Un trastorno moi común na nosa poboación é a intolerancia á lactosa; este é un azucre presente no leite e derivados. Para poder asimilala precisamos dun enzima que sexa capaz de dregadala, a lactasa, porén algunhas persoas o seu intestino deslgado non pode producila. (1)
Causas
Entre os bebés, os prematuros teñen mais posibilidades, porén ata os 3 anos non acostuman presentar síntomas, tamén poden nacer con algún problema conxénito que lles impide a producción de lactasa.
Moi frecuente en adultos, sobre todo entre asiáticos, africanos, americanos, sendo menos frecuente entre os europeos.
Algunhas enfermidades como a celiaquía, Crohn, infeccións no intestino delgado ou ciruxía neste pode producila, porén unha vez que se recupere podemos recuperar a tolerancia á lactosa. (1)
Síntomas
Os síntomas aparecen aos 30 minutos ou 2 horas despois de consumir lactosa:
- Distensión abdominal
- Cólicos abdominais
- Diarrea
- Flatulencia
- Náuseas (1)
Diagnóstico
Mediante o consumo da lactosa e realizando un cuestionario dos síntomas, así como diferentes probas, como a do alento ou do pH. (1)
Tratamento
Non existe un tratamento como tal, pero reducir a inxesta da lactosa alivia os síntomas. Porén outros productos lácteos axudan a mellorar a intolerancia como pode ser os queixos, iogur, leite con cereais, galletas... (1)
Para máis información neste vídeo explícase o funcionamento do intestino delgado cara a absorción da lactosa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.