Ola!
Florence Nightingale |
Para que nos coñezades un pouco máis os nosos nomes son Iria, Alba, Nerea e Sofía, cada unha está realizando prácticas nos diferentes hospitais de Santiago de Compostela en diferentes unidades especializadas.
No caso de Iria, ela está realizando prácticas en Ciruxía Ortopédica e Traumática, e Ciruxía Plástica. Alba atópase na unidade de Dixestivo, Nerea na unidade de Coidados Paliativos, e por último Sofía atópase na unidade de Ciruxía Cardíaca e Vascular.