12.12.22

En qué consiste a transfusión de sangue?

Unha transfusión de sangue é unha transferencia de sangue ou de un dos seus compoñentes desde unha persona sá (donante) a unha persona enferma (donante). Este procedemento consiste en reemplazar a sangue que se perde a causa dunha ciruxía, lesión, enfermidade ou trastorno hemorrágico, entre outros. Tamén pode ser util cando unha enfermidade impide que o corpo produza sangue ou algúns componentes sanguíneos de forma adecuada.

Qué forma a sangue?

  • Glóbulos vermellos que son os encargados de transportar oxíseno e axudan a eliminar a sustancias de desfeito. 
  • Glóbulos brancos que axudan ao corpo a combatir as infeccións. 
  • O plasma, a parte líquida do sangue onde atópanse suspendidas as células sanguíneas. 
  • As plaquetas que axudan a que o sangue se coagule de forma adecuada. 
A través dunha transfusión administrase os componentes do sangue que se precisan, é dicir, nunha transfusión de sangue pódese administrar unicamente os compoñentes necesarios como poder ser a administración de glóbulos vermellos que é a máis frecuente, ou a administración completa de todos os compoñentes da sangue pero menos frecuente. 

Previo a administración da sangre téñense que coller as constantes vitais para poder coñecer modificacións que se podan producir como consecuencia da administración da mesma. Polo que previo a administración recolleranse temperatura, frecuencia cardíaca e tensión arterial para coñecer o estado do paciente. Posterior a administración volverán a recollerse a constantes para observar posibles consecuencias ou problemas como consecuencia da transfusión de sangue. Así mesmo, tras a administración da sangue pódese administrar furosemida. 

Qué é a furosemida?

A furosemida é un diurético do grupo das sulfonamidas. A súa función é aumentar a eliminación de orina ao igual que reducir a presión arterial polo que tamén funciona como antihipertensivo. O seu uso pode ser para edemas (hinchazón pola acumulación de líquidos) asociado a insuficiencia cardíaca congestiva, a cirrosis hepática (ascite) ou enfermidade renal, incluindo o síndrome nefrótico; edemas consecuencia a quemaduras ou para a hipertensión arterial leve ou moderada. 

Polo tanto a administración da furosemida posterior a transfusión sanguínea pode estar relacionada coa evitación de posibles edemas pulmonares, unha insuficiencia cardíaca ou unha posible hipertensión arterial debido a sobrecarga hemodinámica ocasionada pola transfusión. 

Complicacións

De forma xeral as transfusións de sangue non ocasionan complicacións pero, sin embargo, pódense producir, durante ou despois da administración, escalofríos, febre, urticaria, dor de cabeza ou espalda, mareos, dificultade para respirar ou incluso reaccións alérxicas. 

Ninguna de estas reacciones es común. Pueden o no ser parte de una reacción grave. Si experimenta alguna de ellas, informe a la enfermera. La transfusión se puede detener o se le puede administrar un medicamento antes de finalizar la transfusión.

No momento da administración é moi importante comprobar varias veces o grupo sanguíneo da persona a que se lle vai transfundir sangue e o grupo sanguíneo da bolsa que se lle vai a administrar, xa que como consecuencia da administración dun grupo sanguíneo diferente ao da persona receptora pódense producir graves consecuencias que poden solucionarse se a detección e o máis precoz posible. 

A sangue que se transfunde obtense mediante a doazón da mesma que poder ser por doazón propia, onde o paciente previo a un proceso quirúrxico leva a cabo un reservorio da sua sangue, ou tamén un familiar que presente o seu mesmo grupo sanguíneo pode levar a cabo unha reserva da sangue. Pero a doazón máis habitual é a anónima, e é a máis importante xa que todos os días precisase de sangue para poder ser transfundida polo que a doazón da mesma é unha das cousas máis importantes e que non supoñen un problema ni tampouco un risco para a saude. 

Cada día os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas, 1 transplante organos e 1.600 atencións nos hospitais de día e para iso precísanse de 400-500 doazóns de sangue diarias. 

Bibliografía

  1. Transfusión de sangre [Internet]. Mayoclinic.org. 2022 [citado o 12 de deciembre de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/blood-transfusion/about/pac-20385168
  2. PROSPECTO FUROSEMIDA SANDOZ 40 mg COMPRIMIDOS EFG [Internet]. Aemps.es. [citado o 12 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://cima.aemps.es/cima/dochtml/p/68077/P_68077.html
  3. Inicio - Agencia de Donación de Órganos y Sangre [Internet]. Sergas.es. [citado o 12 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://ados.sergas.es/Paxinas/web.aspx?idioma=es

Queimaduras

 Unha queimadura é unha lesión nos tecidos corporais a causa de calor, químicos, radiación ou electricidade. Tamén existe a queimadura debida á inhalación de fume ou partículas, que causará danos internos. (1)

No noso país, unhas 120.000 persoas sufren algún tipo de queimadura cada ano pero só un 5% precisarán coidados hospitalarios. Os datos de mortalidade debido a estas lesións atópanse en 200 persoas ao ano, incluindo todos os grupos de idade. Entre o 60 e o 80% das queimaduras, son producidas no ámbito doméstico, e un 15% no medio laboral. 

  • Ámbito doméstico: predominan as producidas por líquidos quentes (escaldaduras).
  • No medio laboral as máis frecuentes son por explosión e por llama.
(2)

Existen 3 tipos básicos de queimaduras: de primeiro, segundo e terceiro grado.
  • Imagen : grados de quemadura
    Queimadura de primeiro grado:
    • Afecta á epiderme (capa máis externa). Causa eritema e dor.
  • Queimadura de segundo grado: 
    • Afecta á derme e a epiderme (segunda capa e capa máis externa). Causa hinchazón. A queimadura pode verse vermella, branca ou moteada. A dor pode ser intensa e é común a formación de ampollas ou vesículas. Este grupo divídese en segundo grado superficiais, sendo as que causan máis dor; e segundo grado profundas, podendo non causar dor por afectación nerviosa e deixan cicatriz.
  • Queimadura de terceiro grado:
    • Destrúen a capa máis profunda, chegando á capa graxa e tecidos adxacentes. As zonas queimadas poden presentar cor negra, marrón, gris ou branca. Estas queimaduras destrúen nervios polo que non producen dor e causan entumecemento.
(3) 

As queimaduras poden causar hinchazón, ampollas, cicatrices e, nos casos máis graves, conmoción e mesmo a morte. Tamén poden provocar infeccións porque danan a barreira protectora da pel. O tratamento das queimaduras depende da causa, da súa profundidade e da extensión da área do corpo afectada. Os ungüentos antibióticos poden previr ou tratar infeccións. Para queimaduras máis graves, pode ser necesario un tratamento para limpar a ferida, substituír a pel e asegurarse de que o paciente reciba suficientes líquidos e nutrición. (1)


Que facer ante unha queimadura?

  • Enfriar a zona. Manter a zona queimada debaixo dunha corrente de auga, non debe ser moi fría nin se debe utilizar xeo. Tamén se pode aplicar unha compresa húmeda ata que desaparezan as molestias. 
  • Quitar aneis ou outros obxetos que estean na zona ou cerca da zona queimada antes de que comece a inflamarse.
  • Non romper as ampollas xa que protexen a capa máis interna da pel de infeccións. No caso de que rompa espontáneamente limpar a zona con auga e xabón suave, e opcionalmente aplicar cremas antibióticas.
  • Unha vez que se enfriara a queimadura pódense aplicar locións como as elaboradas con aloe vera, ou aquelas específicas para queimaduras como pode ser a Silvederma.
  • Colocar un vendaxe con gasas estériles e non moi apretado para previr o contacto con obxetos, superficies ou co aire.
  • Tomar analxésicos de venta libre para aliviar a dor.
  • En dependencia da gravidade da queimadura e da súa extensión, acudir a un centro de atención sanitaria. 
(4)


Bibliografía:
1: Quemaduras. MedlinePlus. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/burns.html

11.12.22

Cáncer de páncreas

O cáncer de páncreas é a terceira neoplasia máis frecuente do sistema dixestivo en España e a cuarta causa de morte por cáncer en países occidentais. Consiste básicamente na formación de células malignas (cancerosas) nos texidos do páncreas. Soe presentar un mal pronóstico debido a un diagnóstico tardío e a súa supervivenza sen tratamento é de 4 a 6 meses.   (1)

(2)

Existen dous tipos de cáncer de páncreas: (1) (2)

  • Adenocarcinoma pancreático, que constitúe o 90% das neoplasias malignas de páncreas 
  • Tumores quísticos de páncreas cun 10%.
Polo que imos a falar do adenocarcinoma pancreático pola súa importancia e gravidade. Estos tipos de neoplasias clasíficanse según a súa localización en:
  • Cabeza do páncreas nun 70%
  • Corpo e cola nun 30% (en casos de estadíos avanzados con presencia de metástase hepática ou carcinomatose peritoneal) 
Conta cos seguintes factores de risco: (1) (2)
  • Antecedentes familiares
  • Idade avanzada (>60 anos)
  • Sexo: máis frecuente en varóns
  • Tabaquismo
  • Obesidade
  • Dieta rica en grasas e pobre en vexetais
  • Alteracións xenéticas hereditarias (mutación do oncoxen K-ras)
  • Ocupacional: traballar na industria petroquímica en contacto con aminas aromáticas
  • Pancreatite crónica
  • Lesións premalignas: cistoadenoma mucinoso 
  • Gastrectomía parcial
Xeralmente, as fases iniciais do tumor son asintomáticas, e conforme avanza, presenta signos e síntomas similares a outras enfermidades, de ahí a que o seu pronóstico sexa tardío. Os síntomas máis comúns desta enfermidade son os seguintes: (1) (2)
  • Ictericia
  • Dor abdominal (que irradio ao cinturón)
  • Diarrea con esteatorrea
  • Diabetes mellitus
  • Síndrome constitucional (pérdida de peso, astenia e anorexia) e caquexia
  • Náuseas e vómitos
  • Hemorraxias
  • Sensación de cansancio
Dada a dificultade de diagnosticar esta enfermidade, empleanse varias probas para detectalo, entre as que destacan:(1) (2)
  • Ecografía
  • TAC con contraste intravenoso: avalía a localización e tamaño do tumor, así como a extensión local.
  • CPRE e ecoendoscopia, coa obtención de mostras para estudio citolóxico e xenético (mutación K-ras)
  • Confirmación histolóxica ou citolóxica
  • Cifras elevadas do marcador tumoral CA 19.9
Unha vez diagnosticado e avanzado o tumor, o tratamento máis eficaz é a cirurxía, que según a localización afectada, pode ser: (1)
  • Cabeza de páncreas: duodenopancreatectomía cefálica (DPC), que consiste na extirpación do páncreas, vesícula biliar, parte do duodeno e do estómago e ganglios proximais.
  • Corpo e cola: pancreatectomía total ou distal con ou sen extirpación do bazo. 
Pero, o 80% dos tumores non se poden operar, dado a que o 40% están localmente avanzados e o 40% xa presenta metástase. Normalmente, no caso de estar avanzado, se recomenda o tratamento de quimioterapia e radioterapia xunto cos fármacos necesarios en cada caso.

No papel da enfermería en coidados paliativos nun paciente con cáncer de páncreas avanzado, consistirá primeiro na valoración das 14 necesidades básicas de Virginia Henderson, observando o seu estado e estar atentos a posibles complicacións. Unha vez realizado, procederemos a elaboración dun plan de coidados acorde cas necesidades do paciente. 
Por exemplo, neste caso, a maioría dos pacientes con cáncer de páncreas presentan dor, polo que realizaremos accións como proporcionar ao paciente analxésicos prescritos para a dor, utilizar medidas de control da dor antes de que esta empeore, disminuír os factores que favorecen esa dor, etc... (3)




BIBLIOGRAFÍA

  1. Tratamiento del cáncer de páncreas en adultos (PDQ)-Versión para pacientes. Instituto nacional del cáncer. Consultado el 11-12. Disponible en: Tratamiento del cáncer de páncreas en adultos (PDQ®)–Versión para pacientes - NCI (cancer.gov)
  2. Cáncer de páncreas, Novedades en el diagnóstico y tratamiento. IntraMed. Consultado el 11-12. Disponible en: Cáncer de páncreas - Artículos - IntraMed
  3. Plan de cuidados de enfermería en paciente con neoplasia maligna de páncreas estadío IV. Caso clínico. Revista Electrónica de Portales Medicos.com. 6 de Mayo 2021. Consultado el 11-12. Disponible en: Plan de cuidados de enfermería en paciente con neoplasia maligna de páncreas estadío IV. Caso clínico - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)


10.12.22

Como prepararse para unha ciruxía

 Someterse a unha intervención cirúrxica é un feito que provoca ansiedade e estrés nos pacientes, sobre todo en aqueles que nunca foron operados. Surxen moitas dúbidas a cerca da preparación e tamén sobre a propia intervención, polo que enfermería debe informar correctamente a pacientes e familiares e así poder diminuir o seu nivel de estrés.


A planificación dunha intervención desarróllase en 5 etapas:

  1. Consulta co ciruxán
  2. Consuta de preanestesia
  3. A ciruxía
  4. Posoperatorio 
  5. Alta e revisións
Tanto o posoperatorio como a alta van a depender do tipo de ciruxía, é dicir, si necesita ingreso hospitalario ou se trata de ciruxía ambulatoria.

A consulta co ciruxán:
Explicanse os motivos da operación, as alternativas, os beneficios e os posibles riscos. O estrés do paciente reducirase ao explicarlle como se leva a cabo a intervención, os pasos que seguirán e canto durará.

Consentimiento informado:
Todos os pacientes que se sometan a unha intervención cirúrxica deben firmar o consentimento.
É un documento no que constan: 
  • Nome completo do paciente
  • Nome completo do ciruxán
  • Lugar onde se realizará a operación
  • Tipo de intervención e causa
  • Declaración de haber entendido e aceptado as explicacións recibidas
Consulta preanestésica
O anestesiólogo examina o historial médico e o estado do paciente co fin de encontrar a anestesia máis adecuada. Realízanse distintas probas como analítica, radiografías, electrocardiogramas ...
O anestesiólogo realiza tamén unha entrevista ao paciente indagando sobre os medicamentos que toma, se padece alerxias ou problemas de saúde.
(1)


Preoperatorio inmediato, como prepararse?
  • A hixiene persoal debe levarse a cabo de foma completa (corpo e cabeza) utilizando un xabón clorhexidina.
  • Debe establecerse un periodo de xaxún mínimo de 6 horas, evitando líquidos e tabaco.
  • Non levar maquillaxe nin laca de unllas a quirófano.
  • Si o paciente é portador de prótese removible como a dental, ou de outro tipo, debe retiralas antes de ir a quirófano.
  • Non levar xoias nin obxetos metálicos ou de valor a quirófano.
  • O paciente debe traer os seus medicamentos de toma habitual.
  • O paciente tomará a súa medicación habitual sempre e cando o persoal non lle indique o contrario.
  • Indagar en alerxias ou intolerancias alimentarias.
(2)

Coidados de enfermería a un paciente cirúrxico:
Cando se teña en coñecemento o parte do quirófano, informarase ao paciente e familia no orden no que vai a baixar, valorarase o seu grado de ansiedade e disminuiranse as súas preocupacións na medida do posible.
  • Vía venosa periférica
Preferiblemente en membro superior dereito e catéter non inferior ao 20. O ideal sería un 18.
  • Limpeza da zona intestinal
Sempre que a ciruxía sexa en zona abdominal e baixo criterio médico. Relízase mediante utilización de enemas, un a tarde anterior á intervención, e o segundo unhas horas antes da mesma.
  • Alimentación
Xaxún dende as 24.00h do día anterior.
  • Preparativos finais
Hixiene completa, rasurado do campo cirúrxico se fose necesario, toma de constantes vitais e retirada de xoias e próteses removibles. 
(3)


O Servizo de Medicina Preventiva do CHU Insular Materno-Infantil de Gran Canaria, realizou un vídeo sobre a recreación e análise dun incidente cirúrxico, recomendable para todo o persoal sanitario. 



Bibliografía:
1: Como prepararse ante una operación. Zona hospitalaria. Disponible en: https://zonahospitalaria.com/como-prepararse-ante-una-operacion-de-cirugia/
3: Preparación y cuidados del paciente quirúrgico. Enfermería práctica. Disponible en: https://enfermeriapractica.com/procedimientos/preparacion-y-cuidados-del-paciente-quirurgico
V1: Identificación y seguridad del paciente quirúrgico. Disponible en: https://youtu.be/Xgnui1O0BAU

9.12.22

A esquizofrenia

Nesta entrada, quero dar visibilidade as enfermidades mentais, sobre todo á esquizofrenia, considerada cunha índole social negativa, que afecta a case 400 mil españois e supoñendo a terceira causa de discapacidade entre a poboación de 15 a 44 anos. (1)

A esquizofrenia é unha enfermidade mental grave que afecta na forma de pensar, sentir e de comportarse dunha persoa, provocando distorsión de pensamentos e conductas agresivas. Trátase dunha enfermidade crónica que non se atribúe a ningunha causa pero comeza a relacionarse con factores xenéticos. (2) (3)


Presentan diversos síntomas, que polo xeral, soen comezar entre os 16 e 30 anos, despois de un primer episodio de psicosis. Agrúpanse os síntomas en tres grupos: (2) (3)

  • Síntomas psicóticos: afectan na forma de pensar, actuar e de percibir o mundo, cunha visión distorsionada do que lle rodea. Son síntomas como alucinacións, delirios, trastornos do pensamento e mesmo do movemento. 
  • Síntomas negativos: como a pérdida da motivación, interés ou disfrute das actividades cotidiáns, así como o apartarse da vida social, con dificultade de mostrar emocións.
  • Síntomas cognitivos: como son os problemas de atención, concentración e memoria. 

No tratamento da esquizofrenia, destacan os fármacos antipsicóticos, pola súa gran efectividade pero tamén o uso prolongado pode conducir a efectos secundarios como a aparición de discinesia tardía, unha enfermidade que provoca movementos repetitivos que a persoa non pode controlar. 

Ademais da medicación, tamén se recomenda as terapias de apoio, para o entrenamento de habilidades sociais por exemplo, e o apoio constante da familia e coidadores sanitarios. (1) (2) (3)

As intervencións de enfermería na fase aguda desta enfermidade son as seguintes: (2)

  • Administración do tratamento farmacolóxico, asegurando a súa toma.
  • Coidados físicos: hidratación, nutrición e hixiene.
  • Ante a aparición de ideas delirantes ou alucinacións, haberá de orientar ao paciente hacia a realidade, gañando a súa confianza e evitar discutir as alteracións do pensamento.
  • Ante a axitación, manterlle en calma, falándolle de forma suave e mantendo o contacto visual, en casos graves, se recurrirá á suxección mecánica.
  • Favorecer a reinserción social e animalo para acudir aos grupos de apoio. 


BIBLIOGRAFÍA

  1. Unas 400.000 personas padecen esquizofrenia en España. Servicio de Información sobre la discapacidad. 28 de Abril 2015. Consultado el 9-12. Disponible en: Unas 400.000 personas padecen esquizofrenia en España – SID (usal.es)
  2. Cuidados de Enfermería en la Esquizofrenia. Revista Electrónica de Portales médicos.com. 8 de Octubre 2017. Consultado el 9-12. Disponible en: Cuidados de Enfermería en la Esquizofrenia - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)
  3. La esquizofrenia. National Institute of Mental Health. Consultado el 9-12. Disponible en: NIMH » La esquizofrenia (nih.gov)

O conecta 72

Os coidados posteriores a unha alta continuan coa chamada de enfermería do centro de saude nun período menor de 72 horas, no chamado conecta 72.

O conecta 72 é un programa deseñado para conseguir que a información das altas hospitalarias dos pacientes de calqueira patoloxía sexa recibida, de forma automática, aos profesionais tanto de medicina como de enfermería dos centros de saúde. Ademáis de poder mellorar a continuidade asistencial a través da realización, nas primeiras 72 horas posteriores a alta, dunha consulta telefónica por parte do enfermeiro/a de atención primaria. 

A continuidade dos coidados é unha das parte máis importantes da asistencia ao paciente no que se produce unha coordinación eficaz entre os diferentes profesionais e organizacións para poder mellorar a calidade asistencial para os pacientes. 

Así mesmo esto mellora a comunicación entre a enfermeira de atención primaria e o paciente tras a alta hospitalaria, ao tempo que procurase a integración de profesionais de distintos niveis asistencias o que permitirá mellorar a continuidade dos coidados. Desta maneira prestase a cidadanía unha continuidade dos coidados que contribue a: 

  • Mellorar a calidade asistencial dos pacientes de alta. 
  • Aumentar a relación e confianza entre os pacientes e os profesionais da asistencia sanitaria. 
  • Facilitar e axilizar a integración e continuidade dos coidados dos pacientes tras a alta hospitalaria. 
  • Prevenir e intervir precozmente ante os problemas de sude tras a alta hospitalaria. 
  • Homoxeneizar a práctica asistencial tras a alta. 

Na chamada asistencial a enfermeira do centro de saude seguirá unhas pautas para poder comprobar todas as recomendacións da alta aportadas ao paciente, e poder detectar a súa vez complicacións ou problemas de xeito precoz. 

  1. Valoración dos diagnósticos pendentes de resolver. 
  2. Valoración do coñecemento e manexo da medicación prescita. 
  3. Valoración do coñecemento no manexo de drenaxes, curas, vías, sondas, osixenoterapia, orteses ou outros. 
  4. Xestión das citas de enfermería de atención primaria se fose necesario. 
  5. Confirmación e orientación das citas pendentes que aparecen no informe de alta. 
Toda a información obtida pola enfermería de atención primaria será recollida nun informe que estará ao alzance do resto dos profesionais de saude para poder coñecer a evolución posterior a alta do paciente. 

Bibliografía 

  1. de Saúde C de S-SG. Conecta 72 - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde [Internet]. Sergas.es. [citado o 9 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Conecta-72?idioma=es
  2. de Sanidade-SERGAS C. Página no operativa - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde [Internet]. Sergas.es. [citado o 9 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/A--Programa-Conecta-72

8.12.22

Falemos da fase do duelo

Unha das características clave do servizo de coidados paliativos é tratar con pacientes e familiares que están na fase do duelo. Nós como enfermeiros, temos un papel moi importante durante a etapa que está a vivir o paciente. Cumprindo cos estándares dos coidados paliativos, o noso primer obxectivo é aliviar a dor que pode padecer, mellorar o máximo posible a súa calidade de vida e prestarlle os coidados e a atención que necesite, proporcionándolle un ambiente cómodo e tranquilo, para levar a súa situación da mellor maneira posible.

O duelo é un proceso natural existente ante calquer pérdida. Consiste nun conxunto de diversas emocións, accións e expresións diferentes que experimenta unha persoa e que a axudan a aceptar a pérdida dun ser amado. É dicir, o duelo permite superar os sentimentos de angustia e vacío que xenera unha pérdida, ofrece unha vía para obter apoio físico e emocional, axuda a aceptar esa pérdida e vivir con ela. (1) (2) (4)

Cada persoa experimenta o duelo de maneira diferente, a duración e a intensidade das emocións varían entre as persoas.  




Kubler Ross, unha psiquiatra da súa época, definíu no seu libro ("On Death and Daying") que os pacientes moribundos atravesan por unha seria típica de respostas específicas moi coñecidas e identificadas a día de hoxe. (1)




FASES DO DUELO (1) (2) (3)

NEGACIÓN: Reacción esperada e transitoria que aparece como mecanismo de defensa coa función de amortiguar o sofremento. A persoa nega a realidade, polo que o noso papel de enfermeiros consiste en dar soporte verbal ao paciente sen reforzar a súa negación e iniciar unha relación de axuda de maneira que desemboque nunha evolución favorable.

IRA: impotencia e pérdida de control do que está sucedendo. Preséntanse sentimentos de rabia, envidia e resentimento que poden dirixirse hacia as persoas que rodean ao paciente. Polo que o noso propósito é explicarlle ao paciente e a familia que se trata dunha resposta normal polo que non se debe tomar como algo persoal, e proporcionarlle uns coidados estructurados e continuos para favorecer os sentimentos de seguridade.

NEGOCIACIÓN: intentos de negociación da súa morte coa figura espiritual que para el sexa representativa, tratando da súa boa conducta, a figura lle alargue a vida. Aparecen sentimentos de culpa ou medo ao castigo por pecados pasados, reais ou imaxinarios, polo que o noso propósito é escoitar con atención e animar ao paciente a que fale para aliviar a culpa e o medo irracional.

DEPRESIÓN: manifestación da tristeza polo que aconteceu e polas pérdidas que se van producindo (deterioro xeral). Nesta fase o papel dos enfermeiros é permitir que o paciente exprese toda a tristeza que sente e facer un bó uso da lenguaxe non verbal, imprescindible mostrar empatía nestes casos.

ACEPTACIÓN: sentimento de aceptación e resignación que aparece cando a morte está próxima. Polo que debemos de axudar á familia e amigos a comprender a menor necesidade de socialización do paciente.


INTERVENCIÓNS DA ENFERMERÍA (2)

  • Axudar e acompañar ao paciente e a familia no proceso do duelo.
  • Identificar se o paciente presenta dor e atender as súas necesidades físicas para lograr o confort que necesita.
  • Manter a capacidade de escoita.
  • Respetar e facilitar a expresión das emocións e sentimentos referidos ao proceso, tanto do paciente como como da súa familia.
  • Tolerar e aceptar a fase de negación.
  • Tolerar e aceptar a ira ou rabia, expresións de hostilidade, sen sentirse ofendido e fomentar a expresión de sentimentos.
  • Intentar desculpabilizar ao paciente na fase de negación.
  • Tolerar que chore e os sentimentos de desesperanza pola parte da familia e o paciente.
  • Axudar ao paciente a que pense en sí mesmo, e apoialo para que acuda a grupos de apoio ou consulta psicolóxica se o precisa. 

Coa conclusión de que nós como enfermeiros debemos saber identificar en qué fase se atopa cada paciente e ofrecerlle os coidados de maneira que se adapten as súas necesidades, contribuíndo ao seu benestar e confort durante o seu proceso final da vida. 


Vídeo youtube (5)



BIBLIOGRAFÍA

1) Atención al duelo en cuidados paliativos. Tech school of medicine. 29-07-22. Consultado el 8-12. Disponible en: TECH España - Blog TECH Universidad Tecnológica (techtitute.com)

2) Calviño García I, Hermosín Alcalde A, Pereira Jiménez E. El duelo y sus etapas. Intervenciones de Enfermería. Revista Electrónica de Portales Médicos.com 24-08-17. Consultado el 8-12. Disponible en: El duelo y sus etapas. Intervenciones de Enfermería - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)

3) Sánchez P. El profesional de la Enfermería en las etapas del duelo. Elservier.com. 2-10-13. Consultado el 8-12. Disponible en: El profesional de la Enfermería en las etapas del duelo (elsevier.com)

4) Duelo y pena. American cancer society. Consultado el 8-12. Disponible en: Duelo y pena (cancer.org)

5) Las 5 fases del duelo de Kubler Ross. Disponible en:  Las 5 fases del duelo de Kübler-Ross - YouTube


Cómo detectar un ictus?

Poucas persoas recoñecen os síntomas primarios dun ictus, o que sería de gran importancia xa que estamos ante unha patoloxía con altas incidencias.

  • 120.000 persoas en España ao ano sufren un ictus
  • Dos 120.000 casos anuais, 40.000 fallecen a causa das consecuencias do ictus
  • Según a Sociedade Española de Neuroloxía, é a primeira causa de morte en mulleres
  • Un ictus supón un coste directo de 2.000 millóns de euros ao ano, e un indirecto de 6.500 millóns de euros
  • Cada 3 segundos unha persoa padece un ictus en Europa e 1/3 fallecen
(1)

Qué é un Ictus?
Imagen 1: bloqueo en la carótida
É un accidente cerebrovascular, que sucede cando o fluxo sanguíneo a unha parte do cerebro se detén. Tamén pode ser denominado "Ataque cerebral".
Cando a circulación sanguínea se detén, o cerebro deixa de recibir osíxeno e nutrintes, o que provoca morte celular e, a consecuencia, un dano permanente.
Tamén pode suceder pola ruptura dun vaso sanguíneo cerebral.




Existen dous tipos de Accidentes Cerebrovasculares:

Imagen 2: tipos de ictus
- Isquémico
- Hemorráxico
- Tamén existe o ictus provocado por aterosclerose


Os Accidentes Cerebrovasculares isquémicos prodúcense cando un vaso sanguíneo que irriga ao cerebro se bloquea, pode darse pola formación dun coágulo (trombo) que chega á unha zona estreita ou pode producirse nunha zona distinta ao cerebro, soltarse e viaxar ata un vaso sanguíneo cerebral, o que recibe o nome de embolia cerebral. (2)


Imagen 3: trombo y émbolo


Como detectar un Ictus?
Os síntomas máis habituais son os seguintes:
  • Perda de forza na metade do corpo (cara, brazo e perna do mesmo lado)
  • Dificultade para falar
  • Perda de sensibilidade ou formigueos na metade do corpo
  • Perda de visión nun ollo
  • Dor de cabeza intenso e distinto do habitual
  • Desequilibrio, mareo e confusión
Probas de detección:
  • É capaz de sorrir correctamente? Un lado da boca pode ser asimétrico
  • Pode repetir unha frase? Pode non utilizar correctamente as palabras, ou padecer afasia
  • Pode levantar ambos brazos e mantelos en posición horizontal? 
(3,4)



É de gran importancia a detección precoz dun ictus xa que a chegada do paciente a un centro hospitalario nas primeiras 6 horas reduce as complicacións posteriores hasta nun 30%.







Bibliografía:
1: Los pacientes que han sufrido ictus en España durante la pandemia han sufrido mayores secuelas que en años anteriores. Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias. Disponible en: https://www.semes.org/los-pacientes-que-han-sufrido-ictus-en-espana-durante-la-pandemia-han-sufrido-mayores-secuelas-que-en-anos-anteriores/
2: Accidente cerebrovascular. MedlinePlus enciclopedia médica. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000726.htm
3: Cuáles son los síntomas de un ictus. Clínica universidad de Navarra. Disponible en: https://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/enfermedades/ictus
4: Qué es un código ictus. Rithmi. Disponible en: https://rithmi.com/que-es-un-codigo-ictus/
I1: Qué es un ictus. Rithmi. Disponible en: https://rithmi.com/que-es-un-ictus/
I2: Ictus. Sociedad Española de Medicina Interna. Disponible en: https://www.fesemi.org/informacion-pacientes/conozca-mejor-su-enfermedad/ictus
I3: Trombosis venosa profunda. Disponible en: https://www.drugs.com/cg_esp/trombosis-venosa-profunda-inpatient-care.html



7.12.22

A bomba de infusión analxésica

Cando a dor é crónica e complexa, o seu tratamento con fármacos orais, a ciruxía, os bloqueos nerviosos ou a terapia física non son suficientes, recurrirase ao uso da bomba de infusión de analxésicos que permite ao paciente administrar a analxesia de forma autónoma, polo que él mesmo e o que se encarga da administración. 

A técnica de analxesia controlada polo paciente (PCA) ou bomba de infusión de analxesia é un método de administración de analxésico, no que mediante unha bomba automática programable permitese ao paciente administrarse analxésico a demanda por medio dun pulsador, con ou sin infusión continua basal. Con esto preténdese conseguir un mellor control da dor e unha maior satisfacción para o paciente. Esta técnica empregase principalmente en pacientes con dor agudo, especialmente os de orixen postquirúrxico, como no caso da ciruxía cardíaca e vascular que posterior a unha amputación, por exemplo, os pacientes presentan dor constante que poden mitigar mediante o uso destes dispositivos. 

Os analxésicos máis empregados son os opioides os cales clasifícanse en diferentes graos de analxesia según o grao de dor do paciente. O SERGAS ten elaborado un protocolo no que se determina o tipo de analxesia para o paciente dependendo do seu grao de dor. Para iso a Unidade de Dor levará a cabo probas psicolóxicas e físicas para decidir se o paciente precisa de esta analxesia, o tipo de analxesia que precisa ou o tempo que permanecerá con ela. 

Aínda que principalmente a administración realizase por vía intravenosa atópanse outras vías que administran a analxesia dunha forma máis rápida, como poden ser a intratecal, epidural, transdérmica ou subcutánea. Pero a implantación da bomba e sempre a mesma xa que realizase de forma quirúrxica. 

Ademáis de controlar a dor, as bombas de infusión tamén permiten reducir e incluso retirar a medicación oral ou o uso de parches, xa que os fármacos actúan directamente no sistema nervioso polo que potencian o seu efecto interrumpindo a señais de dor antes de que estas cheguen ao cerebro. 

Esta técnica de analxesia controlada polo paciente presenta outros beneficios ademáis de calmar a dor, xa que as persoas sintense menos ansiosas e deprimidas debido a sensación de control do seu propio tratamento contra a dor.

As bombas conteñen o analxésico, estas atópanse conectadas por medio dun tubo a unha vena do corpo. No momento da sensación de dor o paciente pulsa o botón e a bomba administra unha dosis do medicamento. No momento en que se sinta a dor se premerá o bóton e se recibirá unha dosis do analxésico pero a bomba limitará a cantidade de analxésico adicional, é dicir, no momento que se prema o botón non se podrá volver a administrar outra nova dose ata o tempo determinado por cada bomba, dependendo das carácteristicas pautadas pola mesma, como pode ser a cantidad de analxésico administrada por minuto, o tipo de analxésico ou o seu efecto. 

Polo que a bomba pode programarse para administrar o medicamento de 2 formas diferentes:

  • Según necesidade, situación na que o paciente oprime o botón e administra a dose deseada de fármaco. Neste caso únicamente administrarase o fármaco no momento determinado tras pulsar o botón. 
  • De maneira continuada, na que o fármaco irá administrándose de forma constante todo o tempo. Pode combinarse co modo anterior, nos casos nos que se presenten moita dor, xa que a administración do medicamento será continuada e en momentos puntuais aumentarase a dose. 

Este tipo de analxesia fundamentase en que a dor é unha experiencia subxectiva e por tanto cada persoa e quen mellor coñece cando e cal e o seu nivel de dor. Polo que así conséguese individualizar as necesidades analxésicas, disminuir a ansiedade do paciente asociada a dor xa que permite o autocontrol inmediato.  


A medida que avanza no tempo a bomba de infusión analxésica necesitarase menos xa que cada vez a dor e menor. Para poder valorar o grao de dor empregase a escala EVA (Escala Visual Analóxica), mediante a cal podese observar a evolución e valorar cando se pode ir diminuindo a dosis ao paciente ou polo contrario se precisa unha dose maior. 



Bibliografía
  1. Dolor TVS. Bomba de infusión intratecal de analgésicos [Internet]. Tuvidasindolor. Tu vida sin dolor; 2014 [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.tuvidasindolor.es/bomba-de-infusion-intratecal-de-analgesicos/
  2. Tratamiento del dolor: Bomba de analgesia controlada por el paciente [Internet]. Cigna.com. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cigna.com/es-us/knowledge-center/hw/tratamiento-del-dolor-zx1143
  3. Fernández T, Anestesista R, Unidad D, Dolor M, Elena D, Dolor H, et al. DOCUMENTO DE TRABAJO. MANEJO DE PACIENTES CON DOLOR CRÓNICO EN ATENCIÓN PRIMARIA [Internet]. Sergas.es. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/cas/DocumentacionTecnica/docs/AtencionPrimaria/xappovi/MnxDoeDorCronAP.pdf
  4. Analgesia controlada por el paciente (PCA) [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 7 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/patient-controlled-analgesia-pca

Todo sobre a dor

Como as miñas prácticas son en coidados paliativos, quero falar acerca da importancia que ten a dor, sobre todo neste servicio, e o noso papel como enfermeiros para reducilo o máximo posible e brindarlle a atención que necesita o paciente na última etapa da súa vida.

O concepto da dor ten unha enorme complexidade e multitude de aspectos que presentan a dor, que ten un significado diferente para cada persoa, polo que dificulta encontrar unha definición exacta. (1) Porén, o significado que máis se acerca á perspectiva dende coidados paliativos, é a de que se trata dun síntoma subxectivo, único para cada persoa e momento, que depende da aprendizaxe, vivenza de cada persoa e pode ser modulado por distintas emocións, comportamentos ou fenómenos externos, e afecta a unha ou varias esferas da vida persoal (física, psicolóxica, social ou espiritual) (2). 


Polo que, nós como enfermeiros, nunca debemos cuestionar a dor que padece o paciente, e debemos focalizarnos en diminuír esa dor como sexa, co obxectivo do máximo benestar posible do paciente. 





GRADO DA DOR

Unha vez dado o concepto da dor, podemos medir o grado da dor en base as seguintes pautas: (3)

  • Qué está causando esa dor

  • Cánta dor ten

  • Qué tipo de dor

  • Qué empeora esa dor

  • Qué a mellora

  • Cando ou en qué situacións ten a dor


ESCALAS DE MEDICIÓN

Tamén existen diversas escalas para a evaluación da dor, como: (2)

  • Escala descriptiva simple: escala verbal, clasificando a dor en categorías con adxectivos (insorportábel, intenso, moderado, leve ou ausente) ou con números, de 0 (ningún tipo de dor) a 10 (a peor dor posíbel). 

  • Escala analógica visual (EVA)


  • Escala de grises de Luesher


  • Termómetro de dor de Iowa




TIPOS DE DOR

A dor podémola clasificar da seguinte maneira: (1)


  • Dor aguda: é o sinal de alarma do organismo agredido. A dor non garda relación coa lesión tisular que a provoca, pero alerta ao paciente cando a súa tolerancia á dor foi alcanzada. Este tipo de dor produce unha serie de efectos indeseábeis pero cunha duración corta, ben localizado, que se acompaña de ansiedade e signos físicos autonómicos ( taquicardia, náuseas, vómitos….)


  • Dor crónica benigna: aquel que persiste moito máis que o tempo normal de curación previsto polos tratamentos efectuados, que dura máis de 3 a 6 meses. Esta dor denomínase así, ao non estar asociada ao cáncer ou SIDA.


  • Dor crónica maligna: dor producida no paciente oncolóxico. Pode ser unha dor continua e constante. Esta dor tamén será agravada por unha serie de factores como: fatiga, anorexia, medo á morte, rabia, tristeza…

Este tipo de dor é a que nos enfrontamos en coidados paliativos.


  • Dor somática: procede de estímulos somáticos superficiais ou profundos que resulta da activación de nocireceptores e é transmitido polos nervios somáticos.


  • Dor visceral: aquela que é difusa e mal localizada, cuxo punto de partida son vísceras ocas ou parenquimatosas.

 

  • Dor por desaferentación: única dor que non é producida pola estimulación de nociceptores periféricos e que pode resultar dunha lesión do sistema nervioso periférico ou lesións no propio SNC. Na maioría de casos, a dor non coincide coa lesión neurolóxica sendo frecuente o retraso no tempo entre o dano neurolóxico e o inicio da dor.

  • Dor psicóxena: dor non orgánica, aparece como consecuencia de padecementos de orixe psíquica. Como os que se inclúen na neurosis e psicosis. 

 

COIDADOS PALIATIVOS

Pese a atoparse na última década da súa vida, a cura en moitos casos non sexa posíbel, a atención pola nosa parte é moi necesaria. Xa que o enfermeiro pasa moito tempo co paciente, pendente sempre da toma da súa medicación, das constantes vitais, como vai progresando a enfermidade, como se atopa anímicamente o enfermo, e un largo etc…


Polo que, levaremos a cabo, a grandes rasgos, as seguintes funcións: (4)

  • Proporcionar todos os coidados e atencións necesarias para que o enfermo viva os días coa mellor calidade e o maior benestar posible. Para iso, debemos escoitar sempre as peticións do paciente.


  • Administrar os tratamentos farmacolóxicos e físicos adecuados. 

Os fármacos máis utilizados na miña experiencia son os seguintes: (2)

  • Analxésicos: paracetamol, ibuprofeno, ácido acetilsalicílico, nolotil (metamizol).. 

  • Sedantes: midazolam, diazepam, alprazolam, clonazepam..

  • Buscapina: relaxación da musculatura lisa. Pautado naqueles que presenten inquietude ou axitación. 

  • Bentaclofeno: relaxación da musculatura esquelética. Mesma función que a buscapina. 

  • Antiémeticos (reducen náuseas e vómitos): ondasentrón, metoclopramida (primperan), droperidol…

  • Diuréticos: furosemida, metalozona…

  • Morfina: moi utilizado para aliviar a dor.


  • Controlar e monitorizar calquer cambio que se poida producir na enfermidade ou no estado do paciente.


  • Moi importante dar o apoio necesario e guiar ao paciente e a súa familia sobre as recomendacións en coidados, alimentación, aseo persoal, descanso, actividade física, e sobre todo, o duelo. 



BIBLIOGRAFÍA