28.12.22

Sondaxe vesical

Unha das técnicas que realizamos o persoal de enfermaría é o sondaxe vesical; é dicir a introducción dunha sonda polo meato ata a vexiga para vaciar e recolectar orina.

Emprégase tanto en pacientes con incontinencia urinaria, retención urinaria, ciruxía de próstata ou xenitais, na esclerose múltiple, demencia, etc. (1)

Clasificación

- Segundo o tipo de material

  • Látex
  • Silicona
  • PVC (2)
- Segundo o diámetro, medido en French Charrière (CH), en mulleres empléase sobre todo de 14 e 16 CH, e en homes de 16, 18, 20 e 22 CH (2)

- Segundo o número de luces
  • 1
  • 2: unha con un balón para fixala
  • 3. unha das luces para facer lavados (2)
- Segundo o uso
  • Permanente: permanece na vexiga durante un período longo ou curto, fixada a unha bolsa recolectora de orina, e a sonda acostuma a ser de 2 luces. (1)
  • Intermitente: introdúcese para drenar a vexiga e retírase, proceso que se pode repetir varias veces. (1)
  • Condón: emprégase en homes con incontinencia, cun dispositivo similar a un preservativo ao que se conecta a sonda e esta a unha bolsa, deberase cambiar a diario. (1)
- Segundo a forma da punta
  • Couvelaire
  • Tiemann
  • Dufour
  • Nelaton
  • Mercier
  • Foley
  • Robinson (2)

Coidados
Deberase limpar a zona de inserción da sonda con auga e xabón todos os días, e lavar ben as mans antes de manipular a sonda.
Ademais recomendase beber moito para previr infeccións. (1)

Complicacións
Podemosnos atopar con persoas alérxicas ao látex, ou persoas que desenvolvan infeccións, que presenten cálculos vesicais, hematuria, dano renal, lesión uretral ou cancro vesical.

Se observa sangue na orina, outros cambios no seu aspecto ou presenta fiebre, entre outros, débeselle comunicar canto antes ao profesional de saúde correspondente, ou ben a/o enfermeir@ ou directamente ao seu médico. (1)


Bibliografía

(1) Sondas vesicales [Internet]. Medlineplus.gov. [28 de diciembre de 2022]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003981.htm

(2) Tipos de sondas vesicales [Internet]. Enfermería Creativa. 2017 [28 de diciembre de 2022]. Dispoñible en: 
https://enfermeriacreativa.com/2017/11/07/tipos-de-sondas-vesicales/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.