8.12.22

Falemos da fase do duelo

Unha das características clave do servizo de coidados paliativos é tratar con pacientes e familiares que están na fase do duelo. Nós como enfermeiros, temos un papel moi importante durante a etapa que está a vivir o paciente. Cumprindo cos estándares dos coidados paliativos, o noso primer obxectivo é aliviar a dor que pode padecer, mellorar o máximo posible a súa calidade de vida e prestarlle os coidados e a atención que necesite, proporcionándolle un ambiente cómodo e tranquilo, para levar a súa situación da mellor maneira posible.

O duelo é un proceso natural existente ante calquer pérdida. Consiste nun conxunto de diversas emocións, accións e expresións diferentes que experimenta unha persoa e que a axudan a aceptar a pérdida dun ser amado. É dicir, o duelo permite superar os sentimentos de angustia e vacío que xenera unha pérdida, ofrece unha vía para obter apoio físico e emocional, axuda a aceptar esa pérdida e vivir con ela. (1) (2) (4)

Cada persoa experimenta o duelo de maneira diferente, a duración e a intensidade das emocións varían entre as persoas.  




Kubler Ross, unha psiquiatra da súa época, definíu no seu libro ("On Death and Daying") que os pacientes moribundos atravesan por unha seria típica de respostas específicas moi coñecidas e identificadas a día de hoxe. (1)




FASES DO DUELO (1) (2) (3)

NEGACIÓN: Reacción esperada e transitoria que aparece como mecanismo de defensa coa función de amortiguar o sofremento. A persoa nega a realidade, polo que o noso papel de enfermeiros consiste en dar soporte verbal ao paciente sen reforzar a súa negación e iniciar unha relación de axuda de maneira que desemboque nunha evolución favorable.

IRA: impotencia e pérdida de control do que está sucedendo. Preséntanse sentimentos de rabia, envidia e resentimento que poden dirixirse hacia as persoas que rodean ao paciente. Polo que o noso propósito é explicarlle ao paciente e a familia que se trata dunha resposta normal polo que non se debe tomar como algo persoal, e proporcionarlle uns coidados estructurados e continuos para favorecer os sentimentos de seguridade.

NEGOCIACIÓN: intentos de negociación da súa morte coa figura espiritual que para el sexa representativa, tratando da súa boa conducta, a figura lle alargue a vida. Aparecen sentimentos de culpa ou medo ao castigo por pecados pasados, reais ou imaxinarios, polo que o noso propósito é escoitar con atención e animar ao paciente a que fale para aliviar a culpa e o medo irracional.

DEPRESIÓN: manifestación da tristeza polo que aconteceu e polas pérdidas que se van producindo (deterioro xeral). Nesta fase o papel dos enfermeiros é permitir que o paciente exprese toda a tristeza que sente e facer un bó uso da lenguaxe non verbal, imprescindible mostrar empatía nestes casos.

ACEPTACIÓN: sentimento de aceptación e resignación que aparece cando a morte está próxima. Polo que debemos de axudar á familia e amigos a comprender a menor necesidade de socialización do paciente.


INTERVENCIÓNS DA ENFERMERÍA (2)

  • Axudar e acompañar ao paciente e a familia no proceso do duelo.
  • Identificar se o paciente presenta dor e atender as súas necesidades físicas para lograr o confort que necesita.
  • Manter a capacidade de escoita.
  • Respetar e facilitar a expresión das emocións e sentimentos referidos ao proceso, tanto do paciente como como da súa familia.
  • Tolerar e aceptar a fase de negación.
  • Tolerar e aceptar a ira ou rabia, expresións de hostilidade, sen sentirse ofendido e fomentar a expresión de sentimentos.
  • Intentar desculpabilizar ao paciente na fase de negación.
  • Tolerar que chore e os sentimentos de desesperanza pola parte da familia e o paciente.
  • Axudar ao paciente a que pense en sí mesmo, e apoialo para que acuda a grupos de apoio ou consulta psicolóxica se o precisa. 

Coa conclusión de que nós como enfermeiros debemos saber identificar en qué fase se atopa cada paciente e ofrecerlle os coidados de maneira que se adapten as súas necesidades, contribuíndo ao seu benestar e confort durante o seu proceso final da vida. 


Vídeo youtube (5)



BIBLIOGRAFÍA

1) Atención al duelo en cuidados paliativos. Tech school of medicine. 29-07-22. Consultado el 8-12. Disponible en: TECH España - Blog TECH Universidad Tecnológica (techtitute.com)

2) Calviño García I, Hermosín Alcalde A, Pereira Jiménez E. El duelo y sus etapas. Intervenciones de Enfermería. Revista Electrónica de Portales Médicos.com 24-08-17. Consultado el 8-12. Disponible en: El duelo y sus etapas. Intervenciones de Enfermería - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)

3) Sánchez P. El profesional de la Enfermería en las etapas del duelo. Elservier.com. 2-10-13. Consultado el 8-12. Disponible en: El profesional de la Enfermería en las etapas del duelo (elsevier.com)

4) Duelo y pena. American cancer society. Consultado el 8-12. Disponible en: Duelo y pena (cancer.org)

5) Las 5 fases del duelo de Kubler Ross. Disponible en:  Las 5 fases del duelo de Kübler-Ross - YouTube


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.