28.12.22

Trasplante pancreático



Continuando co tema do páncreas, na planta de dixestivo tamén contamos con pacientes trasplantados de dito órgano, ou que mesmo precisan do trasplante e están agardando a recibilo.
En termos xerais, un trasplante consiste na doazón dun órgano san, (neste caso o páncreas) procedente dunha persoa con morte cerebral pero que permanece con soporte vital. Debemos asegurarnos moi ben da compatibilidade entre doador e receptor.

Causas polas que precisamos dun trasplante:
Principalmente en persoas que sofren Diabetes Mellitus tipo I (DMI). O páncreas secreta unha sustancia chamada insulina, que é a que nos permite aproveitar a glicosa en sangue; cando temos DMI, o páncreas non é capaz de secretar dita sistancia, polo que chegamos a uns acúmulos de glicosa en sangue moi altos, que conlevan complicacións, tales como amputacións, cegueira, enfermidades cardíacas, renais, etc. Polo que o trasplante garantízanos a posibilidade de eliminar o tratamento con inxección de insulina; porén non se realiza dita operación en persoas acabadas de diagnosticar. Tamén se leva a cabo en persoas cun fallo no control da insulinoterapia, ou con problemas clínicos derivados de dita administración.
Noutros casos menos frecuentes teriamos os casos de Diabetes Mellitus tipo II (DMII); na cal o páncreas si secreta insulina pero é o corpo o cal non é capaz de empregala, e ao final co tempo acaba sen ser capaz de producila. (1)

Requisitos para ser receptor dun novo páncreas:
- Paciente menor 50 anos, e en idades superiores avaliar individualmente
- Ausencia de cornopatías severas
- Ausencia de trastornos psiquiátricos severos
- Ausencia de neuropatía incapacitante
- Pacientes con DMI con valores de creatinina >60ml/min, e proteinuria <2g/24h
- Pacientes con DMII idem a DMI pero ademais levar mais de 5 anos con tratamento de insulina e cun      IMC<30kg/m² (1)

Contraindicacións:
- Infección activa
- Alteracións na coagulación
- Drogadicción, alcoholismo activo
- Infarto de miocardio recente
- Neoplasia
- Obesidade severa
- Enfermidade psquiátrica

Procedemento:
- Antes da ciruxía
Unha vez comunicado a obtención do páncreas, o equipo de trasplante avaliará cal dos candidatos é o máis apropiado e pórase en contacto con dita perosa; a cal precisará mostras de sangue para analizar a compatibilidade ou para bsucar posibles infeccións; tamén precisrá de estudos cardíacos como un ECG.

Tras confirmarse a posibilidade de trasplante, a compatibilidade entre doante e receptor, o páncreas trasportarase nunha solución fría que o conserva ata un máximo de 20h.

Unha vez chegado o órgano nun estado aceptado para o trasplante, e co paciente debidamente informado, procedemos a realizar o acto quirúrxico.
Un dato a destacar e que o páncreas propio da persoa receptora non se extirpa, e o novo colocaráse no cadrante inferior dereito do abdome, que vai acompañado do duodeno, o cal se anastomoserá ao intestino do receptor ou incluso a vexiga; ademais de unir os vasos sanguíneos do páncreas aos do receptor. Dita operación lévase a cabo arredor dunhas 3 horas, podendo chegar a 6 h en caso de que se faga xunto cun trasplante renal. (2)



- Despois da ciruxía:
O paciente debe permanecer no hospital durante 3 ou 7 días máis, e unha vez que lle den a alta hospitalaria deberá realizar revisións e analíticas de sangue cada 1 ou 2 meses.

Complicacións:
Como calquera ciruxía, coa anestesia e a operación en xeral inclúe reaccións aos medicamentos e problemas respiratorios.
O trasplante en si inclúe trombosis nos vasos do novo páncreas, cancros tras uns anos despois do procedemento, pancreatitis, rexeito do novo órgano. (2)

Pronóstico:
Máis dun 95% sobrevive ao primeiro ano tras o trasplante, sendo do 1% a posibilidade do rexeito do órgano, mais deberanse tomar fármacos para evitar o rexeito.
Se o procedemento resulta existoso non precisará máis do tratamento con insulina. (2)


Bibliografía
 
(1)
.Montiel MC, Pardo F, Rotellar F, Valentí V, Pastor C, Álvarez Cienfuegos J. Trasplante pancreático. An Sist Sanit Navar [Internet]. 2006 [2022 Dec 28];29:113–24. Dispoñible en:
https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1137-66272006000400011


 
(2)Ciacio O, Pittau G, Cattan P, Durrbach A, Sa Cunha A. Trasplante de páncreas. EMC - Téc Quir - Apar Dig [Internet]. 2021 [2022 Dec 28];37(2):1–11. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003007.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.