Entre moitos dos nosos pacientes e das diferentes patoloxías que nos podemos atopar, temos a pancreatite. Esta consiste na inflamación do páncreas.
Na inflamación do páncreas, este cómese a si mesmo. Para entendelo, hai que ter en conta que os zumes pancreáticos son moi agresivos, polo que se hai huna obstrucción na unión do colédoco co conducto de Wirsung, os enzimas do zume en lugar de ir aoduodeno quédanse no interior do páncreas e ''cómeo''; é dicir, ao activarse no páncreas, o cal non está preparado para dita acción, inflámase.
Etioloxía, que é o que a causa?
Entre algunhas das posibles causas, destacamos os cálculos biliares, o alcohol e causas idiópaticas, é dicir que non se coñece a etioloxía.
Cando este se inflama podemos ter pancreatite aguda ou crónica.
Pancreatite aguda
Neste caso, tras a inflamación o páncreas volve á normalidade, aínda que esta pode ser igualmente moi grave.
Maniféstase a través de dor en hemicinturón esquerdo: dor que se irradia cara escápula esquerda. Con dor á palpación, máis intenso despois de comer, presentando naúseas, vómitos e a veces ictericia.
- Enfermaría: constantes continuadas, dieta absoluta con aspiración gástrica, hidratación IV, SatO2, etc.
Pancreatite crónica
Inflamación cunha evolución superior a 6 meses, provocando un deterioro fisiolóxico irreversible do páncreas.
Maniféstase a través de dispepsia mantida, esteatorrea e molestias abdominais.
- Tratamento e coidados:
- Médico: pancreatectomía parcial ou radical
- Enfermaría: educación sobre alimentación, medicación e analxesia, control de peso...
Según enfermeiras con anos de experiencia, hoxe en día hai máis casos de pancreatite aguda polo aumento do consumo intensivo de alcohol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.