O trasplante hepático consiste na extirpación do fígado enfermo do paciente coa sustitución por un fígado sán dun donante fallecido ou vivo, sexa o órgano completo ou só unha parte.
É unha das mellores opcións terapéuticas para aquelas enfermidades hepatobiliares progresivas, mortais e sen tratamento alternativo eficaz. Co feito de que, está indicado nos seguintes grupos de enfermidades: insuficiencia hepática aguda grave, cirrose e tumores hepáticos cun tamaño maior a 6cm.
Porén está contraindicado cando os síntomas que presenta o paciente non proveñen da enfermidade hepática ou cando presenta outras enfermidades con mal pronóstico. Tamén se contraindica en idades moi avanzadas, diabetes ou insuficiencia renal que poden complicar o transplante. Ademais de pacientes con infección polo virus da hepatite B, pacientes alcohólicos,etc... (2) (3)
O trasplante se indicará cando a probabilidade de supervivencia co tratamento convencional sexa claramente inferior á supervivencia que se espera tras o transplante. (3)
En canto ao papel da enfermería nun paciente trasplantado de fígado, ademais de facer a valoración das 14 necesidades básicas e elaborar un plan de coidados acorde ao paciente, tamén se previrá infeccións postquirúrxicas, proporcionando illamento inverso se o precisara, e tamén extremar as medidas de hixiene, con medidas de asepsia. Ademais das infeccións, os coidados das feridas e dos drenaxes, cunha rigurosa avaliación das constantes vitais. (4)
BIBLIOGRAFÍA
- Imaxe. Disponible en: Trasplante de hígado - Mejor con Salud
- Herrero Santos, José Ignacio. Trasplante hepático. Clínica Universidad de Navarra. Consultado el 24-12. Disponible en: Trasplante hepático. Trasplante de Hígado. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)
- Cirera Lorenzo, I. Transplante hepático: indicaciones y evaluación de candidatos. Elsevier.com. Vol.35. Núm.10. páginas 488 (Junio 2000). Consultado el 24-12. Disponible en: Trasplante hepático: indicaciones y evaluación de candidatos | Medicina Integral (elsevier.es)
- Francisco García, P. Cuidados de Enfermería del paciente trasplantado hepático en la unidad de hospitalización de trasplantes del Hospital Virgen de la Arrixaca. Enfermería global. Consultado el 24-12. Disponible en: 06_b03 (um.es)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.