11.12.22

Cáncer de páncreas

O cáncer de páncreas é a terceira neoplasia máis frecuente do sistema dixestivo en España e a cuarta causa de morte por cáncer en países occidentais. Consiste básicamente na formación de células malignas (cancerosas) nos texidos do páncreas. Soe presentar un mal pronóstico debido a un diagnóstico tardío e a súa supervivenza sen tratamento é de 4 a 6 meses.   (1)

(2)

Existen dous tipos de cáncer de páncreas: (1) (2)

  • Adenocarcinoma pancreático, que constitúe o 90% das neoplasias malignas de páncreas 
  • Tumores quísticos de páncreas cun 10%.
Polo que imos a falar do adenocarcinoma pancreático pola súa importancia e gravidade. Estos tipos de neoplasias clasíficanse según a súa localización en:
  • Cabeza do páncreas nun 70%
  • Corpo e cola nun 30% (en casos de estadíos avanzados con presencia de metástase hepática ou carcinomatose peritoneal) 
Conta cos seguintes factores de risco: (1) (2)
  • Antecedentes familiares
  • Idade avanzada (>60 anos)
  • Sexo: máis frecuente en varóns
  • Tabaquismo
  • Obesidade
  • Dieta rica en grasas e pobre en vexetais
  • Alteracións xenéticas hereditarias (mutación do oncoxen K-ras)
  • Ocupacional: traballar na industria petroquímica en contacto con aminas aromáticas
  • Pancreatite crónica
  • Lesións premalignas: cistoadenoma mucinoso 
  • Gastrectomía parcial
Xeralmente, as fases iniciais do tumor son asintomáticas, e conforme avanza, presenta signos e síntomas similares a outras enfermidades, de ahí a que o seu pronóstico sexa tardío. Os síntomas máis comúns desta enfermidade son os seguintes: (1) (2)
  • Ictericia
  • Dor abdominal (que irradio ao cinturón)
  • Diarrea con esteatorrea
  • Diabetes mellitus
  • Síndrome constitucional (pérdida de peso, astenia e anorexia) e caquexia
  • Náuseas e vómitos
  • Hemorraxias
  • Sensación de cansancio
Dada a dificultade de diagnosticar esta enfermidade, empleanse varias probas para detectalo, entre as que destacan:(1) (2)
  • Ecografía
  • TAC con contraste intravenoso: avalía a localización e tamaño do tumor, así como a extensión local.
  • CPRE e ecoendoscopia, coa obtención de mostras para estudio citolóxico e xenético (mutación K-ras)
  • Confirmación histolóxica ou citolóxica
  • Cifras elevadas do marcador tumoral CA 19.9
Unha vez diagnosticado e avanzado o tumor, o tratamento máis eficaz é a cirurxía, que según a localización afectada, pode ser: (1)
  • Cabeza de páncreas: duodenopancreatectomía cefálica (DPC), que consiste na extirpación do páncreas, vesícula biliar, parte do duodeno e do estómago e ganglios proximais.
  • Corpo e cola: pancreatectomía total ou distal con ou sen extirpación do bazo. 
Pero, o 80% dos tumores non se poden operar, dado a que o 40% están localmente avanzados e o 40% xa presenta metástase. Normalmente, no caso de estar avanzado, se recomenda o tratamento de quimioterapia e radioterapia xunto cos fármacos necesarios en cada caso.

No papel da enfermería en coidados paliativos nun paciente con cáncer de páncreas avanzado, consistirá primeiro na valoración das 14 necesidades básicas de Virginia Henderson, observando o seu estado e estar atentos a posibles complicacións. Unha vez realizado, procederemos a elaboración dun plan de coidados acorde cas necesidades do paciente. 
Por exemplo, neste caso, a maioría dos pacientes con cáncer de páncreas presentan dor, polo que realizaremos accións como proporcionar ao paciente analxésicos prescritos para a dor, utilizar medidas de control da dor antes de que esta empeore, disminuír os factores que favorecen esa dor, etc... (3)




BIBLIOGRAFÍA

  1. Tratamiento del cáncer de páncreas en adultos (PDQ)-Versión para pacientes. Instituto nacional del cáncer. Consultado el 11-12. Disponible en: Tratamiento del cáncer de páncreas en adultos (PDQ®)–Versión para pacientes - NCI (cancer.gov)
  2. Cáncer de páncreas, Novedades en el diagnóstico y tratamiento. IntraMed. Consultado el 11-12. Disponible en: Cáncer de páncreas - Artículos - IntraMed
  3. Plan de cuidados de enfermería en paciente con neoplasia maligna de páncreas estadío IV. Caso clínico. Revista Electrónica de Portales Medicos.com. 6 de Mayo 2021. Consultado el 11-12. Disponible en: Plan de cuidados de enfermería en paciente con neoplasia maligna de páncreas estadío IV. Caso clínico - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.