28.12.22

Fallo renal

Seguindo cos pacientes que nos podemos atopar na nosa planta de dixestivo e nefroloxía, tamén contamos cos que sofren de fallo renal, tamén coñecido como enfermidade renal crónica.

Pero para entender en que consiste dita patoloxía, debemos adentrarnos un pouco na anatomía e fisioloxía dos riles.




Os riles actúan a modo de filtro, eliminan productos metabólicos e toxinas que pode haber circulando polo sangue; ademais participan no equilibrio electrolítico e ácido-base. Por outra banda producen hormonas como o calcitriol ou a eritropoyetina. Por todo isto son órganos esenciais para o bo funcionamento do organismo.

Que é o fallo renal?
Este consiste na pérdida lenta da función dos riles co tempo.

Causas
A  diabetes e a presión arterial alta (HTA), son as causas máis comúns, porén hai máis enfermidades ou afección que dana os riles, entre as que destacamos trastornos autoinmunitarios, anomalías conxénitas, productos tóxicos, infeccións, cálculos renais e algúns tipos de medicamentos.

Síntomas
Acostuma a ser asintomático os primeiros meses, a súa evolución pode ser tan lenta que cando aparecen os síntomas, os riles xa practicamente perderon a súa función.
Entre os primeiros síntomas atopamos:
- Falta de apetito
- Malestar xeral
- Fatiga
- Cefalea
- Prurito
- Náuseas
- Pérdida de peso

Conforme avance a enfermidade, presenta:
- Dor óseo
- Somnolencia
- Mal alento
- Sede excesiva
- Hipo
- Amenorrea
- Dificultade para respirar
- Vómitos

Diagnóstico
Mediante un análisis de orina e de sangue para observar diferentes parámetros, como son os niveis de albúmina, creatinina, calcio, fósforo...
Tamén se realizarán TAC e/ou resonancia de abdomen, biopsia de ril...

Tratamento
Controlar a HTA ou facer cambios cara un estilo de vida máis saudable, poden axudar no retraso do avance da enfermidade; porén non existe unha cura para esta enfermidade.
Cando os riles deixen de funcionar completamente, levarase a cabo diálise ata que se poida realizar un trasplante de ril.


Bibliografía
(1)   Bonet Pla JÁ, Gosalbes Soler V, Beroiz Heiland A. Enfermedad renal crónica. FMC - Form         Médica Contin Aten Primaria [Internet]. 2009 [2022 Dec 28];16:3–18. Dispoñible en:                 https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000471.htm



(2)  Fisiología Humana. Un Enfoque Integrado 8ª Edición. Editorial Medica Panamericana             S.A.Silverthorn, D ISBN-13: 9786078546220

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.