Seguindo coas probas que se realizan nunha planta de dixestivo, temos a colonoscopia, que se emprega para ver o interior do inestino groso e o recto, a través dun colonoscopio, que contén unha cámara fixada a unha sonda flexible que se introduce no colon. (1)
Causas do procedemento
- Dor abdominal
- Cambios no aspecto das deposicións
- Pérdida de peso
- Pólipos
- Cancro de colon
- Enfermidade intestinal inflamatoria (1)
Preparación
Tendo en conta que o obxectivo da proba é ver o intestino groso por dentro, este debe estar completamente limpo para poder apreciar mellor as súas paredes e observar posibles cambios; polo tanto empregaremos enemas e laxantes e deberá seguir unha dieta estricta: durante polo menos 3 días antes da proba deberá evitar alimentos sólidos e beber líquidos claros (café, té, consomés, gelatinas, zumes colados, auga).
Procedemento
En primer lugar deberá sacar a roupa, e administraráselle un medicamento para facilitar a relaxación, así non sentirá dor aínda que esté consciente. A proba realizarase co paciente deitado en decúbito lateral esquerdo, aproximando as rodillas cara o tórax.
Comezamos introducindo o colonoscopio polo ano, avanzando lentamente; e insuflamos aire para ver mellor, así como podemos retirar posibles restos para facilitar a visión. Co colonoscopio podemos sacar unha pequena mostra, ou incluso no caso de haber pólipos, extraelos. A súa vez realizaremos imaxes para observalas detenidamente despois. (1)
Todo isto queda explicado no seguinte vídeo:
Despois do procedemento
O paciente pode presentar cólicos abdominais leves ou gases. Deberá beber moito líquido, comer saludable e intentar non conducir nin beber alcohol. (1)
Riscos
Como outras probas esta tamén conleva unha serie de complicacións como: hemorraxias pola extraccións dos pólipos, perforación do colon, infección ou reacción ao medicamento sedante.
Bibliografía
(1) Colonoscopia [Internet]. Medlineplus.gov. [28 Dec 2022]. Dispoñible en:
https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003886.htm#:~:text=Es%20un%20examen%20en%20el,toda%20la%20longitud%20del%20colon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.