O servizo de Teleasistencia é un servizo preventivo de asistencia domiciliaria inmediata e permanente para persoas maiores, discapacitadas ou con alto nivel de dependencia.
Modalidades segundo o tipo de acondicionamento:
Sistemas activos:
Pulsación dun terminal ou control remoto. O usuario activa a alarma grazas o dispositivo que ten no domicilio e está conectado á liña telefónica, pode presentarse en forma de pulseira, colgante ou dende o propio teléfono. É o máis común.
Sistemas pasivos:
A alarma actívase cando unha función diaria non se leva a cabo durante un periodo de tempo.
Sistemas semiactivo:
A central do servizo ponse en contacto co usuario en horas preestablecidas.
Compróbase o estado do usuario, as accións que se levaron a cabo, se necesita axuda, se tomou a medicación...
(1)
Cal é a realidade das persoas maiores en España?
- En España, máis de 1.800.000 persoas maiores viven soas.
O 73% son mulleres, polo que significa que 1 de cada 4 mulleres de entre 75-84 anos vive soa. O 59% das personas que viven soas, expresaron sentimentos de soledade e aislamento.
Existen evidencias de que a soidade empeora o estado mental da persoa, pero tamén o físico.
(2)
Os adultos maiores teñen un maior risco de sufrir soidade e illamento social porque teñen máis probabilidades de tratar con factores como vivir sós, perder a familia ou amigos, padecer enfermidades crónicas e perda auditiva.
A soidade significa sentirse só independentemente da cantidade de contactos sociais. O illamento social é a falta de conexións sociais. O illamento social pode causar soidade nalgunhas persoas, mentres que outras poden sentirse soas sen estar illadas socialmente.
(3)
Nestas noticias pódese ver o gran número de veces que os maiores contactan con estes servizos para poder falar con alguen e aliviar esta soidade, ou simplemente escoitar a outra persoa.
Bibliografía:
V1: FAMILIAS HINCHABLES: una mala solución para la soledad de las personas mayores. Grandes Amigos. Disponible en: https://youtu.be/wtZGKmyjZ7E
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.