28.12.22

Hepatite

Seguindo coas patoloxías dixestivas, o fígado é unha das glándulas accesorias do sistema dixetivo, e entre algunhas sas súas afectacións está a hepatite. Cómpre primeiro recordar un pouco sobre a súa anatomía e fisioloxía.

Anatomía e fisioloxía

O fígado atópase no hipocondrio dereito, no cuadrante superior dereito do abdome.


Podémolo dividir en 2 lóbulos (dereito e esquerdo) con 8 sectores, 4 en cada lóbulo, e que son funcionalmente independentes, quedando o sector I na súa cara posterior: (1)

Entre as súas funcións, as dixestivas xunto coas productoras e excretoras de bilis para a dixestión das grasas, tamén realiza outras coma regular a homeostase calórica, leva a cabo o metabolismo proteico, de hormonas, vitaminas, e xenobióticos así como na resposta inmunitaria. (2)

Que é a hepatite?
Esta é a inflamación e infección do fígado, que pode ser aguda (que transcurre nun período curto de tempo) ou crónica (a longo plazo) (3)

Causas
- Infección vírica: é o tipo máis común
- Alcohólica: consumo excesivo de alcohol durante un tempo prolongado
- Tóxica por consumo de químicos, sustancias corrosivas, etc.
- Autoinmune, na que o propio organismo destrúe ao propio fígado, causa desconocida, posiblemente genética.
- Causada por cirrosis, insuficiencia hepática ou cancro de fígado. (3)

Infección vírica
Causada por varios tipos de virus, segundo o virus temos dieffrentes tipos de hepatite:
  • A: transmítese a través do contacto con alimentos ou con auga contaminada.
  • B: transmítese a través de fluídos corporais, como pode ser a sangue.
  • C: ao igual que a B
  • D: ao igual que a B
  • E:  transmítese a través do contacto con alimentos ou con auga contaminada, así como por consumo de carnes ou mariscos pouco cociñados. (3)

Síntomas
Aínda que hai persoas que poden ser asintomáticas, os síntomas que se podría ter serían:
- Fiebre
- Fatiga
- Pérdida de apetito
- Náuseas e vómitos
- Dor abdominal
- Orina escura
- Feces de cor clara
- Ictericia (3)

Diagnóstico
É importante realizar unha boa anamnesis así como unha boa exploración física, acompañado de análise de sangue, probas de imaxe como unha ecografía, un TAC ou unha resonancia magnética, tamén se pode realizar unha biopsia para verificar o dano hepático. (3)

Tratamento
Existen vacinas contra certos tipos de virus para previr a infección, así como medidas de prevención como un consumo mínimo de alcohol, lavar e cociñar ben os alimentos, ter relacións sexuais con protección, entre outras. (3)


Bibliografía

(1) López F. Anatomía y fisiología del hígado. [Internet] 1ª Edición. McGraw Hill 2015. Capítulo 48: Anatomía y fisiología del hígado; [27 Dec 2022]. Dispoñible en:
https://accessmedicina.mhmedical.com/content.aspx?bookid=1475&sectionid=101524350

(2) Pozo M, Camello-Almaraz C, Camello PJ. Fisiología hepática. [Internet] 4ª Edición. McGraw Hill 2016. Capítulo 66: Fisiología hepática; [27 Dec 2022]. Dispoñible en:
https://accessmedicina.mhmedical.com/content.aspx?bookid=1858&sectionid=134368703 

(3) Hepatitis. Digestive System [Internet]. 2002 [27 Dec 2022]; Dispoñible en: 
https://medlineplus.gov/spanish/hepatitis.html#:~:text=%C2%BFQu%C3%A9%20es%20la%20hepatitis%3F,buen%20funcionamiento%20de%20este%20%C3%B3rgano. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.