21.12.22

Extracción de sangue

A extracción de sangue é un procedemento polo que se usa unha agulla para extraer sangue dunha vena. Normalmente realizase para levar a cabo probas de laboratorio, aínda que tamén pode realizarse para retirar o exceso de glóbulos vermellos do sangue ou para tratar certos trastornos do sangue. 

O orden dos tubos na extracción de sangue é moi importante, xa que cada tubo presenta no seu interior aditivos que reaccionan coa sangue e que pode contaminar o resto dos tubos, polo que debe seguirse sempre a mesma orde para asegurar un correcto resultado e evitar unha contaminación dun tubo a outro. A orde que debe seguirse é:  

  • O primeiro de todo son os hemocultivos, técnica aséptica de extracción de sangue, para o seu uso en cultivos. Realizanse sobre todo cando hay aumentos da temperatura corporal como consecuencia dunha infección. Diferenciamos dous tipos de hemocultivos os aeróbicos e os anaeróbicos. A súa vez diferenciase dúas formas de extracción de sangue para hemocultivos: 
      • No caso da extracción da sangue para hemocultivo a través dunha agulla debe realizarse primeiro a extracción para o tubo aerobio e despois para o tubo anaerobio
      • Mentres que si a extracción da sangue realizase directamente dunha vía tanto central como periférica, a orde de extracción pode ser anaerobio e despois aerobia ou viceversa, neste caso non influe a orde. 
    • Seguido dos hemocultivos son os tubos que non presentan ningún tipo de anticoagulante
    • Posteriormente os tubos para probas de coagulación, que presentan anticoagulante citrato
    • Por último, os tubos restantes que presenten anticoagulante, os cales son: EDTA, Heparina de litio, tubo de velocidade de sedimentación e xeringas de gasometría 

    Os tubos que conteñen anticoagulantes deben estar cheos para igualar a proporción da cantidade de anticoagulante coa cantidade da sangue, asegurando así uns mellores resultados. 

    De forma rutinaria os tubos que sempre se retiran son bioquímica, hemograma e coagulación. Primeiro o tubo de bioquímica que non presenta aditivos, seguido deste é o de coagulación que presenta citrato, e por último o de hemograma que é o que presenta EDTA. 

    Normalmente estos tubos presentan unha cor determinada que máis ou menos está estandarizada, cada casa comercial cambia as cores de cada tubo pero normalmente as cores son: amarelo para bioquímica, azul para coagulación e malva para hemograma. O sistema de cores facilita o proceso de extracción xa que observando a cor do tubo permite a persoa encargada da extracción levar a cabo o proceso da forma máis rápida posible xa que non precisa ler cal é o aditivo que presenta cada tubo. Pero é importante asegurarse antes da extracción da sangue, de comprobar que as cores correspóndense co estudio a levar a cabo. 

    Procedemento

    O proceso de extracción da sangue está estandarizado e é o seguinte: 

    1. Primeiro de todo é comprobar a identidade do paciente e comprobar que os datos corresponden coa petición e as etiquetas identificativas dos tubos. 
    2. Informar ao paciente do procedemento que se vai levar a cabo. 
    3. Colocar ao paciente na posición máis cómoda tanto para él como para o profesional encargado da extracción da sangue. 
    4. Colocar o compresor a unha altura de 7 ou 8 centimetros por encima da zona de punción, e solicitar a persoa que peche o puño. 
    5. Localizar a vena a puncionar e levar a cabo unha desinfección da zona coa aplicación de solución antiséptica (clorhexidina 2 % ou alcohol 70 %) e deixar secar. 
    6. Unha vez puncionado na vena introducir os tubos no orden previamente descrito e encher os tubos ata a marca indicativa.
    7. Homoxeneizar os tubos que presenten anticoagulante (mezclando a sangue co contido). 
    8. Pedir ao paciente que abra o puño, retirase o compresor e posteriormente retirase o equipo de punción. 
    9. Presionar na zona da punción cunha gasa e colocar esparadrapo. Por último solicitar ao paciente que presione durante 3 ou 5 minutos co brazo extendido para evitar a presencia dun hematoma.

    Bibliografía

    1. Diccionario de cáncer del NCI [Internet]. Instituto Nacional del Cáncer. 2011 [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionarios/diccionario-cancer/def/extraccion-de-sangre
    2. ¿Qué tubo lleno primero? [Internet]. Enfermería Creativa. 2017 [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2017/01/24/que-tubo-lleno-primero/
    3. Procedimiento para la extracción de sangre por vía venosa - Probas diagnósticas [Internet]. Sergas.gal. [citado 21 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://femora.sergas.gal/Probas-diagnosticas/Procedemento-para-a-extracci%C3%B3n-de-sangue?idioma=es