Unha transfusión de sangue é unha transferencia de sangue ou de un dos seus compoñentes desde unha persona sá (donante) a unha persona enferma (donante). Este procedemento consiste en reemplazar a sangue que se perde a causa dunha ciruxía, lesión, enfermidade ou trastorno hemorrágico, entre outros. Tamén pode ser util cando unha enfermidade impide que o corpo produza sangue ou algúns componentes sanguíneos de forma adecuada.
Qué forma a sangue?
- Glóbulos vermellos que son os encargados de transportar oxíseno e axudan a eliminar a sustancias de desfeito.
- Glóbulos brancos que axudan ao corpo a combatir as infeccións.
- O plasma, a parte líquida do sangue onde atópanse suspendidas as células sanguíneas.
- As plaquetas que axudan a que o sangue se coagule de forma adecuada.
Previo a administración da sangre téñense que coller as constantes vitais para poder coñecer modificacións que se podan producir como consecuencia da administración da mesma. Polo que previo a administración recolleranse temperatura, frecuencia cardíaca e tensión arterial para coñecer o estado do paciente. Posterior a administración volverán a recollerse a constantes para observar posibles consecuencias ou problemas como consecuencia da transfusión de sangue. Así mesmo, tras a administración da sangue pódese administrar furosemida.
Qué é a furosemida?
A furosemida é un diurético do grupo das sulfonamidas. A súa función é aumentar a eliminación de orina ao igual que reducir a presión arterial polo que tamén funciona como antihipertensivo. O seu uso pode ser para edemas (hinchazón pola acumulación de líquidos) asociado a insuficiencia cardíaca congestiva, a cirrosis hepática (ascite) ou enfermidade renal, incluindo o síndrome nefrótico; edemas consecuencia a quemaduras ou para a hipertensión arterial leve ou moderada.
Polo tanto a administración da furosemida posterior a transfusión sanguínea pode estar relacionada coa evitación de posibles edemas pulmonares, unha insuficiencia cardíaca ou unha posible hipertensión arterial debido a sobrecarga hemodinámica ocasionada pola transfusión.
Complicacións
De forma xeral as transfusións de sangue non ocasionan complicacións pero, sin embargo, pódense producir, durante ou despois da administración, escalofríos, febre, urticaria, dor de cabeza ou espalda, mareos, dificultade para respirar ou incluso reaccións alérxicas.
Ninguna de estas reacciones es común. Pueden o no ser parte de una reacción grave. Si experimenta alguna de ellas, informe a la enfermera. La transfusión se puede detener o se le puede administrar un medicamento antes de finalizar la transfusión.
No momento da administración é moi importante comprobar varias veces o grupo sanguíneo da persona a que se lle vai transfundir sangue e o grupo sanguíneo da bolsa que se lle vai a administrar, xa que como consecuencia da administración dun grupo sanguíneo diferente ao da persona receptora pódense producir graves consecuencias que poden solucionarse se a detección e o máis precoz posible.
A sangue que se transfunde obtense mediante a doazón da mesma que poder ser por doazón propia, onde o paciente previo a un proceso quirúrxico leva a cabo un reservorio da sua sangue, ou tamén un familiar que presente o seu mesmo grupo sanguíneo pode levar a cabo unha reserva da sangue. Pero a doazón máis habitual é a anónima, e é a máis importante xa que todos os días precisase de sangue para poder ser transfundida polo que a doazón da mesma é unha das cousas máis importantes e que non supoñen un problema ni tampouco un risco para a saude.
Cada día os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas, 1 transplante organos e 1.600 atencións nos hospitais de día e para iso precísanse de 400-500 doazóns de sangue diarias.
Bibliografía- Transfusión de sangre [Internet]. Mayoclinic.org. 2022 [citado o 12 de deciembre de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/blood-transfusion/about/pac-20385168
- PROSPECTO FUROSEMIDA SANDOZ 40 mg COMPRIMIDOS EFG [Internet]. Aemps.es. [citado o 12 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://cima.aemps.es/cima/dochtml/p/68077/P_68077.html
- Inicio - Agencia de Donación de Órganos y Sangre [Internet]. Sergas.es. [citado o 12 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://ados.sergas.es/Paxinas/web.aspx?idioma=es