Nesta entrada, quero dar visibilidade as enfermidades mentais, sobre todo á esquizofrenia, considerada cunha índole social negativa, que afecta a case 400 mil españois e supoñendo a terceira causa de discapacidade entre a poboación de 15 a 44 anos. (1)
A esquizofrenia é unha enfermidade mental grave que afecta na forma de pensar, sentir e de comportarse dunha persoa, provocando distorsión de pensamentos e conductas agresivas. Trátase dunha enfermidade crónica que non se atribúe a ningunha causa pero comeza a relacionarse con factores xenéticos. (2) (3)
Presentan diversos síntomas, que polo xeral, soen comezar entre os 16 e 30 anos, despois de un primer episodio de psicosis. Agrúpanse os síntomas en tres grupos: (2) (3)
- Síntomas psicóticos: afectan na forma de pensar, actuar e de percibir o mundo, cunha visión distorsionada do que lle rodea. Son síntomas como alucinacións, delirios, trastornos do pensamento e mesmo do movemento.
- Síntomas negativos: como a pérdida da motivación, interés ou disfrute das actividades cotidiáns, así como o apartarse da vida social, con dificultade de mostrar emocións.
- Síntomas cognitivos: como son os problemas de atención, concentración e memoria.
No tratamento da esquizofrenia, destacan os fármacos antipsicóticos, pola súa gran efectividade pero tamén o uso prolongado pode conducir a efectos secundarios como a aparición de discinesia tardía, unha enfermidade que provoca movementos repetitivos que a persoa non pode controlar.
Ademais da medicación, tamén se recomenda as terapias de apoio, para o entrenamento de habilidades sociais por exemplo, e o apoio constante da familia e coidadores sanitarios. (1) (2) (3)
As intervencións de enfermería na fase aguda desta enfermidade son as seguintes: (2)
- Administración do tratamento farmacolóxico, asegurando a súa toma.
- Coidados físicos: hidratación, nutrición e hixiene.
- Ante a aparición de ideas delirantes ou alucinacións, haberá de orientar ao paciente hacia a realidade, gañando a súa confianza e evitar discutir as alteracións do pensamento.
- Ante a axitación, manterlle en calma, falándolle de forma suave e mantendo o contacto visual, en casos graves, se recurrirá á suxección mecánica.
- Favorecer a reinserción social e animalo para acudir aos grupos de apoio.
BIBLIOGRAFÍA
- Unas 400.000 personas padecen esquizofrenia en España. Servicio de Información sobre la discapacidad. 28 de Abril 2015. Consultado el 9-12. Disponible en: Unas 400.000 personas padecen esquizofrenia en España – SID (usal.es)
- Cuidados de Enfermería en la Esquizofrenia. Revista Electrónica de Portales médicos.com. 8 de Octubre 2017. Consultado el 9-12. Disponible en: Cuidados de Enfermería en la Esquizofrenia - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)
- La esquizofrenia. National Institute of Mental Health. Consultado el 9-12. Disponible en: NIMH » La esquizofrenia (nih.gov)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.