Dentro das patoloxías dixestivas, cabe destacar tamén a colitis. Esta consiste na inflamación do intestino groso ou colon.
Causas
Acostuma ser idiopática; é dicir, non se sabe a causa que a produce. Porén existen outros acontecementos que poden derivar nunha colitis, como son:
- Infeccións víricas ou parasitarias
- Intoxicación alimentaria
- Enfermidade de Crohn
- Colitis ulcerosa
- Colitis isquémica (1)
Síntomas
Podemos atoparnos con síntomas comúns como poden ser a dor abdominal (constante ou intermitente), fiebre, escalofríos, diarrea... así como outros menos comúns como poden ser feces con sangue ou deshidratación. (1)
Diagnóstico
Para o seu diagnóstico, precisarase dunha boa anamnesis, é dicir, recoller toda a información posible que nos fcailite o paciente, a través da entrevista, cunha serie de preguntas así como cunha boa exploración física. Pero tamén se poden realizar probas diagnósticas para confirmar a patoloxía, como poden ser a realización dunha colonoscopia, un TAC ou resonancia abdominal ou un coprocultivo. (1)
Complicacións
Se a colitis non remite, ou se trata a tempo, pode ter unha serie de complicacións graves como poden ser a perforación do colon, o megacolon tóxico ou formación de úlceras. (1)
Tratamento
Este dependerá da causa da enfermidade, pois non se tratará da mesma maneira unha infección vírica que a enfermidade de Crohn (enfermidade crónica). (1)
Bibliografía
(1) Colitis [Internet]. Medlineplus.gov. [2022 Dec 28]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/001125.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.