19.12.22

As escalas

As escalas en enfermería son unha das partes máis importantes no momento da valoración e seguimento do paciente. A día de hoxe existen unha gran variedade de escalas que melloran a calidade asistencial do paciente, moitas de elas non se empregan de forma habitual pero moitas outras si. Entre elas podemos atopar: 

Escala Visual Analóxica

Esta escala permite medir a intensidade da dor mediante a descripción do propio paciente. Consiste nunha liña horizontal, no extremo esquerdo ubicase a ausencia de dor ou a menor intensidade do mesmo, mentres que no extremo dereito atópase a maior intensidade. Solicitase ao paciente que marque na liña en que punto atópase a súa dor. A valoración será de: 

  1. Dor leve se o paciente puntúa a dor como menor de 3. 
  2. Dor moderado se a valoración sitúase entre 4 e 7. 
  3. Dor severo se a valoración é igual ou superior a 8.
Esta escala realizase día a día na unidade de ciruxía cardíaca e vascular, moitas veces realizase dúas veces ao día e levase a cabo preguntando directamente ao paciente como considera cal é o seu grao de dor. Todo esto levase a cabo para a administración de analxesia, xa que nos casos no que o paciente a teña pautada e non a precise non será necesaria a administración. 

Escala Braden

Esta escala emprégase para a determinación do risco de presentar úlceras por presión, utilizase sobre todo nos pacientes que teñen pouca movilidade ou os que acaban de sufrir unha ciruxía, polo que o tempo que permanece na cama é maior, e como consecuencia o risco de presentar úlceras por presión é moi alta. O máis importante desta escala é a observación diaria do paciente para prever da forma máis rápida posible o risco. Consta de seis categorías: 


  • Percepción sensorial 
  • Exposición da pel a humedade
  • Actividade física
  • Movilidade
  • Nutrición 
  • Rozamento ou peligro de lesións

A puntuación mínima é de 6 puntos e a máxima é de 23. Neste caso unha puntuación menor a 12 será considerado un risco alto de aparición de úlceras por presión (UPP), entre 13 e 14 puntos o risco e moderado e os que se atopen entre 15 e 18 presentan un risco baixo, sin embargo o máis importante nesta determinación é a idade da persoa, xa que moitas persoas presentan un maior risco de úlceras que outras. 

No caso da prevención de risco de ulceras por presión ademáis da escala Braden pode empregarse a Norton. A diferenza e que nesta escala valóranse cinco apartados cunha escala de gravedade de 1 a 4, onde a puntuación total atópase entre 5 e 20. Consideranse pacientes en risco a aqueles cunha valoración baixa, é dicir, unha menor puntuación un maior risco. 

Índice de Barthel

Valora o nivel de independencia do paciente con respecto a realización dalgunhas actividades básicas da vida diaria, mediante a cal asignanse diferentes puntuacións según a capacidade da persoa examinada para levar a cabo estas actividades. Esta escala dividese en dez categorías: 

  • Comer
  • Lavarse 
  • Vestirse
  • Arreglarse
  • Deposicións 
  • Micción 
  • Usar o retrete
  • Trasladarse 
  • Deambular
  • Subir e baixar as escaleras.

O rango de valores está entre 0 e 100. A menor puntuación maior é a dependencia do paciente, polo tanto precisa dunha maior axuda para levar a cabo as actividades anteriormente mencionadas. Esta escala na unidade de ciruxía cardíaca e vascular realizase dúas veces, a primeira cando o paciente ingresa na unidade previo ao procedemento quirúrxico, e a segunda vez levase a cabo cando a ciruxía xa se levou a cabo, xa que o paciente presenta diferentes niveis de dependencia no período previo e no período posterior a ciruxía. 


Escala de Coma de Glasgow

É unha escala de aplicación neurolóxica que permite medir o nivel de conciencia dunha persoa que sufriu un traumatismo craneoencefálico. Utilízanse tres parámetros: a resposta verbal, a resposta ocular e a resposta motora. A puntuación máis baixa é de 3 puntos, mentres que o valor máis alto é de 15 puntos. 

Unha vez realizado o examen neurolóxico pódese establecer unha categoría para o grao de gravedade do traumatismo. A partir de ahí poderase definir un pronóstico inicial e marcar os pasos de actuación diagnóstica e terapéuticas que se van a seguir. 

Bibliografía 

  1. Escala EVA [Internet]. Sergas.gal. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/DocumentosCP/Escala%20EVA.pdf
  2. Escala de Braden [Internet]. Enfermería Creativa. 2019 [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2019/01/28/escala-de-braden/
  3. Formación E. Todo lo que necesitas saber sobre el Índice de Barthel [Internet]. European School Health Education. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.esheformacion.com/blog/35/todo-lo-que-necesitas-saber-sobre-el-indice-de-barthel
  4. Elsevier. Escala de Coma de Glasgow: tipos de respuesta motora y su puntuación [Internet]. Elsevier Connect. [citado o 19 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.elsevier.com/es-es/connect/medicina/escala-de-coma-de-glasgow