A CPRE ou colangiopancreatografía retrógada endoscópica é un procedemento moi empregado na planta de dixestivo e que serve para examinar os conductos biliares a través dun endoscopio.
O seu uso pode ser tanto con fins diagnósticos como terapéuticos; para diagnosticar posibles colangitis, tumores pancreáticos ou dos conductos ou vesícula biliar; así como para tratar estenosis dos conductos biliares ou eliminar cálculos biliares. (1)
Antes do procedemento deberaselle explicar ao paciente en qué consiste esta proba, así como indicarlle que non poderá comer nin beber nada polo menos nas 4 horas anteriores a CPRE. (1)
Deberá sacar todas as xoias ou elementos que poidan interferir na radiografía, ademais de retirar prótesis dentais no caso de tela. (1)
Procedemento
En primer lugar precisaremos da inserción dun catéter venoso periférico, polo cal administrarase algún sedante para garantir unha relaxación á hora de realizar a proba. (1)
O endoscopio introdúcese pola boca e pasará polo esófago, atravesando o estómago ata chegar a primeira porción do intestino delgado, o duodeno. Unha vez alí, a través dun catetér do endoscopio, inxectarase unha solución cun tinte que poderemos observar na radiografía, como observaremos no seguinte vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.