21.12.22

Enfermidade de Crohn

A enfermidade de Crohn, unha das máis coñecidas das enfermidades intestinais inflamatorias crónicas, que consiste na afectación inflamatoria crónica e autoinmune con manifestacións intermitentes, que afecta a todo o tubo dixestivo en lonxitude e grosor, con predominio no íleo distal e colon proximal, pero poden aparecer lesións desde a boca ata o ano, puidendo ser de forma discontinua, en mosaico. 



Xeralmente é de causa descoñecida, pero o relacionan con compoñentes xenéticos e ambientais. Os seus síntomas dependen da localización anatómica e da severidade da inflamación, pero os que máis destacan son os seguintes: (1)

    • Diarrea
    • Dor abdominal que non se alivia ao defecar
    • Incontinencia fecal
    • Importante pérdida de peso relacionada cas dores postpandriais.
    • Pode presentar febre
Coa presentación de complicacións como: (3)
    • Obstrucción intestinal: co tempo, as paredes do intestino se estreitan e forman cicatrices, o que bloquean o fluxo dos contidos dixestivos.
    • Úlceras
    • Fístulas: cando se extenden as úlceras.
    • Fisuras anais: con deposicións dolorosas chegando a provocar tamén fístulas.
    • Desnutrición: entre a diarrea e a dor abdominal dificultan a inxesta de alimentos e a absorción dos nutrientes necesarios.
    • Cáncer de colon
    • Trastornos da pel
    • Outros problemas de saúde como a anemia pola mala absorción.
    • Riscos de medicamentos
    • Coágulos sanguíneos
Ademais tamén presenta os seguintes factores de risco: (3)
    • Idade: con frecuencia durante a xuventude.
    • Raza: sobre todo na raza branca. 
    • Antecedentes familiares.
    • Fumar
    • Medicamentos antiinflamatorios no esteroides como o ibuprofeno.

PRONÓSTICO E TRATAMENTOS (1) (3)
O pronóstico da enfermidade de Crohn é incerto e individual para cada persoa. En xeral, aquelas persoas que o padecen, poden levar unha boa calidade de vida, sempre e cando, tomen o seu tratamento. Tamén cabe a posibilidade da malignización no curso da enfermidade, pois pode existir un aumento de risco de tumor, sobre todo no colon, que pode levar a unha intervención de ostomía. 
O tratamento máis utilizado nesta enfermidade é:
    • Medicamentos antiinflamatorios: como corticoides para reducir a inflamación e inmunodeprimir en casos de brote. 
    • Inmunosupresores 
    • Antiinflamatorios tópicos: os máis comúns son a salazopirina e aminosalicilatos para a disminución da inflamación da mucosa.
    • Medicamentos biolóxicos: como infliximab e adalimumab que actúan como inhibidores do factor de necrosis tumoral. 
    • Antibióticos
    • Antidiarreicos
    • Vitaminas e suplementos
E en casos graves, se precisará dunha cirurxía.

COIDADOS (1) (2)
En canto aos coidados, ademais do tratamento, se recomenda evitar o tabaco, reducir o consumo de produtos lácteos, comer porcións pequenas de comidas e varias veces ao día, beber moita auga, tomar vitamina D e manter o estrés a raia mediante o exercicio físico ou exercicios de relaxación e respiración. 



BIBLIOGRAFÍA

  1. Clínica Universidad de Navarra. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn: ¿Qué es? Síntomas y tratamiento. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)
  2. Sociedad Española de Medicina Interna. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn (fesemi.org)
  3. Mayo Clinic. Enfermedad de Crohn. Consultado el 21-12. Disponible en: Enfermedad de Crohn - Síntomas y causas - Mayo Clinic 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.