19.12.22

Comportamentos en pacientes con TCA

 Dentro dos TCA que nos podemos atopar, vou a centrarme nos pacientes con diagnóstico de Anorexia, xa que podemos asumir que é o de maior incidencia, polo tanto o que máis veces nos podemos atopar nun hospital.

Esta patoloxía é un trastorno da alimentación caracterizado por presentar nas persoas que o padecen un peso inferior ao recomendable para a súa idade e estatura. Esto ocorre por unha perda excesiva de peso corporal, xa que os pacientes viven cun medo constante a aumentar de peso, aínda sendo este insuficiente. (1)

A prevalencia da anorexia nerviosa estimouse nun 0,5-3% dentro do grupo de 
adolescentes e mulleres novas. Estas cifras duplícanse cando se inclúen adolescentes "saudables" pero con hábitos alimenticios anormais ou excesiva preocupación polo peso corporal. De feito, nas últimas décadas viuse un aumento expoñencial no grupo de muller adolescente. (2)

Os TCA en xeral, son máis prevalentes en sociedades occidentais industrializadas e con niveis socioeconómicos medio-altos. 
A idade promedio de presentación da anorexia e de 13.75 anos, pero inclúese todo o rango entre os 10 e 25 anos. En canto á distribución por sexo, hai un claro predominio femnino, sendo a comparativa 9-10/1. (2)

As causas exactas deste trastorno non se coñecen pois hai moitos factores involucrados, podendo ser o caso de xenes e  hormonas, pero sobre todo, as actitudes sociais.
Pese a este orixe multifactorial pouco claro, descríbense factores de risco: 
  • Preocupación excesiva sobre o peso e imaxe corporal
  • Padecer ou haber padecido un trastorno por ansiedade
  • Ter unha imaxe negativa de un mesmo
  • Problemas alimenticios durante a lactancia ou a infancia
  • Certas ideas sociais ou culturais sobre a saúde e a imaxe corporal
  • Búsqueda excesiva da perfección
(1)


Os signos e síntomas físicos que se presentan son os seguintes:
  • Perda de peso excesiva
  • Apariencia delgada
  • Reconto anormal de células sanguíneas
  • Fatiga
  • Insomnio
  • Mareos
  • Pelo fino e quebradizo
  • Ausencia de menstruación
  • Problemas dixestivos e estreñimento
  • Arritmias
  • Hipotensión
  • Deshidratación
  • Erosión dental
(3)

Cales son os síntomas conductuais/comportamentos destos pacientes?

Sobre todo inclúense os intentos por perder peso, que se poden presentar do seguinte xeito:
  • Restrinxir a inxesta mediante dietas estrictas ou xaxún.
  • Realizar exercicio físico de xeito desmesurado.
  • Pegarse atracóns de comida para logo provocarse o vómito, ou evacuar o alimento mediante laxantes, enemas ou productos de herbolario.
Outros síntomas conductuais inclúen:
  • Preocupación excesiva polos alimentos/alimentación
  • Saltarse comidas
  • Negación da fame
  • Inxesta de alimentos pouco calóricos
  • Adoptar certos comportamentos como escupir a comida logo de masticala
  • Non comer en público
  • Mentir sobre a cantidade de comida inxerida
  • Temor ao aumento de peso, polo que se toman medidas corporais de forma obsesiva
  • Mirarse con frecuencia ao espello
  • Poñerse moitas capas de roupa
  • Falta de emoción
  • Irritabilidade
(3)


Bibliografía:
2: Epidemiología de la anorexia nerviosa. Psicología online. Disponible en: https://www.psicologia-online.com/epidemiologia-de-la-anorexia-nerviosa-926.html
I1: Los 8 tipos de la anorexia desde la terapia breve estratégica. Disponible en: https://www.juliapascual.com/tipos-anorexia/
V1: La anorexia. Testimonio y experiencia del tratamiento. Disponible en: https://youtu.be/3pkAYMizBLo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.