20.12.22

Disforia de xénero e detección temperá

 Disforia de xénero é o termo empregado para definir un estado profundo de incomodidade e aflicción cando o sexo biolóxico dunha persoa non coincide coa súa identidade de xénero. Esto pode chegar a causar estados profundos de depresión, ansiedade e alteracións mentais. (1) 

Aínda non dispoñendo de cifras precisas, estímase que entre o 0,005 - 0,014% de varóns ao nacer, e entre o 0,002 - 0,003% de mulleres ao nacer cumpren os criterios diagnósticos de disforia de xénero. Moitas máis persoas se identificarían como transxénero pero non chegarían a cumplir os criterios de diagnóstico clinico. (2)


Criterios para o dignóstico de disforia:

  • Evaluación de saúde conductual: inclúese a evaluación dos perxuicios e discriminación pola identidade de xénero e en cómo afectan á vida do paciente. 
  • Manual diagnóstico e estatístico de trastornos mentais (DSM-5).
Este trastorno non é só un sentimento de pertenencia a outro sexo, senon que tamén é causante dun forte sufrimento emocional. (3)

Como detectalo na infancia?
  • Insistencia en pertencer ao xénero contrario
  • Desexo de pertenencia ao xénero contrario
  • Querer vestirse de acordo ao xénero co que se identifica e no co correspondente ao seu xénero biolóxico
  • Preferencia de xoguetes ou xogos considerados tradicionalmente do xénero oposto
  • Sentimento de forte desagrado cos seus xenitais
  • Querer posuir as características físicas do outro xénero
É moi importante o apoio psicolóxico na presentación deste trastorno e diagnostícase cando se presenten 2 ou máis síntomas durante mínimo 6 meses. 
O obxetivo principal do tratamento é tratar a angustia e problemas psicolóxicos, e logo comezar coa transición de xénero do seguinte xeito:
  • Asesoría psicolóxica
  • Consellería familiar para lograr un ambiente de entendemento
  • Terapia hormonal de afirmación de xénero
  • Ciruxía de afirmación de xénero
(1)

Noticias recentes de interés sobre o tema:

Bibliografía:
I1: Disforia de género: transexualidad en niños. Psicodiagnosis. Disponible en: https://psicodiagnosis.es/areageneral/situaciones-especiales/disforia-de-genero-transexualidad-en-nios/index.php




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.