascado. Fai só dúas respiracións de rescate por ciclo. Revisa a boca regularmente para ver se podes detectar o obxecto.
Para despexar as vías respiratorias dun bebé menor de 1 ano, fai o seguinte:
Nunha posición sentada, manteña o bebé boca abaixo no antebrazo. Apoia o antebrazo na coxa. Apoia o queixo e a mandíbula do bebé para apoiar a cabeza. Fai que a cabeza quede máis baixa que o tronco.
Golpea ao bebé suavemente pero firmemente cinco veces no medio das costas coa parte inferior da palma da man. Apunte os dedos cara arriba para non golpear a parte posterior da cabeza do bebé. A combinación de gravidade e golpes nas costas debería expulsar o obxecto obstrutivo.
Poña o bebé de costas sobre o antebrazo se a respiración non se retoma. Apoia o brazo na coxa. Fai a cabeza do bebé máis baixa que o tronco.
Cos dedos, fai cinco compresións cardíacas firmes pero suaves. Coloque dous dedos xusto debaixo da liña do pezón. Preme cara abaixo uns 1 1/2 polgadas (uns 4 cm). Permitir que o peito se eleve completamente entre compresións.
Repita os golpes nas costas e as compresións torácicas se a respiración non se retoma. Busque axuda médica de emerxencia por teléfono.
Comeza a RCP no bebé se a vía aérea se despexa, pero a respiración non se retoma.
Se estás só e atragantas:
Chame inmediatamente ao 911 ou ao número de emerxencia local. A continuación, dáse empuxóns abdominais (manobra de Heimlich) para expulsar o obxecto atascado.
Pon un puño xusto por riba do ombligo.
Colle o puño coa outra man.
Inclínate sobre unha superficie dura. Un mostrador ou unha cadeira pode facer o truco.