12.12.22

Queimaduras

 Unha queimadura é unha lesión nos tecidos corporais a causa de calor, químicos, radiación ou electricidade. Tamén existe a queimadura debida á inhalación de fume ou partículas, que causará danos internos. (1)

No noso país, unhas 120.000 persoas sufren algún tipo de queimadura cada ano pero só un 5% precisarán coidados hospitalarios. Os datos de mortalidade debido a estas lesións atópanse en 200 persoas ao ano, incluindo todos os grupos de idade. Entre o 60 e o 80% das queimaduras, son producidas no ámbito doméstico, e un 15% no medio laboral. 

  • Ámbito doméstico: predominan as producidas por líquidos quentes (escaldaduras).
  • No medio laboral as máis frecuentes son por explosión e por llama.
(2)

Existen 3 tipos básicos de queimaduras: de primeiro, segundo e terceiro grado.
  • Imagen : grados de quemadura
    Queimadura de primeiro grado:
    • Afecta á epiderme (capa máis externa). Causa eritema e dor.
  • Queimadura de segundo grado: 
    • Afecta á derme e a epiderme (segunda capa e capa máis externa). Causa hinchazón. A queimadura pode verse vermella, branca ou moteada. A dor pode ser intensa e é común a formación de ampollas ou vesículas. Este grupo divídese en segundo grado superficiais, sendo as que causan máis dor; e segundo grado profundas, podendo non causar dor por afectación nerviosa e deixan cicatriz.
  • Queimadura de terceiro grado:
    • Destrúen a capa máis profunda, chegando á capa graxa e tecidos adxacentes. As zonas queimadas poden presentar cor negra, marrón, gris ou branca. Estas queimaduras destrúen nervios polo que non producen dor e causan entumecemento.
(3) 

As queimaduras poden causar hinchazón, ampollas, cicatrices e, nos casos máis graves, conmoción e mesmo a morte. Tamén poden provocar infeccións porque danan a barreira protectora da pel. O tratamento das queimaduras depende da causa, da súa profundidade e da extensión da área do corpo afectada. Os ungüentos antibióticos poden previr ou tratar infeccións. Para queimaduras máis graves, pode ser necesario un tratamento para limpar a ferida, substituír a pel e asegurarse de que o paciente reciba suficientes líquidos e nutrición. (1)


Que facer ante unha queimadura?

  • Enfriar a zona. Manter a zona queimada debaixo dunha corrente de auga, non debe ser moi fría nin se debe utilizar xeo. Tamén se pode aplicar unha compresa húmeda ata que desaparezan as molestias. 
  • Quitar aneis ou outros obxetos que estean na zona ou cerca da zona queimada antes de que comece a inflamarse.
  • Non romper as ampollas xa que protexen a capa máis interna da pel de infeccións. No caso de que rompa espontáneamente limpar a zona con auga e xabón suave, e opcionalmente aplicar cremas antibióticas.
  • Unha vez que se enfriara a queimadura pódense aplicar locións como as elaboradas con aloe vera, ou aquelas específicas para queimaduras como pode ser a Silvederma.
  • Colocar un vendaxe con gasas estériles e non moi apretado para previr o contacto con obxetos, superficies ou co aire.
  • Tomar analxésicos de venta libre para aliviar a dor.
  • En dependencia da gravidade da queimadura e da súa extensión, acudir a un centro de atención sanitaria. 
(4)


Bibliografía:
1: Quemaduras. MedlinePlus. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/burns.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.