Os catéteres venosos centrais, ou tamén chamados vías venosas centrais, vías centrais ou catéteres de acceso venoso central son sondas ou catéteres de inserción en venas de gran calibre como poden ser yugular ou subclavia coa finalidade de chegar ao corazón. Atopamos difentes tipos de catéteres venosos centrais, pero diferenciamos dous grupos, que son:
- Catéteres venosos centrais tunelizados
- Catéteres venosos centrais non tunelizados.
- Tomar mostras de sangue
- Administrar líquidos
- Administrar quimioterapia u outros medicamentos
- Realizar transfusión de sangue
- Proporcionar nutrición por vía intravenosa (IV)
A utilización de este tipo de catéteres é sobre todo para que os pacientes non precisen tantas agullas, é dicir, que mediante o catéter xa se lle poda administrar toda a medicación ou nutrición necesaria ou incluso a extracción de mostras. Ademáis estos catéteres poden permanecer no corpo incluso durante anos. A elección de este tipo de catéteres tamén pode ser debido a que o paciente presente venas dificiles ou sensibles cuxa colocación dun catéter periférico sexa complicado.
Estos catéteres poden presentar tres lumens ou dous. En ambos casos os lúmens diferenciaranse por cores xa que cada un debe ser usado para unha cousa diferente, depende da casa comercial a elección das cores, no caso dos de tres lumens diferenciamos:
- Lúmen proximal, para transfusión de sange ou retirada da mesma. No caso de transfusión de sangue débense pechar o resto das luces para asegurar que esta no reflúa as outras vías.
- Lúmen medial, para nutrición parenteral, ao igual que a perfusión de sangue, débense pechar as outras luces.
- Lúmen distal, para fluidoterapia ou para realizar a medición da presión venosa central (PVC), no momento da medición débese asegurar que o resto de luces están pechadas.
Catéter Venoso Central Non Tunelizado
- Os directos a unha vena grande central do tórax, normalmente a vena cava superior.
- Os que se colocan na parte superior dos brazos e a través das venas periféricas grandes condúcese o catéter ata chegar a zona da vena cava superior.
A vía PICC presenta dous extremos, un deles atravesa a vena ata chegar a vena cava, mentres que o outro é o que comunica a vena co exterior e atopase fora do corpo. A súa vez este extremo pode presentar dous ou tres sondas máis pequenas chamadas lúmens. Esta vía empregase nos pacientes con tratamiento largos e/ou agresivos ou con malos accesos venosos, ademáis de que pode utilizarse para a administración de medicamentos, líquidos, hemoderivados, nutrición parenteral ou incluso utilízase para a monitorización hemodinámica.
O PICC pode permanecer ata unha duración máxima de 18 meses, xa que este tipo de cateter é considerado en tratamento de corta duración e que utilizase nun principio para disminuir o número de pinchazos, é dicir, con este catéter só é necesario a inserción do mesmo durante o tratamento ou na retirada de mostras de sangue.
- Información sobre el catéter tunelizado [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/about-your-tunneled-catheter
- Enfermeriaevidente.com. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriaevidente.com/2019/04/21/diferentes-usos-de-las-luces-en-un-cateter-venoso-central/
- Formación E. ¿Qué es un reservorio subcutáneo y para qué sirve? [Internet]. European School Health Education. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.esheformacion.com/blog/42/que-es-un-reservorio-subcutaneo-y-para-que-sirve
- Información sobre el catéter central de inserción periférica (PICC) [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/about-your-peripherally-inserted-central-catheter-picc
- Vía central de inserción periférica [Internet]. Mayoclinic.org. 2019 [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/picc-line/about/pac-20468748
- Mantenimiento y Cuidados del PICC [Internet]. Enfermería Creativa. 2016 [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2016/12/30/mantenimiento-y-cuidados-del-picc/