En todo hospital contamos con moitas plantas diferentes, cada unha dedicada a unha especialidade distinta, temos neumoloxía, cardioloxía, traumatoloxía, etc. Pero eu vou a falar un pouquiño sobre a planta dedicada a dixestivo e nefroloxía do CHUS.
Que facemos no noso día a día?
Eu vou a falar dende a miña pequena experiencia co turno de tarde. Comezamos revisando cada constante, a temperatura, a tensión arterial (TA) e a saturación de O2; ademáis aos pacientes de nefro debemos medilos e tallalos diariamente.
Unha vez feito esto preparamos a medicación da merenda, debemos revisala varias veces, á hora de preparala, antes de repartila, e antes de entregarlla ao paciente. Seguidamente colocamos sueros e medicación IV, así como retiramos aqueles que xa remataron. Á vez limpiaremos vías que non funcionen adecuadamente, con suero fisiolóxico, faremos curas se é preciso e incluso cambiaremos a vía se xa non funciona.
Acabado esto preparamos a medicación da noite, e as glicemias que teñamos que realizar.
Durante este tempo podemos ter que realizar analíticas, hemocultivos, sondaxes, recibir ingresos...
Á hora da cea, volvemos a repartir medicación e realizamos as glicemias, administrando insulina a quen o necesite. E finalmente rexistramos todas as constantes, glicemias, procedimentos feitos e faremos os comentarios oportunos para deixar todo listo ao seguiente turno.
Pódese apreciar que se realiza un traballo moi metódico, ordenado e planificado, para conseguir os mellores resultados e a mellor calidade asistencial para os pacientes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.