Cando a dor é crónica e complexa, o seu tratamento con fármacos orais, a ciruxía, os bloqueos nerviosos ou a terapia física non son suficientes, recurrirase ao uso da bomba de infusión de analxésicos que permite ao paciente administrar a analxesia de forma autónoma, polo que él mesmo e o que se encarga da administración.
Os analxésicos máis empregados son os opioides os cales clasifícanse en diferentes graos de analxesia según o grao de dor do paciente. O SERGAS ten elaborado un protocolo no que se determina o tipo de analxesia para o paciente dependendo do seu grao de dor. Para iso a Unidade de Dor levará a cabo probas psicolóxicas e físicas para decidir se o paciente precisa de esta analxesia, o tipo de analxesia que precisa ou o tempo que permanecerá con ela.
Aínda que principalmente a administración realizase por vía intravenosa atópanse outras vías que administran a analxesia dunha forma máis rápida, como poden ser a intratecal, epidural, transdérmica ou subcutánea. Pero a implantación da bomba e sempre a mesma xa que realizase de forma quirúrxica.
Ademáis de controlar a dor, as bombas de infusión tamén permiten reducir e incluso retirar a medicación oral ou o uso de parches, xa que os fármacos actúan directamente no sistema nervioso polo que potencian o seu efecto interrumpindo a señais de dor antes de que estas cheguen ao cerebro.
Esta técnica de analxesia controlada polo paciente presenta outros beneficios ademáis de calmar a dor, xa que as persoas sintense menos ansiosas e deprimidas debido a sensación de control do seu propio tratamento contra a dor.
As bombas conteñen o analxésico, estas atópanse conectadas por medio dun tubo a unha vena do corpo. No momento da sensación de dor o paciente pulsa o botón e a bomba administra unha dosis do medicamento. No momento en que se sinta a dor se premerá o bóton e se recibirá unha dosis do analxésico pero a bomba limitará a cantidade de analxésico adicional, é dicir, no momento que se prema o botón non se podrá volver a administrar outra nova dose ata o tempo determinado por cada bomba, dependendo das carácteristicas pautadas pola mesma, como pode ser a cantidad de analxésico administrada por minuto, o tipo de analxésico ou o seu efecto.
Polo que a bomba pode programarse para administrar o medicamento de 2 formas diferentes:
- Según necesidade, situación na que o paciente oprime o botón e administra a dose deseada de fármaco. Neste caso únicamente administrarase o fármaco no momento determinado tras pulsar o botón.
- De maneira continuada, na que o fármaco irá administrándose de forma constante todo o tempo. Pode combinarse co modo anterior, nos casos nos que se presenten moita dor, xa que a administración do medicamento será continuada e en momentos puntuais aumentarase a dose.
Este tipo de analxesia fundamentase en que a dor é unha experiencia subxectiva e por tanto cada persoa e quen mellor coñece cando e cal e o seu nivel de dor. Polo que así conséguese individualizar as necesidades analxésicas, disminuir a ansiedade do paciente asociada a dor xa que permite o autocontrol inmediato.
- Dolor TVS. Bomba de infusión intratecal de analgésicos [Internet]. Tuvidasindolor. Tu vida sin dolor; 2014 [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.tuvidasindolor.es/bomba-de-infusion-intratecal-de-analgesicos/
- Tratamiento del dolor: Bomba de analgesia controlada por el paciente [Internet]. Cigna.com. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cigna.com/es-us/knowledge-center/hw/tratamiento-del-dolor-zx1143
- Fernández T, Anestesista R, Unidad D, Dolor M, Elena D, Dolor H, et al. DOCUMENTO DE TRABAJO. MANEJO DE PACIENTES CON DOLOR CRÓNICO EN ATENCIÓN PRIMARIA [Internet]. Sergas.es. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/cas/DocumentacionTecnica/docs/AtencionPrimaria/xappovi/MnxDoeDorCronAP.pdf
- Analgesia controlada por el paciente (PCA) [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/patient-controlled-analgesia-pca