Os coidados posteriores a unha alta continuan coa chamada de enfermería do centro de saude nun período menor de 72 horas, no chamado conecta 72.
O conecta 72 é un programa deseñado para conseguir que a información das altas hospitalarias dos pacientes de calqueira patoloxía sexa recibida, de forma automática, aos profesionais tanto de medicina como de enfermería dos centros de saúde. Ademáis de poder mellorar a continuidade asistencial a través da realización, nas primeiras 72 horas posteriores a alta, dunha consulta telefónica por parte do enfermeiro/a de atención primaria.
A continuidade dos coidados é unha das parte máis importantes da asistencia ao paciente no que se produce unha coordinación eficaz entre os diferentes profesionais e organizacións para poder mellorar a calidade asistencial para os pacientes.
Así mesmo esto mellora a comunicación entre a enfermeira de atención primaria e o paciente tras a alta hospitalaria, ao tempo que procurase a integración de profesionais de distintos niveis asistencias o que permitirá mellorar a continuidade dos coidados. Desta maneira prestase a cidadanía unha continuidade dos coidados que contribue a:
- Mellorar a calidade asistencial dos pacientes de alta.
- Aumentar a relación e confianza entre os pacientes e os profesionais da asistencia sanitaria.
- Facilitar e axilizar a integración e continuidade dos coidados dos pacientes tras a alta hospitalaria.
- Prevenir e intervir precozmente ante os problemas de sude tras a alta hospitalaria.
- Homoxeneizar a práctica asistencial tras a alta.
Na chamada asistencial a enfermeira do centro de saude seguirá unhas pautas para poder comprobar todas as recomendacións da alta aportadas ao paciente, e poder detectar a súa vez complicacións ou problemas de xeito precoz.
- Valoración dos diagnósticos pendentes de resolver.
- Valoración do coñecemento e manexo da medicación prescita.
- Valoración do coñecemento no manexo de drenaxes, curas, vías, sondas, osixenoterapia, orteses ou outros.
- Xestión das citas de enfermería de atención primaria se fose necesario.
- Confirmación e orientación das citas pendentes que aparecen no informe de alta.
Bibliografía
- de Saúde C de S-SG. Conecta 72 - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde [Internet]. Sergas.es. [citado o 9 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Conecta-72?idioma=es
- de Sanidade-SERGAS C. Página no operativa - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde [Internet]. Sergas.es. [citado o 9 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/A--Programa-Conecta-72