17.12.22

Sondaxe nasogástrico

 O sondaxe nasogástrico trata dunha técnica, moi utilizada en enfermería, invasiva, que consiste na introducción dunha sonda ou tubo flexible (silicona, poliuretano...) no estómago, por vía nasal (de ahí o seu nome nasogástrica) ou vía oral (orogástrica), con varias finalidades como: (1) 

  • Administración de nutrición enteral e hidratación
  • Administración de medicación
  • Lavado de estómago
  • Aspiración ou drenaxe de contenido gástrico
MATERIAIS (2) (3)
  • Sonda nasogástrica de tipo Levin (unha luz) ou Salem (dúas luces) 
  • Lubricante hidrosoluble
  • Luvas
  • Gasas
  • Esparadrapo
  • Xeringa de 50 ml
  • Un vaso de auga
  • Fonendoscopio
  • Recipiente ou bolsa colectora
  • Solución salina 
  • Tapón para sonda e/ou bolsa colectora adaptable á sonda
  • Batea

TÉCNICA (1) (3)

  • Explicar ao paciente a técnica e necesidade da súa colaboración.
  • Medir coa sonda a distancia dende a nariz do paciente ata a orella, e dende alí a apófise xifoides. 
  • Lavar as mans e poñer luvas.
  • Lubricar o extremo da sonda.
  • Colocar ao paciente en posición de Fowler ou en decúbito lateral esquerdo. 
  • Introducir a sonda polo orificio nasal máis permeable dirixíndoa hacia á farinxe. 
  • No caso da orogástrica, se introduce a sonda con suavidade hacia abaixo e hacia atrás en dirección á farinxe. 
  • Cando a sonda estea por encima da orofarinxe, se indica ao paciente que extenda o pescozo hacia diante.
  • Coa cabeza do paciente inclinada hacia diante, progresar a sonda cun movemento rotatorio, pedíndolle que trague un sorbito de auga, avanzando a sonda no momento da deglución.
  • Se o paciente presenta tos ou cianose, é probable que a sonda estea en vía respiratoria. Polo que se retira a sonda e se reinicia o procedemento.                                                            
  • Cando a marca feita na sonda chegue á nariz, a sonda debe estar situada no estómago. 
  • Para comprobar a súa colocación, se non saíu xugo gástrico de forma espontánea, aspírase cunha xeringa para obtelo e se medirá se o pH<5,5 ou tamén introducir 20 ml de aire ao mesmo tempo que colocamos o fonendoscopio no epigastrio, e debe de escoitarse un gorgoteo.
  • Fixar a sonda á nariz co esparadrapo e o extremo aberto se conectará a unha bolsa colectora ou se deixará pechado cun tapón.

COIDADOS (1)

  • Cambiar diariamente o esparadrapo e limpar os orificios nasais.
  • Hixiene da boca e hidratación dos labios.
  • Manter ao paciente en posición de Fowler durante a administración da alimentación e ata unha hora despois.
  • Antes de administrar o alimento, aspirar o contido gástrico. Se o contido é superior a 150 ml, volver a introducilo e esperar á seguinte toma.
  • A entrada do alimento debe ser lenta e o alimento debe estar á temperatura ambiente. 
  • Comprobación cada 4-8 horas se o paciente tolera a dieta.
  • Despois de administrar a alimentación, lavar a sonda con auga.
  • Se a sonda é de PVC ou polietileno, se debe cambiar cada 7-14 días. Se é de poliuretano cada 2-3 meses e as de silicona cada 3-6 meses. 

COMPLICACIÓNS DA SONDAXE (1)

As máis frecuentes son a aparición de diarreas por intolerancia dixestiva, náuseas, vómitos, rexurxitacións, sensación de plenitude.. e a solución máis habitual consiste en personalizar de forma individual o tipo de nutrición, cantidade e frecuencia das tomas. 



BIBLIOGRAFÍA

  1. Amir Enfermería. Sondaje Nasogástrico, Cuidados de la Nutrición enteral. Diciembre 28,2016. Consultado el 17-12. Disponible en: Sondaje Nasogástrico. Cuidados de la Nutrición Enteral – AMIR Enfermería (academiaeir.es)
  2. Sánchez Solís, D. Abordaje de enfermería: colocación de un sondaje nasogástrico (SNG). Revista Ocronos. 2021;4(10) 217. Consultado el 17-12. Disponible en: ▷ Abordaje de Enfermería: colocación de un sondaje nasogástrico (SNG) - Ocronos - Editorial Científico-Técnica (revistamedica.com)
  3. Manual de Procedimientos SAMUR-Protección civil. Sondaje nasogástrico. Edición 2008. Consultado el 17-12. Disponible en: Sondaje gástrico (madrid.es)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.