22.12.22

Cando a túa familia é un aparato electrónico

 O servizo de Teleasistencia é un servizo preventivo de asistencia domiciliaria inmediata e permanente para persoas maiores, discapacitadas ou con alto nivel de dependencia. 

Modalidades segundo o tipo de acondicionamento:

Sistemas activos:

Pulsación dun terminal ou control remoto. O usuario activa a alarma grazas o dispositivo que ten no domicilio e está conectado á liña telefónica, pode presentarse en forma de pulseira, colgante ou dende o propio teléfono. É o máis común.

Sistemas pasivos:

A alarma actívase cando unha función diaria non se leva a cabo durante un periodo de tempo. 

Sistemas semiactivo:

A central do servizo ponse en contacto co usuario en horas preestablecidas. 

Compróbase o estado do usuario, as accións que se levaron a cabo, se necesita axuda, se tomou a medicación...

(1)


Cal é a realidade das persoas maiores en España?

  • En España, máis de 1.800.000 persoas maiores viven soas.
O 73% son mulleres, polo que significa que 1 de cada 4 mulleres de entre 75-84 anos vive soa. O 59% das personas que viven soas, expresaron sentimentos de soledade e aislamento.
Existen evidencias de que a soidade empeora o estado mental da persoa, pero tamén o físico. 

(2)

Os adultos maiores teñen un maior risco de sufrir soidade e illamento social porque teñen máis probabilidades de tratar con factores como vivir sós, perder a familia ou amigos, padecer enfermidades crónicas e perda auditiva.

A soidade significa sentirse só independentemente da cantidade de contactos sociais. O illamento social é a falta de conexións sociais. O illamento social pode causar soidade nalgunhas persoas, mentres que outras poden sentirse soas sen estar illadas socialmente.
(3)






Moitas son as noticias, e cada vez máis en aumento, que tratan sobre persoas maiores as cales viven solas en España que empregan estes servizos de teleasistencia para ter alguen con quen falar. Titulares coma "La mitad de ancianos con teleasistencia llaman para hablar “un ratito” 

Nestas noticias pódese ver o gran número de veces que os maiores contactan con estes servizos para poder falar con alguen e aliviar esta soidade, ou simplemente escoitar a outra persoa.



Bibliografía:
1: TELEASISTENCIA: ¿Qúe es? ¿En que consiste? ¿Cómo contratarlo? Fundación Alzheimer España. Disponible en: http://www.alzfae.org/fundacion/459/teleasistencia-que-es-en-que-consiste-como-contratarlo
3: Soledad y aislamiento social vinculados a afecciones graves. Centros para el control y la prevención de enfermedades. Disponible en: https://www.cdc.gov/aging/spanish/features/lonely-older-adults.html#:~:text=Los%20adultos%20mayores%20est%C3%A1n%20en,la%20cantidad%20de%20contactos%20sociales.
V1: FAMILIAS HINCHABLES: una mala solución para la soledad de las personas mayores. Grandes Amigos. Disponible en: https://youtu.be/wtZGKmyjZ7E

21.12.22

Enfermidade de Crohn

A enfermidade de Crohn, unha das máis coñecidas das enfermidades intestinais inflamatorias crónicas, que consiste na afectación inflamatoria crónica e autoinmune con manifestacións intermitentes, que afecta a todo o tubo dixestivo en lonxitude e grosor, con predominio no íleo distal e colon proximal, pero poden aparecer lesións desde a boca ata o ano, puidendo ser de forma discontinua, en mosaico. 



Xeralmente é de causa descoñecida, pero o relacionan con compoñentes xenéticos e ambientais. Os seus síntomas dependen da localización anatómica e da severidade da inflamación, pero os que máis destacan son os seguintes: (1)

    • Diarrea
    • Dor abdominal que non se alivia ao defecar
    • Incontinencia fecal
    • Importante pérdida de peso relacionada cas dores postpandriais.
    • Pode presentar febre
Coa presentación de complicacións como: (3)
    • Obstrucción intestinal: co tempo, as paredes do intestino se estreitan e forman cicatrices, o que bloquean o fluxo dos contidos dixestivos.
    • Úlceras
    • Fístulas: cando se extenden as úlceras.
    • Fisuras anais: con deposicións dolorosas chegando a provocar tamén fístulas.
    • Desnutrición: entre a diarrea e a dor abdominal dificultan a inxesta de alimentos e a absorción dos nutrientes necesarios.
    • Cáncer de colon
    • Trastornos da pel
    • Outros problemas de saúde como a anemia pola mala absorción.
    • Riscos de medicamentos
    • Coágulos sanguíneos
Ademais tamén presenta os seguintes factores de risco: (3)
    • Idade: con frecuencia durante a xuventude.
    • Raza: sobre todo na raza branca. 
    • Antecedentes familiares.
    • Fumar
    • Medicamentos antiinflamatorios no esteroides como o ibuprofeno.

PRONÓSTICO E TRATAMENTOS (1) (3)
O pronóstico da enfermidade de Crohn é incerto e individual para cada persoa. En xeral, aquelas persoas que o padecen, poden levar unha boa calidade de vida, sempre e cando, tomen o seu tratamento. Tamén cabe a posibilidade da malignización no curso da enfermidade, pois pode existir un aumento de risco de tumor, sobre todo no colon, que pode levar a unha intervención de ostomía. 
O tratamento máis utilizado nesta enfermidade é:
    • Medicamentos antiinflamatorios: como corticoides para reducir a inflamación e inmunodeprimir en casos de brote. 
    • Inmunosupresores 
    • Antiinflamatorios tópicos: os máis comúns son a salazopirina e aminosalicilatos para a disminución da inflamación da mucosa.
    • Medicamentos biolóxicos: como infliximab e adalimumab que actúan como inhibidores do factor de necrosis tumoral. 
    • Antibióticos
    • Antidiarreicos
    • Vitaminas e suplementos
E en casos graves, se precisará dunha cirurxía.

COIDADOS (1) (2)
En canto aos coidados, ademais do tratamento, se recomenda evitar o tabaco, reducir o consumo de produtos lácteos, comer porcións pequenas de comidas e varias veces ao día, beber moita auga, tomar vitamina D e manter o estrés a raia mediante o exercicio físico ou exercicios de relaxación e respiración. 



BIBLIOGRAFÍA

  1. Clínica Universidad de Navarra. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn: ¿Qué es? Síntomas y tratamiento. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)
  2. Sociedad Española de Medicina Interna. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn (fesemi.org)
  3. Mayo Clinic. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn - Síntomas y causas - Mayo Clinic 

Extracción de sangue

A extracción de sangue é un procedemento polo que se usa unha agulla para extraer sangue dunha vena. Normalmente realizase para levar a cabo probas de laboratorio, aínda que tamén pode realizarse para retirar o exceso de glóbulos vermellos do sangue ou para tratar certos trastornos do sangue. 

O orden dos tubos na extracción de sangue é moi importante, xa que cada tubo presenta no seu interior aditivos que reaccionan coa sangue e que pode contaminar o resto dos tubos, polo que debe seguirse sempre a mesma orde para asegurar un correcto resultado e evitar unha contaminación dun tubo a outro. A orde que debe seguirse é:  

  • O primeiro de todo son os hemocultivos, técnica aséptica de extracción de sangue, para o seu uso en cultivos. Realizanse sobre todo cando hay aumentos da temperatura corporal como consecuencia dunha infección. Diferenciamos dous tipos de hemocultivos os aeróbicos e os anaeróbicos. A súa vez diferenciase dúas formas de extracción de sangue para hemocultivos: 
      • No caso da extracción da sangue para hemocultivo a través dunha agulla debe realizarse primeiro a extracción para o tubo aerobio e despois para o tubo anaerobio
      • Mentres que si a extracción da sangue realizase directamente dunha vía tanto central como periférica, a orde de extracción pode ser anaerobio e despois aerobia ou viceversa, neste caso non influe a orde. 
    • Seguido dos hemocultivos son os tubos que non presentan ningún tipo de anticoagulante
    • Posteriormente os tubos para probas de coagulación, que presentan anticoagulante citrato
    • Por último, os tubos restantes que presenten anticoagulante, os cales son: EDTA, Heparina de litio, tubo de velocidade de sedimentación e xeringas de gasometría 

    Os tubos que conteñen anticoagulantes deben estar cheos para igualar a proporción da cantidade de anticoagulante coa cantidade da sangue, asegurando así uns mellores resultados. 

    De forma rutinaria os tubos que sempre se retiran son bioquímica, hemograma e coagulación. Primeiro o tubo de bioquímica que non presenta aditivos, seguido deste é o de coagulación que presenta citrato, e por último o de hemograma que é o que presenta EDTA. 

    Normalmente estos tubos presentan unha cor determinada que máis ou menos está estandarizada, cada casa comercial cambia as cores de cada tubo pero normalmente as cores son: amarelo para bioquímica, azul para coagulación e malva para hemograma. O sistema de cores facilita o proceso de extracción xa que observando a cor do tubo permite a persoa encargada da extracción levar a cabo o proceso da forma máis rápida posible xa que non precisa ler cal é o aditivo que presenta cada tubo. Pero é importante asegurarse antes da extracción da sangue, de comprobar que as cores correspóndense co estudio a levar a cabo. 

    Procedemento

    O proceso de extracción da sangue está estandarizado e é o seguinte: 

    1. Primeiro de todo é comprobar a identidade do paciente e comprobar que os datos corresponden coa petición e as etiquetas identificativas dos tubos. 
    2. Informar ao paciente do procedemento que se vai levar a cabo. 
    3. Colocar ao paciente na posición máis cómoda tanto para él como para o profesional encargado da extracción da sangue. 
    4. Colocar o compresor a unha altura de 7 ou 8 centimetros por encima da zona de punción, e solicitar a persoa que peche o puño. 
    5. Localizar a vena a puncionar e levar a cabo unha desinfección da zona coa aplicación de solución antiséptica (clorhexidina 2 % ou alcohol 70 %) e deixar secar. 
    6. Unha vez puncionado na vena introducir os tubos no orden previamente descrito e encher os tubos ata a marca indicativa.
    7. Homoxeneizar os tubos que presenten anticoagulante (mezclando a sangue co contido). 
    8. Pedir ao paciente que abra o puño, retirase o compresor e posteriormente retirase o equipo de punción. 
    9. Presionar na zona da punción cunha gasa e colocar esparadrapo. Por último solicitar ao paciente que presione durante 3 ou 5 minutos co brazo extendido para evitar a presencia dun hematoma.

    Bibliografía

    1. Diccionario de cáncer del NCI [Internet]. Instituto Nacional del Cáncer. 2011 [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionarios/diccionario-cancer/def/extraccion-de-sangre
    2. ¿Qué tubo lleno primero? [Internet]. Enfermería Creativa. 2017 [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2017/01/24/que-tubo-lleno-primero/
    3. Procedimiento para la extracción de sangre por vía venosa - Probas diagnósticas [Internet]. Sergas.gal. [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://femora.sergas.gal/Probas-diagnosticas/Procedemento-para-a-extracci%C3%B3n-de-sangue?idioma=es

    20.12.22

    Disforia de xénero e detección temperá

     Disforia de xénero é o termo empregado para definir un estado profundo de incomodidade e aflicción cando o sexo biolóxico dunha persoa non coincide coa súa identidade de xénero. Esto pode chegar a causar estados profundos de depresión, ansiedade e alteracións mentais. (1) 

    Aínda non dispoñendo de cifras precisas, estímase que entre o 0,005 - 0,014% de varóns ao nacer, e entre o 0,002 - 0,003% de mulleres ao nacer cumpren os criterios diagnósticos de disforia de xénero. Moitas máis persoas se identificarían como transxénero pero non chegarían a cumplir os criterios de diagnóstico clinico. (2)


    Criterios para o dignóstico de disforia:

    • Evaluación de saúde conductual: inclúese a evaluación dos perxuicios e discriminación pola identidade de xénero e en cómo afectan á vida do paciente. 
    • Manual diagnóstico e estatístico de trastornos mentais (DSM-5).
    Este trastorno non é só un sentimento de pertenencia a outro sexo, senon que tamén é causante dun forte sufrimento emocional. (3)

    Como detectalo na infancia?
    • Insistencia en pertencer ao xénero contrario
    • Desexo de pertenencia ao xénero contrario
    • Querer vestirse de acordo ao xénero co que se identifica e no co correspondente ao seu xénero biolóxico
    • Preferencia de xoguetes ou xogos considerados tradicionalmente do xénero oposto
    • Sentimento de forte desagrado cos seus xenitais
    • Querer posuir as características físicas do outro xénero
    É moi importante o apoio psicolóxico na presentación deste trastorno e diagnostícase cando se presenten 2 ou máis síntomas durante mínimo 6 meses. 
    O obxetivo principal do tratamento é tratar a angustia e problemas psicolóxicos, e logo comezar coa transición de xénero do seguinte xeito:
    • Asesoría psicolóxica
    • Consellería familiar para lograr un ambiente de entendemento
    • Terapia hormonal de afirmación de xénero
    • Ciruxía de afirmación de xénero
    (1)

    Noticias recentes de interés sobre o tema:

    Bibliografía:
    I1: Disforia de género: transexualidad en niños. Psicodiagnosis. Disponible en: https://psicodiagnosis.es/areageneral/situaciones-especiales/disforia-de-genero-transexualidad-en-nios/index.php




    19.12.22

    Cáncer de Ovario

    Nesta entrada imos a focalizarnos no cáncer de ovario, no tan sonado como o tumor de mama, pero sí igual ou máis grave, xa que se considera a primeira causa de morte en cáncer xinecolóxico e a quinta causa de morte nas mulleres ao ser diagnosticado habitualmente en estadíos avanzados (1)(2). 


    (4)

    O cáncer de ovarios refírese aos tumores malignos que se orixinan nos ovarios ou en áreas vinculadas das trompas de Falopio e o peritoneo, e poden producir metástase a outras partes do corpo. Aparece habitualmente despois da menopausia, aunque pode xurdir en mulleres xóvenes con antecedentes familiares de cáncer de mama ou ovario como consecuencia de mutacións e aquelas asociadas ao síndrome de Lynch, pero os principais factores de risco son os seguintes: 

    FACTORES DE RISCO  (1) (2)
    • Herencia de xenes mutados (BRCA1 e BRCA2)
    • Síndrome hereditario de cáncer colorrectal no polipósico (HNPCC)
    • Historia familiar
    • Historia persoal de cáncer de mama
    • Endometriose
    • Idade: máis frecuente na postmenopausia
    • Duración e regularidade do ciclo: un ciclo menstrual de corta duración ou irregular.
    • Raza: maior predominio na raza branca.
    • Infertilidade
    • Obesidade ou dieta rica en grasas
    • Terapia hormonal sustitutiva só con estróxenos.
    FACTORES DE PREVENCIÓN (1) (3)
    • Uso de pastillas anticonceptivas
    • Procedementos quirúrxicos de ligadura de trompas, extirpación de ovarios, histerectomías, uso de DIU...
    • Ser madre biolóxica
    • Lactancia materna
    • Dieta sá e equilibrada rica en vitaminas A,C,D e E.
    • Actividade física e exercicio
    SÍNTOMAS (1) (3)
    As primeiras etapas do cáncer de ovario non producen síntomas polo xeral ou son síntomas que se poden confundir coas que se producen no aparato dixestivo e na vexiga, pola aproximación e pola metástase que pode producir.
    Os síntomas máis comúns son os seguintes:
    • Hinchazón ou inflamación abdominal
    • Sensación de plenitude
    • Dor abdominal ou na espalda
    • Dor ou presión na área pélvica
    • Dificultade para comer
    • Disnea e fatiga
    • Náuseas 
    • Diarrea
    • Cambios menstruais: sangrado ou secreción vaxinal.
    É moi importante identificar os síntomas canto antes, para tratalo a tempo e evitar que se disemine. Pois as posibilidades de sobrevivir cando aparece este tipo de tumor están moi relacionadas con que se extendera ou non fora do ovario. Só ao redor dun 20% están sen diseminar cando se diagnostican. (2)

    TRATAMENTOS
    O tratamento pode variar según cada persoa e no grado no que se atope o tumor, pero polo xeral, o tratamento consiste nunha combinación de cirurxía e quimioterapia.
    No caso da cirurxía, se diferencian 2 tipos principais: (1)
    • Laparotomía: procedemento no que se poden extraer as trompas de Falopio/ovarios (salpingooforectomía), o útero (histerectomía), ganglios linfáticos adyacentes ou o epiplón que sostén os texidos.
    • Citorredución: co obxectivo de extirpar todo o tumor visible. 
    En canto a quimioterapia, os fármacos se poden tomar de forma intraperitoneal, directamente no abdome/pelvis a través dun tubo delgado ou por vía oral.
    Na radioterapia se utilizan os raios de alta enerxía para matar as células cancerosas, polo que non é moi utilizada para tratamentos iniciais do cáncer de ovario. (1) (2)

    COIDADOS (5)
    Despois da cirurxía, se ordena a quimioterapia comúnmente para seguir controlando a propagación do cáncer, pois se trata dun tipo de cáncer moi agresivo, con importantes efectos secundarios como a fatiga, falta de enerxía, caída do cabello, pérdida de apetito, diarrea, neuropatía.. puidendo afectar á saúde mental coa aparición de estrés, ansiedade ou depresión. 
    Polo que na maioría dos casos, se requiren de coidados paliativos para axudar a tolerar a dor e os efectos secundarios, así como brindar atención necesaria e acompañar durante o traxecto que está a vivir o paciente.  



       
    BIBLIOGRAFÍA
    1. Cancer Quest. Cáncer de Ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Cáncer de ovario | CancerQuest
    2. González Martín, A. Clínica Universidad de Navarra. Cáncer de Ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Cáncer de Ovario: síntomas, tipos, estadios y tratamiento. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)
    3. Centros para el Control y la Prevención de Enfermedades. Información básica sobre el cáncer de ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Información básica sobre el cáncer de ovario | CDC
    4. Imaxe. Disponible en: Cáncer de ovario - Síntomas y causas - Mayo Clinic
    5. Get Palliative Care. Cáncer de Ovario y cuidados paliativos. Consultado el 19-12. Disponible en: Cuidados paliativos y cáncer de ovario | Obtenga cuidados paliativos (getpalliativecare.org)

    As escalas

    As escalas en enfermería son unha das partes máis importantes no momento da valoración e seguimento do paciente. A día de hoxe existen unha gran variedade de escalas que melloran a calidade asistencial do paciente, moitas de elas non se empregan de forma habitual pero moitas outras si. Entre elas podemos atopar: 

    Escala Visual Analóxica

    Esta escala permite medir a intensidade da dor mediante a descripción do propio paciente. Consiste nunha liña horizontal, no extremo esquerdo ubicase a ausencia de dor ou a menor intensidade do mesmo, mentres que no extremo dereito atópase a maior intensidade. Solicitase ao paciente que marque na liña en que punto atópase a súa dor. A valoración será de: 

    1. Dor leve se o paciente puntúa a dor como menor de 3. 
    2. Dor moderado se a valoración sitúase entre 4 e 7. 
    3. Dor severo se a valoración é igual ou superior a 8.
    Esta escala realizase día a día na unidade de ciruxía cardíaca e vascular, moitas veces realizase dúas veces ao día e levase a cabo preguntando directamente ao paciente como considera cal é o seu grao de dor. Todo esto levase a cabo para a administración de analxesia, xa que nos casos no que o paciente a teña pautada e non a precise non será necesaria a administración. 

    Escala Braden

    Esta escala emprégase para a determinación do risco de presentar úlceras por presión, utilizase sobre todo nos pacientes que teñen pouca movilidade ou os que acaban de sufrir unha ciruxía, polo que o tempo que permanece na cama é maior, e como consecuencia o risco de presentar úlceras por presión é moi alta. O máis importante desta escala é a observación diaria do paciente para prever da forma máis rápida posible o risco. Consta de seis categorías: 


    • Percepción sensorial 
    • Exposición da pel a humedade
    • Actividade física
    • Movilidade
    • Nutrición 
    • Rozamento ou peligro de lesións

    A puntuación mínima é de 6 puntos e a máxima é de 23. Neste caso unha puntuación menor a 12 será considerado un risco alto de aparición de úlceras por presión (UPP), entre 13 e 14 puntos o risco e moderado e os que se atopen entre 15 e 18 presentan un risco baixo, sin embargo o máis importante nesta determinación é a idade da persoa, xa que moitas persoas presentan un maior risco de úlceras que outras. 

    No caso da prevención de risco de ulceras por presión ademáis da escala Braden pode empregarse a Norton. A diferenza e que nesta escala valóranse cinco apartados cunha escala de gravedade de 1 a 4, onde a puntuación total atópase entre 5 e 20. Consideranse pacientes en risco a aqueles cunha valoración baixa, é dicir, unha menor puntuación un maior risco. 

    Índice de Barthel

    Valora o nivel de independencia do paciente con respecto a realización dalgunhas actividades básicas da vida diaria, mediante a cal asignanse diferentes puntuacións según a capacidade da persoa examinada para levar a cabo estas actividades. Esta escala dividese en dez categorías: 

    • Comer
    • Lavarse 
    • Vestirse
    • Arreglarse
    • Deposicións 
    • Micción 
    • Usar o retrete
    • Trasladarse 
    • Deambular
    • Subir e baixar as escaleras.

    O rango de valores está entre 0 e 100. A menor puntuación maior é a dependencia do paciente, polo tanto precisa dunha maior axuda para levar a cabo as actividades anteriormente mencionadas. Esta escala na unidade de ciruxía cardíaca e vascular realizase dúas veces, a primeira cando o paciente ingresa na unidade previo ao procedemento quirúrxico, e a segunda vez levase a cabo cando a ciruxía xa se levou a cabo, xa que o paciente presenta diferentes niveis de dependencia no período previo e no período posterior a ciruxía. 


    Escala de Coma de Glasgow

    É unha escala de aplicación neurolóxica que permite medir o nivel de conciencia dunha persoa que sufriu un traumatismo craneoencefálico. Utilízanse tres parámetros: a resposta verbal, a resposta ocular e a resposta motora. A puntuación máis baixa é de 3 puntos, mentres que o valor máis alto é de 15 puntos. 

    Unha vez realizado o examen neurolóxico pódese establecer unha categoría para o grao de gravedade do traumatismo. A partir de ahí poderase definir un pronóstico inicial e marcar os pasos de actuación diagnóstica e terapéuticas que se van a seguir. 

    Bibliografía 

    1. Escala EVA [Internet]. Sergas.gal. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/DocumentosCP/Escala%20EVA.pdf
    2. Escala de Braden [Internet]. Enfermería Creativa. 2019 [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2019/01/28/escala-de-braden/
    3. Formación E. Todo lo que necesitas saber sobre el Índice de Barthel [Internet]. European School Health Education. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.esheformacion.com/blog/35/todo-lo-que-necesitas-saber-sobre-el-indice-de-barthel
    4. Elsevier. Escala de Coma de Glasgow: tipos de respuesta motora y su puntuación [Internet]. Elsevier Connect. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.elsevier.com/es-es/connect/medicina/escala-de-coma-de-glasgow

    Comportamentos en pacientes con TCA

     Dentro dos TCA que nos podemos atopar, vou a centrarme nos pacientes con diagnóstico de Anorexia, xa que podemos asumir que é o de maior incidencia, polo tanto o que máis veces nos podemos atopar nun hospital.

    Esta patoloxía é un trastorno da alimentación caracterizado por presentar nas persoas que o padecen un peso inferior ao recomendable para a súa idade e estatura. Esto ocorre por unha perda excesiva de peso corporal, xa que os pacientes viven cun medo constante a aumentar de peso, aínda sendo este insuficiente. (1)

    A prevalencia da anorexia nerviosa estimouse nun 0,5-3% dentro do grupo de 
    adolescentes e mulleres novas. Estas cifras duplícanse cando se inclúen adolescentes "saudables" pero con hábitos alimenticios anormais ou excesiva preocupación polo peso corporal. De feito, nas últimas décadas viuse un aumento expoñencial no grupo de muller adolescente. (2)

    Os TCA en xeral, son máis prevalentes en sociedades occidentais industrializadas e con niveis socioeconómicos medio-altos. 
    A idade promedio de presentación da anorexia e de 13.75 anos, pero inclúese todo o rango entre os 10 e 25 anos. En canto á distribución por sexo, hai un claro predominio femnino, sendo a comparativa 9-10/1. (2)

    As causas exactas deste trastorno non se coñecen pois hai moitos factores involucrados, podendo ser o caso de xenes e  hormonas, pero sobre todo, as actitudes sociais.
    Pese a este orixe multifactorial pouco claro, descríbense factores de risco: 
    • Preocupación excesiva sobre o peso e imaxe corporal
    • Padecer ou haber padecido un trastorno por ansiedade
    • Ter unha imaxe negativa de un mesmo
    • Problemas alimenticios durante a lactancia ou a infancia
    • Certas ideas sociais ou culturais sobre a saúde e a imaxe corporal
    • Búsqueda excesiva da perfección
    (1)


    Os signos e síntomas físicos que se presentan son os seguintes:
    • Perda de peso excesiva
    • Apariencia delgada
    • Reconto anormal de células sanguíneas
    • Fatiga
    • Insomnio
    • Mareos
    • Pelo fino e quebradizo
    • Ausencia de menstruación
    • Problemas dixestivos e estreñimento
    • Arritmias
    • Hipotensión
    • Deshidratación
    • Erosión dental
    (3)

    Cales son os síntomas conductuais/comportamentos destos pacientes?

    Sobre todo inclúense os intentos por perder peso, que se poden presentar do seguinte xeito:
    • Restrinxir a inxesta mediante dietas estrictas ou xaxún.
    • Realizar exercicio físico de xeito desmesurado.
    • Pegarse atracóns de comida para logo provocarse o vómito, ou evacuar o alimento mediante laxantes, enemas ou productos de herbolario.
    Outros síntomas conductuais inclúen:
    • Preocupación excesiva polos alimentos/alimentación
    • Saltarse comidas
    • Negación da fame
    • Inxesta de alimentos pouco calóricos
    • Adoptar certos comportamentos como escupir a comida logo de masticala
    • Non comer en público
    • Mentir sobre a cantidade de comida inxerida
    • Temor ao aumento de peso, polo que se toman medidas corporais de forma obsesiva
    • Mirarse con frecuencia ao espello
    • Poñerse moitas capas de roupa
    • Falta de emoción
    • Irritabilidade
    (3)


    Bibliografía:
    2: Epidemiología de la anorexia nerviosa. Psicología online. Disponible en: https://www.psicologia-online.com/epidemiologia-de-la-anorexia-nerviosa-926.html
    I1: Los 8 tipos de la anorexia desde la terapia breve estratégica. Disponible en: https://www.juliapascual.com/tipos-anorexia/
    V1: La anorexia. Testimonio y experiencia del tratamiento. Disponible en: https://youtu.be/3pkAYMizBLo

    17.12.22

    Vacina contra o VIH

    Unha vacina contra o VIH está a mostrar resultados positivos precozmente, provocando un compoñente crítico da resposta inmune humana no 97% dos receptores da dose.

    Trátase dun pequeno ensaio de fase 1 no que se probou unha vacina elaborada cunha versión modificada dunha proteína que existe no virus do VIH.

    Esta partícula foi deseñada para preparar o corpo para xerar anticorpos amplamente neutralizantes, que se consideran esenciais para construír a inmunidade contra o VIH. Estes recoñecerían unha gran franxa de subtipos de VIH, que é necesario para proporcionar inmunidade, porque o virus do VIH muta con frecuencia.

    (1)

    Os resultados do estudo da vacina contra o VIH que, por primeira vez probado en humanos, amosa eficacia na indución de anticorpos neutralizantes de amplo espectro (Ab) contra múltiples serotipos do virus, a través da estratexia de vacinación dirixida á "liña xerminal". Isto significa que foi deseñado para inducir a produción deste tipo de anticorpos, dirixíndose e estimulando as células que os producen. A vacina, chamada "eOD-GT8 60mer", utiliza tecnoloxía de ARN mensaxeiro (ARNm, como a utilizada nas vacinas de Pfizer e Moderna contra o SARS-CoV-2) e mostrou un "perfil de seguridade favorable" ao mesmo tempo que induce unha neutralización ampla. precursores de anticorpos no 97% (ou en todos menos un) dos 36 receptores que participaron no estudo, segundo os investigadores de Scripps Research, o Fred Hutchinson Cancer Center, os Institutos Nacionais de Saúde e outras institucións dos Estados Unidos e Suecia. 

    (2)


    De donde provén o VIH?

    A infección por VIH en humanos procedía dun tipo de chimpancé de África Central. Os estudos demostran que o VIH puido pasar dos chimpancés aos humanos xa a finais do século XIX.

    A versión chimpancé do virus chámase virus da inmunodeficiencia simia. O virus probablemente pasou de chimpancés a humanos que cazaban chimpancés para conseguir carne e entraron en contacto con sangue infectado.

    O VIH propagouse lentamente por África durante varias décadas e despois a outras partes do mundo. O virus está nos Estados Unidos desde polo menos a segunda metade da década de 1970. 

    (3)


    Existen síntomas?



    A maioría das persoas presentan síntomas parecidos á gripe dentro de 2 a 4 semanas despois da infección. Estes síntomas poden durar uns días ou varias semanas.

    Só ter estes síntomas non significa que se padeza VIH, xa que outras enfermidades poden causar síntomas similares. Algunhas persoas non teñen ningún síntoma. A única forma de saber se tes o VIH é facerte a proba.

    (3)

    Como é a proba do VIH?

    Hai tres tipos de probas dispoñibles: probas de anticorpos, probas de antíxenos e anticorpos e probas de ácidos nucleicos (NAT). O sistema inmunitario produce anticorpos cando se expón a un virus, como o VIH. Os antíxenos son substancias estrañas ao organismo que provocan a activación do sistema inmunitario. Nas persoas con infección polo VIH, prodúcese un tipo de antíxeno chamado p24 mesmo antes de que se fabriquen anticorpos.

    As probas do VIH adoitan facerse con mostras de sangue ou fluídos orais. Tamén se poden facer con mostras de ouriños.


    • Probas de anticorpos

    As probas de anticorpos buscan anticorpos contra o VIH no sangue ou secrecións orais.

    É a única proba de VIH aprobada pola Administración de Drogas e Alimentos dos Estados Unidos (FDA).

    En xeral, despois da infección, as probas de anticorpos feitas con sangue extraído dunha vea poden detectar o VIH antes que as que se fan con sangue dun dedo ou fluídos bucais.

    • Probas de antíxenos e anticorpos

    As probas de antíxenos e anticorpos buscan tanto antíxenos do VIH como anticorpos contra o virus. Esta proba de laboratorio consiste en extraer sangue dunha vea.

    Tamén hai unha proba rápida de antíxenos e anticorpos dispoñible que se fai mediante unha punción no dedo.

    • Probas de ácidos nucleicos (NAT)

    As probas de ácidos nucleicos (NAT) buscan o propio virus no sangue.

    Cunha proba de ácido nucleico, o médico extraerá sangue dunha vea e enviará a mostra a un laboratorio para a súa análise. A proba pode dicir se unha persoa ten VIH ou a cantidade de virus no sangue (proba de carga viral do VIH).

    As probas de ácidos nucleicos poden detectar o VIH antes que outros tipos de probas.

    Este tipo de proba debería considerarse para persoas que tiveron unha exposición recente ou potencial e teñan síntomas precoces de infección polo VIH e a proba de antíxenos ou anticorpos negativos.

    (4)


    Pode previrse?

    Este virus atópase: na sangue, fluído seminal, fluídos rectais, vaxinais e orais, leite materna...

    Entramos en contacto con estes fluídos corporais a través de prácticas sexuais desprotexidas, agullas contaminadas, parto, lactancia...

    • Medidas preventivas:

    Usar preservativos para sexo seguro. Isto aplícase ás penetracións na vaxina, ano e boca.
    Non compartir agullas, xiringas e outro material de inxección; é fundamental que sexan dun só uso e asépticos.
    Realizar controis de VIH e outras ITS, infeccións de transmisión sexual, periodicamente.

    Ademais, existen dous tratamentos médicos dirixidos á prevención do VIH:

    - Profilaxe previa á exposición, que se administra antes da exposición ao risco ao virus, seguindo instrucións especializadas.
    - Profilaxe post-exposición, que se considera despois dunha práctica sexual arriscada, tamén coa axuda dun profesional.

    (5)


    Bibliografía:
    1: Una vacuna contra el VIH en fase inicial muestra resultados positivos: si funciona, sería la primera vacuna contra el VIH con éxito tras casi 40 años de investigación. Disponible en: https://www.businessinsider.es/vacuna-vih-resultados-positivos-seria-primera-exito-1163932
    2: Esperanzadores resultados preliminares de una vacuna de ARNm frente al VIH. Disponible en: https://www.larazon.es/sociedad/20221207/khpxwxyafzhmvnk2ntes2gnsta.html
    4: Tipos de pruebas del VIH. Disponible en: https://www.cdc.gov/hiv/spanish/basics/hiv-testing/test-types.html
    5: Cómo prevenir la transmisión del virus VIH. Disponible en: https://www.tucanaldesalud.es/es/tusaludaldia/articulos/prevenir-transmision-virus-vih

    Sondaxe nasogástrico

     O sondaxe nasogástrico trata dunha técnica, moi utilizada en enfermería, invasiva, que consiste na introducción dunha sonda ou tubo flexible (silicona, poliuretano...) no estómago, por vía nasal (de ahí o seu nome nasogástrica) ou vía oral (orogástrica), con varias finalidades como: (1) 

    • Administración de nutrición enteral e hidratación
    • Administración de medicación
    • Lavado de estómago
    • Aspiración ou drenaxe de contenido gástrico
    MATERIAIS (2) (3)
    • Sonda nasogástrica de tipo Levin (unha luz) ou Salem (dúas luces) 
    • Lubricante hidrosoluble
    • Luvas
    • Gasas
    • Esparadrapo
    • Xeringa de 50 ml
    • Un vaso de auga
    • Fonendoscopio
    • Recipiente ou bolsa colectora
    • Solución salina 
    • Tapón para sonda e/ou bolsa colectora adaptable á sonda
    • Batea

    TÉCNICA (1) (3)

    • Explicar ao paciente a técnica e necesidade da súa colaboración.
    • Medir coa sonda a distancia dende a nariz do paciente ata a orella, e dende alí a apófise xifoides. 
    • Lavar as mans e poñer luvas.
    • Lubricar o extremo da sonda.
    • Colocar ao paciente en posición de Fowler ou en decúbito lateral esquerdo. 
    • Introducir a sonda polo orificio nasal máis permeable dirixíndoa hacia á farinxe. 
    • No caso da orogástrica, se introduce a sonda con suavidade hacia abaixo e hacia atrás en dirección á farinxe. 
    • Cando a sonda estea por encima da orofarinxe, se indica ao paciente que extenda o pescozo hacia diante.
    • Coa cabeza do paciente inclinada hacia diante, progresar a sonda cun movemento rotatorio, pedíndolle que trague un sorbito de auga, avanzando a sonda no momento da deglución.
    • Se o paciente presenta tos ou cianose, é probable que a sonda estea en vía respiratoria. Polo que se retira a sonda e se reinicia o procedemento.                                                            
    • Cando a marca feita na sonda chegue á nariz, a sonda debe estar situada no estómago. 
    • Para comprobar a súa colocación, se non saíu xugo gástrico de forma espontánea, aspírase cunha xeringa para obtelo e se medirá se o pH<5,5 ou tamén introducir 20 ml de aire ao mesmo tempo que colocamos o fonendoscopio no epigastrio, e debe de escoitarse un gorgoteo.
    • Fixar a sonda á nariz co esparadrapo e o extremo aberto se conectará a unha bolsa colectora ou se deixará pechado cun tapón.

    COIDADOS (1)

    • Cambiar diariamente o esparadrapo e limpar os orificios nasais.
    • Hixiene da boca e hidratación dos labios.
    • Manter ao paciente en posición de Fowler durante a administración da alimentación e ata unha hora despois.
    • Antes de administrar o alimento, aspirar o contido gástrico. Se o contido é superior a 150 ml, volver a introducilo e esperar á seguinte toma.
    • A entrada do alimento debe ser lenta e o alimento debe estar á temperatura ambiente. 
    • Comprobación cada 4-8 horas se o paciente tolera a dieta.
    • Despois de administrar a alimentación, lavar a sonda con auga.
    • Se a sonda é de PVC ou polietileno, se debe cambiar cada 7-14 días. Se é de poliuretano cada 2-3 meses e as de silicona cada 3-6 meses. 

    COMPLICACIÓNS DA SONDAXE (1)

    As máis frecuentes son a aparición de diarreas por intolerancia dixestiva, náuseas, vómitos, rexurxitacións, sensación de plenitude.. e a solución máis habitual consiste en personalizar de forma individual o tipo de nutrición, cantidade e frecuencia das tomas. 



    BIBLIOGRAFÍA

    1. Amir Enfermería. Sondaje Nasogástrico, Cuidados de la Nutrición enteral. Diciembre 28,2016. Consultado el 17-12. Disponible en: Sondaje Nasogástrico. Cuidados de la Nutrición Enteral – AMIR Enfermería (academiaeir.es)
    2. Sánchez Solís, D. Abordaje de enfermería: colocación de un sondaje nasogástrico (SNG). Revista Ocronos. 2021;4(10) 217. Consultado el 17-12. Disponible en: ▷ Abordaje de Enfermería: colocación de un sondaje nasogástrico (SNG) - Ocronos - Editorial Científico-Técnica (revistamedica.com)
    3. Manual de Procedimientos SAMUR-Protección civil. Sondaje nasogástrico. Edición 2008. Consultado el 17-12. Disponible en: Sondaje gástrico (madrid.es)

    16.12.22

    Algunha vez pensaches como sería a túa última foto?

    "La última foto" é unha campaña que xorde en Gran Bretaña, unha iniciativa da ONG británica Campaign Against Living Miserably (CALM) que amosa que o suicidio non se ve como todos pensan. 



    Trata dunha exposición de 50 retratos nas beiras do Támesis nas que os protagonistas vense celebrando o seu cumpreanos, a súa graduación ou simplemente tomando algo con familiares e amigos. Nelas, todos parecen despreocupados e felices, pero, cal é a realidade tras estas imaxes? Pero detrás destas fachadas hai unha dura realidade: son as últimas fotos que estas persoas fixeron antes de quitarse a vida.
    (1)
    A iniciativa ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre os estigmas que rodean o suicidio para tentar evitalo. Para iso, aínda que os primeiros signos sexan invisibles, a campaña quere axudar a deter os suicidios falando máis sobre iso, porque pode axudar á xente a pedir axuda. (2)

    Ademais da exposición, a organización tamén puxo en marcha unha campaña en televisión, cine, aire libre, prensa escrita e redes sociais para amplificar a súa mensaxe. Podes ver o spot a continuación. (1)


    O suicidio é un grave problema de saúde pública, un fenómeno global que se reproduce en todos os países.
    E é que o suicidio é a primeira causa de morte non natural no mundo; No País Vasco morre unha persoa cada dous días (184 en total, en 2020) e unha por semana en Navarra (42 en 2020). No Estado español, os datos aumentan ata os 10 suicidios ao día, mentres que no mundo unha persoa decide quitarse a vida cada 40 segundos. No caso de Gran Bretaña morren por este motivo 125 persoas á semana.

    En España, o Ministerio de Sanidade puxo en marcha o 10 de maio unha liña telefónica de condutas suicidas (024), baixo o lema 'Chamada á vida'. Desde entón, atendeu máis de 34.000 chamadas, das cales 1.500 foron derivadas aos servizos de emerxencias 112, e identificou un total de 585 suicidios en curso.

    Segundo os datos do Ministerio, o teléfono atende na actualidade unhas 300 chamadas ao día. A liña 024 está en funcionamento as 24 horas do día, os sete días da semana e todos os días do ano.

    É gratuíto, accesible, inmediato, confidencial e conta con expertos, para apoiar a persoas con condutas suicidas, familiares e amigos e intervir, se é necesario, en situacións complexas de alto risco. 
    (2)


    Bibliografía:
    1:  «La última foto», una campaña que demuestra que el suicidio a veces no se ve como todos pensamos. Disponible en: https://lacriaturacreativa.com/2022/06/23/la-ultima-foto-una-campana-que-demuestra-que-el-suicidio-a-veces-no-se-ve-como-todos-pensamos/
    2: La campaña británica "La última foto" demuestra que el suicidio no es como la gente cree. Disponible en: https://www.eitb.eus/es/noticias/internacional/detalle/8941444/la-campana-britanica-la-ultima-foto-demuestra-que-suicidio-no-es-como-gente-cree/
    I1: «La última foto», una campaña que demuestra que el suicidio a veces no se ve como todos pensamos. Disponible en: https://lacriaturacreativa.com/2022/06/23/la-ultima-foto-una-campana-que-demuestra-que-el-suicidio-a-veces-no-se-ve-como-todos-pensamos/
    V1: Suicidal Doesn't Always Look Suicidal. Disponible en: https://youtu.be/6Jihi6JGzjI