A flebitis é unha das complicacións que nos podemos atopar en calquera planta dun hospital na que se realicen insercións de vías venosas periféricas ou centrais, e que na planta de dixestivo e nefroloxía do CHUS tamén poden ter lugar.
A flebitis consiste na inflamación e irritación das veas, provacada por un corpo extraño, por medicación irritante ou pola contaminación bacteriana dun sistema intravenoso.
Tipos
- Mecánica
Máis común, está causada pola inserción dun catéter de gran calibre nunha vea de diámetro inferior, tamén pode estar causada por un traumatismo durante a colocación de dito catéter ou por un mal fixamento deste provocando movementos no interior da vea.
- Química
Está causada polos fármacos que son demasiado irritantes ou demasiado ácidos ou básicos, así como por solucións hipertónicas.
- Bacteriana
Está causada pola contaminación do sistema intravenoso durante a súa inserción, porén tamén pode deberse a unha baixa antisepsis da pel.
Clasificación
Segundo os síntomas que nos atopamos, podemos clasificar a flebitis nunha escala do 0 ao 4, sendo o 0 sen síntomas e o 4 a complicación máis grave desta.
- 0: asintomática
- 1: eritema con/sen dor
- 2: eritema e pode haber edema con dor
- 3: eritema con dor, formándose estrías ou un cordón venoso palpable
- 4: eritema con dor, estrñias, cordón venoso palpable e secreción purulenta
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.