19.12.22

Cáncer de Ovario

Nesta entrada imos a focalizarnos no cáncer de ovario, no tan sonado como o tumor de mama, pero sí igual ou máis grave, xa que se considera a primeira causa de morte en cáncer xinecolóxico e a quinta causa de morte nas mulleres ao ser diagnosticado habitualmente en estadíos avanzados (1)(2). 


(4)

O cáncer de ovarios refírese aos tumores malignos que se orixinan nos ovarios ou en áreas vinculadas das trompas de Falopio e o peritoneo, e poden producir metástase a outras partes do corpo. Aparece habitualmente despois da menopausia, aunque pode xurdir en mulleres xóvenes con antecedentes familiares de cáncer de mama ou ovario como consecuencia de mutacións e aquelas asociadas ao síndrome de Lynch, pero os principais factores de risco son os seguintes: 

FACTORES DE RISCO  (1) (2)
  • Herencia de xenes mutados (BRCA1 e BRCA2)
  • Síndrome hereditario de cáncer colorrectal no polipósico (HNPCC)
  • Historia familiar
  • Historia persoal de cáncer de mama
  • Endometriose
  • Idade: máis frecuente na postmenopausia
  • Duración e regularidade do ciclo: un ciclo menstrual de corta duración ou irregular.
  • Raza: maior predominio na raza branca.
  • Infertilidade
  • Obesidade ou dieta rica en grasas
  • Terapia hormonal sustitutiva só con estróxenos.
FACTORES DE PREVENCIÓN (1) (3)
  • Uso de pastillas anticonceptivas
  • Procedementos quirúrxicos de ligadura de trompas, extirpación de ovarios, histerectomías, uso de DIU...
  • Ser madre biolóxica
  • Lactancia materna
  • Dieta sá e equilibrada rica en vitaminas A,C,D e E.
  • Actividade física e exercicio
SÍNTOMAS (1) (3)
As primeiras etapas do cáncer de ovario non producen síntomas polo xeral ou son síntomas que se poden confundir coas que se producen no aparato dixestivo e na vexiga, pola aproximación e pola metástase que pode producir.
Os síntomas máis comúns son os seguintes:
  • Hinchazón ou inflamación abdominal
  • Sensación de plenitude
  • Dor abdominal ou na espalda
  • Dor ou presión na área pélvica
  • Dificultade para comer
  • Disnea e fatiga
  • Náuseas 
  • Diarrea
  • Cambios menstruais: sangrado ou secreción vaxinal.
É moi importante identificar os síntomas canto antes, para tratalo a tempo e evitar que se disemine. Pois as posibilidades de sobrevivir cando aparece este tipo de tumor están moi relacionadas con que se extendera ou non fora do ovario. Só ao redor dun 20% están sen diseminar cando se diagnostican. (2)

TRATAMENTOS
O tratamento pode variar según cada persoa e no grado no que se atope o tumor, pero polo xeral, o tratamento consiste nunha combinación de cirurxía e quimioterapia.
No caso da cirurxía, se diferencian 2 tipos principais: (1)
  • Laparotomía: procedemento no que se poden extraer as trompas de Falopio/ovarios (salpingooforectomía), o útero (histerectomía), ganglios linfáticos adyacentes ou o epiplón que sostén os texidos.
  • Citorredución: co obxectivo de extirpar todo o tumor visible. 
En canto a quimioterapia, os fármacos se poden tomar de forma intraperitoneal, directamente no abdome/pelvis a través dun tubo delgado ou por vía oral.
Na radioterapia se utilizan os raios de alta enerxía para matar as células cancerosas, polo que non é moi utilizada para tratamentos iniciais do cáncer de ovario. (1) (2)

COIDADOS (5)
Despois da cirurxía, se ordena a quimioterapia comúnmente para seguir controlando a propagación do cáncer, pois se trata dun tipo de cáncer moi agresivo, con importantes efectos secundarios como a fatiga, falta de enerxía, caída do cabello, pérdida de apetito, diarrea, neuropatía.. puidendo afectar á saúde mental coa aparición de estrés, ansiedade ou depresión. 
Polo que na maioría dos casos, se requiren de coidados paliativos para axudar a tolerar a dor e os efectos secundarios, así como brindar atención necesaria e acompañar durante o traxecto que está a vivir o paciente.  



   
BIBLIOGRAFÍA
  1. Cancer Quest. Cáncer de Ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Cáncer de ovario | CancerQuest
  2. González Martín, A. Clínica Universidad de Navarra. Cáncer de Ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Cáncer de Ovario: síntomas, tipos, estadios y tratamiento. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)
  3. Centros para el Control y la Prevención de Enfermedades. Información básica sobre el cáncer de ovario. Consultado el 19-12. Disponible en: Información básica sobre el cáncer de ovario | CDC
  4. Imaxe. Disponible en: Cáncer de ovario - Síntomas y causas - Mayo Clinic
  5. Get Palliative Care. Cáncer de Ovario y cuidados paliativos. Consultado el 19-12. Disponible en: Cuidados paliativos y cáncer de ovario | Obtenga cuidados paliativos (getpalliativecare.org)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.