28.12.22

ERGE

A ERGE, ou enfermidade por refluxo gastroesofágico é outra das patoloxías que nos podemos atopar no esófago, esta consiste en que os contidos estomacais volven cara o esófago, pois o cardias, cando chega o alimento ao estómago, péchase para evitar que o alimento retorne ao esófago, porén cando este non cerra ben, o contido gástrico volve a subir. (1)




Causas
- Consumo de alcohol
- Hernia de hiato
- Obesidade
- Embarazo
- Tabaquismo
- Medicamentos como broncodilatadores, dopaminérgicos, antidepresivos... (1)

Síntomas
- Dor retroesternal
- Pirosis
- Náuseas
- Regurgitación
- Tos
- Disfagia
- Hipo
- Odinofagia (1)

Tratamento
Principalmente facer cambios no estilo de vida, como baixar de peso en caso de obesidade, dormir coa cabeza algo elevada, non deitarse ao rematar de comer, evitar AINEs, e en caso de tomalos acompañalos de inhibidores da bomba de protóns como o Omeprazol. (1)

Complicacións
- Esófago de Barret
- Broncoespasmos
- Tos crónica
- Problemas dentais
- Úlcera esofágica
- Estenosis (1)


Bibliografía

(1) Michael M. Philiphs. Medline Plus [Internet]. National library of Medicine; [28 dec 2022]. Dispoñible en:
https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000265.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.