Seguindo coa continuación do fallo renal, un dos tratamentos empregados era o trasplante renal cando ambos riles deixan de funcionar. Tamén se pode consultar o trasplante pancreático para entender en que consiste un trasplante.
Unhas das peculiaridades deste trasplante, é que o órgano (o ril) pode proceder dun familiar donante vivo (un pai, irmán, fillo) ou unha persoa sen ningún grado de parentesco, pois podemos vivir perfectamente cun só ril. Pero tamén pode ser dun doante morto.
O ril transpórtase nunha solución especial que permite que sobreviva ata unhas 48 h. (1)
Contraindicacións
Nalgúns casos non se podería realizar o trasplante, como por exemplo:ç
- Certas infeccións como a hepatite
- Problemas na toma dos medicamentos
- Enfermidade cardíaca, pulmonar ou hepática
- Tabaquismo, alcoholismo ou drogadicción (1)
Procedemento para un doante vivo de ril
O doante precisará anestesia xeral, cos riscos que isto conleva, porén actualmente estanse empregando técnicas laparoscópicas. (1)
Procedemento para o receptor
Ao igual que o doante, recibirá anestesia xeral. E ao igual que no trasplante pancreático, non retiraremos os riles non funcionantes, senón que o novo ril colocaráse na parte baixa do abdome, conectándose a arteria e vena do novo ril coas da pelvis. A ciruxía dura aproximadamente 3 horas. (1)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.