4.12.22

Úlceras por presión e inxertos

 As úlceras por presión, ou UPP, son un gran problema de saúde presente tanto no entorno hospitalario como no comunitario. 

Unha UPP é unha lesión que provoca necrose da derme, epiderme e tecidos subcutáneos adyacentes producindo unha perda de integridade cútanea e está ocasionada pola fricción, cizallamento ou ambos movementos entre dous planos (o paciente e a cama/silla). Como consecuencia prodúcese unha compresión de vasos e nervios conlevando unha redución no aporte de osíxeno e nutrientes á zona. 

Imagen 1: UPP en sacro


Concretamente prodúcense en pacientes inmovilidados ou con movilidade reducida e son lesións crónicas, é dicir, con baixa tendencia á cicatrización. (1)

As úlceras clasifícanse en grados segundo a súa afectación e complexidade, indo dende o I (máis leve) ao IV (máis grave).

Imagen 2: estadios de úlceras


No 2006 realizouse un estudo sobre o coste económico de tratamento das úlceras en España e obtivéronse os seguintes resultados:

  • 211€ por episodio de UPP grado I
  • 16.600€ por episodio de UPP grado IV
  • Coste global = 1.687 millóns de euros
  • 5,2% do gasto sanitario en España
Actualmente, segundo a GNEAUPP, o coste estimado supera os 600 millóns de euros por ano e afecta a máis de 90.000 personas no noso país. Estableceron tamén que o coste de prevención de UPP sería de 1,70€/día e sin embargo, o tratamento para a curación de unha UPP costa 46€/día. (2)


  • Ciruxía reconstructiva de UPP. "Inxertos"
Os pacientes que se someten a inxertos para a reconstrucción de úlceras por presión requiren de moitos recursos, ademais de largas estancias hospitalarias. Adoitan ser persoas de idade avanzada, pacientes moi debilitados ou pacientes con parálise ou tetraplexia, nos cales a duración da propia intervención ou a perda de sangue durante a mesma pode supoñer un elemento clave na súa recuperación e pronóstico. 

Se falamos un pouco de historia atopámonos con que estas ciruxías reconstructivas comezaron a practicarse no ano 1938 onde utilizaban colgajos para tentar pechar as úlceras. Un dos grandes avances deuse durante a Segunda Guerra Mundial, xa que había gran cantidade de paralíticos aos que comezaban a darlles rehabilitación, e coa chegada dos antibióticos reforzouse a idea de cerrar cirúrxicamente estas feridas xa que comezaron tamén a considerarse contaminadas. Todo isto evolucionou e tomouse como referencia, e actualmente practícanse as ciruxías en UPP nos seguintes casos:
  • Indicacións absolutas para a ciruxía
    • Hemorraxia arterial importante
    • Sepsis sen outro foco evidente que non sexa a propia úlcera
    • Osteomielitis ou periostitis
    • Comunicación da úlcera coa articulación da cadeira
    • Fístulas cutáneas, ureterais ou rectais
    • Malignización da UPP
  • Indicacións relativas para a ciruxía
    • UPP cuxa curación poida prolongarse de 6 a 12 meses
    • UPP en pacientes medulares e politraumatizados
    • UPP como consecuencia de deformidades esqueléticas
    • UPP en anciáns
    • Dor crónico secundario á úlcera
    • UPP recurrentes
    • Fracaso do tratamento conservador
Procedemento realizado na ciruxía:
  • Escisión total da úlcera
  • Retirada do óso infectado e reperfilado das prominencias óseas
  • Hemostasia coidadosa
  • Obliteración do espazo morto potencial
  • Drenaxe espirativo
  • Diseño de colgajos ben vascularizados de forma que a liña de sutura non quede sobre áreas de presión
  • Obter un cierre primario e libre de tensións da zona donante
  • Posibilidades de cobertura:
    • UPP superficiais pequenas: cierre directo
    • UPP superficiais en pacientes ambulantes ou de forma temporal de xeito paliativo nunha úlcera na que é preciso retrasar a intervención polas condicións do paciente: inxerto de pel
    • En dependencia da localización, tamaño, profundidade e ciruxías previas, cando sexa imposible a utilización de técnicas máis efectivas e reparacións secundarias: colgajos cutáneos ou dermograsos.
    • Conseguir cobertura duradeira con mínimas secuelas funcionais e baixo índice de recidivas: colgajos fasciocutáneos.
    • En canto aos colgajos libres, as súas indicacións son moi limitadas e utilízanse cando se carece de medios de reconstrucción local. 
Imagen 3: diseño de colgajos

As complicacións que se presentan con máis frecuencia logo desta intervención son a infección da ferida cirúrxica, dehiscencia parcial e necrose parcial de colgajos. (3)





1: Úlceras por presión. Prevención, tratamiento y consejos desde la farmacia. Revista Elsevier. Disponible en: 
2: Úlceras fóra. Servizo Galego de Saúde. Disponible en:  https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/Epidemiolox%C3%ADa%20das%20UPP?idioma=es
3: Cirugía reconstructiva de las úlceras por presión. Revista Scielo. Disponible en: http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0034-74932007000300004
I1: Ciclo de mejora de la calidad asistencial para reducción de riesgo de UPP. Disponible en:
I2: Prevención de UPP en tiempos de pandemia. Disponible en:
 I3: Cirugía reconstructiva de las úlceras por presión. Revista Scielo. Disponible en: http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0034-74932007000300004

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.