Como as miñas prácticas son en coidados paliativos, quero falar acerca da importancia que ten a dor, sobre todo neste servicio, e o noso papel como enfermeiros para reducilo o máximo posible e brindarlle a atención que necesita o paciente na última etapa da súa vida.
O concepto da dor ten unha enorme complexidade e multitude de aspectos que presentan a dor, que ten un significado diferente para cada persoa, polo que dificulta encontrar unha definición exacta. (1) Porén, o significado que máis se acerca á perspectiva dende coidados paliativos, é a de que se trata dun síntoma subxectivo, único para cada persoa e momento, que depende da aprendizaxe, vivenza de cada persoa e pode ser modulado por distintas emocións, comportamentos ou fenómenos externos, e afecta a unha ou varias esferas da vida persoal (física, psicolóxica, social ou espiritual) (2).
Polo que, nós como enfermeiros, nunca debemos cuestionar a dor que padece o paciente, e debemos focalizarnos en diminuír esa dor como sexa, co obxectivo do máximo benestar posible do paciente.
Unha vez dado o concepto da dor, podemos medir o grado da dor en base as seguintes pautas: (3)
Qué está causando esa dor
Cánta dor ten
Qué tipo de dor
Qué empeora esa dor
Qué a mellora
Cando ou en qué situacións ten a dor
Tamén existen diversas escalas para a evaluación da dor, como: (2)
Escala descriptiva simple: escala verbal, clasificando a dor en categorías con adxectivos (insorportábel, intenso, moderado, leve ou ausente) ou con números, de 0 (ningún tipo de dor) a 10 (a peor dor posíbel).
Escala analógica visual (EVA)
Escala de grises de Luesher
Termómetro de dor de Iowa.
TIPOS DE DOR
A dor podémola clasificar da seguinte maneira: (1)
Dor aguda: é o sinal de alarma do organismo agredido. A dor non garda relación coa lesión tisular que a provoca, pero alerta ao paciente cando a súa tolerancia á dor foi alcanzada. Este tipo de dor produce unha serie de efectos indeseábeis pero cunha duración corta, ben localizado, que se acompaña de ansiedade e signos físicos autonómicos ( taquicardia, náuseas, vómitos….)
Dor crónica benigna: aquel que persiste moito máis que o tempo normal de curación previsto polos tratamentos efectuados, que dura máis de 3 a 6 meses. Esta dor denomínase así, ao non estar asociada ao cáncer ou SIDA.
Dor crónica maligna: dor producida no paciente oncolóxico. Pode ser unha dor continua e constante. Esta dor tamén será agravada por unha serie de factores como: fatiga, anorexia, medo á morte, rabia, tristeza…
Este tipo de dor é a que nos enfrontamos en coidados paliativos.
Dor somática: procede de estímulos somáticos superficiais ou profundos que resulta da activación de nocireceptores e é transmitido polos nervios somáticos.
Dor visceral: aquela que é difusa e mal localizada, cuxo punto de partida son vísceras ocas ou parenquimatosas.
Dor por desaferentación: única dor que non é producida pola estimulación de nociceptores periféricos e que pode resultar dunha lesión do sistema nervioso periférico ou lesións no propio SNC. Na maioría de casos, a dor non coincide coa lesión neurolóxica sendo frecuente o retraso no tempo entre o dano neurolóxico e o inicio da dor.
Dor psicóxena: dor non orgánica, aparece como consecuencia de padecementos de orixe psíquica. Como os que se inclúen na neurosis e psicosis.
COIDADOS PALIATIVOS
Pese a atoparse na última década da súa vida, a cura en moitos casos non sexa posíbel, a atención pola nosa parte é moi necesaria. Xa que o enfermeiro pasa moito tempo co paciente, pendente sempre da toma da súa medicación, das constantes vitais, como vai progresando a enfermidade, como se atopa anímicamente o enfermo, e un largo etc…
Polo que, levaremos a cabo, a grandes rasgos, as seguintes funcións: (4)
Proporcionar todos os coidados e atencións necesarias para que o enfermo viva os días coa mellor calidade e o maior benestar posible. Para iso, debemos escoitar sempre as peticións do paciente.
Administrar os tratamentos farmacolóxicos e físicos adecuados.
Os fármacos máis utilizados na miña experiencia son os seguintes: (2)
Analxésicos: paracetamol, ibuprofeno, ácido acetilsalicílico, nolotil (metamizol)..
Sedantes: midazolam, diazepam, alprazolam, clonazepam..
Buscapina: relaxación da musculatura lisa. Pautado naqueles que presenten inquietude ou axitación.
Bentaclofeno: relaxación da musculatura esquelética. Mesma función que a buscapina.
Antiémeticos (reducen náuseas e vómitos): ondasentrón, metoclopramida (primperan), droperidol…
Diuréticos: furosemida, metalozona…
Morfina: moi utilizado para aliviar a dor.
Controlar e monitorizar calquer cambio que se poida producir na enfermidade ou no estado do paciente.
Moi importante dar o apoio necesario e guiar ao paciente e a súa familia sobre as recomendacións en coidados, alimentación, aseo persoal, descanso, actividade física, e sobre todo, o duelo.
- 1). Francisco López Timoneda. Definición y Clasificación del dolor. Clínicas urológicas de la Complutense, 1995 - revistas.ucm.es. Consultado el 7-12. Disponible en: https://revistas.ucm.es/index.php/CLUR/article/download/CLUR9596110049A/1479
2). Manejo y tratamiento del dolor en cuidados paliativos - Iscii.es. Consultado el 7-12. Disponible en: Manejo y tratamiento del dolor en cuidados paliativos (isciii.es)
3). Manejo del dolor durante los cuidados paliativos - MedlinePlus. Consultado el 7-12. Disponible en: Manejo del dolor durante los cuidados paliativos: MedlinePlus enciclopedia médica
4). El papel de la enfermería en cuidados paliativos - Alborea Salud. Consultado el 7-12.Disponible en: El papel de la enfermería en cuidados paliativos - Alborea Salud
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.