8.12.22

Cómo detectar un ictus?

Poucas persoas recoñecen os síntomas primarios dun ictus, o que sería de gran importancia xa que estamos ante unha patoloxía con altas incidencias.

  • 120.000 persoas en España ao ano sufren un ictus
  • Dos 120.000 casos anuais, 40.000 fallecen a causa das consecuencias do ictus
  • Según a Sociedade Española de Neuroloxía, é a primeira causa de morte en mulleres
  • Un ictus supón un coste directo de 2.000 millóns de euros ao ano, e un indirecto de 6.500 millóns de euros
  • Cada 3 segundos unha persoa padece un ictus en Europa e 1/3 fallecen
(1)

Qué é un Ictus?
Imagen 1: bloqueo en la carótida
É un accidente cerebrovascular, que sucede cando o fluxo sanguíneo a unha parte do cerebro se detén. Tamén pode ser denominado "Ataque cerebral".
Cando a circulación sanguínea se detén, o cerebro deixa de recibir osíxeno e nutrintes, o que provoca morte celular e, a consecuencia, un dano permanente.
Tamén pode suceder pola ruptura dun vaso sanguíneo cerebral.




Existen dous tipos de Accidentes Cerebrovasculares:

Imagen 2: tipos de ictus
- Isquémico
- Hemorráxico
- Tamén existe o ictus provocado por aterosclerose


Os Accidentes Cerebrovasculares isquémicos prodúcense cando un vaso sanguíneo que irriga ao cerebro se bloquea, pode darse pola formación dun coágulo (trombo) que chega á unha zona estreita ou pode producirse nunha zona distinta ao cerebro, soltarse e viaxar ata un vaso sanguíneo cerebral, o que recibe o nome de embolia cerebral. (2)


Imagen 3: trombo y émbolo


Como detectar un Ictus?
Os síntomas máis habituais son os seguintes:
  • Perda de forza na metade do corpo (cara, brazo e perna do mesmo lado)
  • Dificultade para falar
  • Perda de sensibilidade ou formigueos na metade do corpo
  • Perda de visión nun ollo
  • Dor de cabeza intenso e distinto do habitual
  • Desequilibrio, mareo e confusión
Probas de detección:
  • É capaz de sorrir correctamente? Un lado da boca pode ser asimétrico
  • Pode repetir unha frase? Pode non utilizar correctamente as palabras, ou padecer afasia
  • Pode levantar ambos brazos e mantelos en posición horizontal? 
(3,4)



É de gran importancia a detección precoz dun ictus xa que a chegada do paciente a un centro hospitalario nas primeiras 6 horas reduce as complicacións posteriores hasta nun 30%.







Bibliografía:
1: Los pacientes que han sufrido ictus en España durante la pandemia han sufrido mayores secuelas que en años anteriores. Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias. Disponible en: https://www.semes.org/los-pacientes-que-han-sufrido-ictus-en-espana-durante-la-pandemia-han-sufrido-mayores-secuelas-que-en-anos-anteriores/
2: Accidente cerebrovascular. MedlinePlus enciclopedia médica. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000726.htm
3: Cuáles son los síntomas de un ictus. Clínica universidad de Navarra. Disponible en: https://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/enfermedades/ictus
4: Qué es un código ictus. Rithmi. Disponible en: https://rithmi.com/que-es-un-codigo-ictus/
I1: Qué es un ictus. Rithmi. Disponible en: https://rithmi.com/que-es-un-ictus/
I2: Ictus. Sociedad Española de Medicina Interna. Disponible en: https://www.fesemi.org/informacion-pacientes/conozca-mejor-su-enfermedad/ictus
I3: Trombosis venosa profunda. Disponible en: https://www.drugs.com/cg_esp/trombosis-venosa-profunda-inpatient-care.html



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.