10.12.22

Como prepararse para unha ciruxía

 Someterse a unha intervención cirúrxica é un feito que provoca ansiedade e estrés nos pacientes, sobre todo en aqueles que nunca foron operados. Surxen moitas dúbidas a cerca da preparación e tamén sobre a propia intervención, polo que enfermería debe informar correctamente a pacientes e familiares e así poder diminuir o seu nivel de estrés.


A planificación dunha intervención desarróllase en 5 etapas:

  1. Consulta co ciruxán
  2. Consuta de preanestesia
  3. A ciruxía
  4. Posoperatorio 
  5. Alta e revisións
Tanto o posoperatorio como a alta van a depender do tipo de ciruxía, é dicir, si necesita ingreso hospitalario ou se trata de ciruxía ambulatoria.

A consulta co ciruxán:
Explicanse os motivos da operación, as alternativas, os beneficios e os posibles riscos. O estrés do paciente reducirase ao explicarlle como se leva a cabo a intervención, os pasos que seguirán e canto durará.

Consentimiento informado:
Todos os pacientes que se sometan a unha intervención cirúrxica deben firmar o consentimento.
É un documento no que constan: 
  • Nome completo do paciente
  • Nome completo do ciruxán
  • Lugar onde se realizará a operación
  • Tipo de intervención e causa
  • Declaración de haber entendido e aceptado as explicacións recibidas
Consulta preanestésica
O anestesiólogo examina o historial médico e o estado do paciente co fin de encontrar a anestesia máis adecuada. Realízanse distintas probas como analítica, radiografías, electrocardiogramas ...
O anestesiólogo realiza tamén unha entrevista ao paciente indagando sobre os medicamentos que toma, se padece alerxias ou problemas de saúde.
(1)


Preoperatorio inmediato, como prepararse?
  • A hixiene persoal debe levarse a cabo de foma completa (corpo e cabeza) utilizando un xabón clorhexidina.
  • Debe establecerse un periodo de xaxún mínimo de 6 horas, evitando líquidos e tabaco.
  • Non levar maquillaxe nin laca de unllas a quirófano.
  • Si o paciente é portador de prótese removible como a dental, ou de outro tipo, debe retiralas antes de ir a quirófano.
  • Non levar xoias nin obxetos metálicos ou de valor a quirófano.
  • O paciente debe traer os seus medicamentos de toma habitual.
  • O paciente tomará a súa medicación habitual sempre e cando o persoal non lle indique o contrario.
  • Indagar en alerxias ou intolerancias alimentarias.
(2)

Coidados de enfermería a un paciente cirúrxico:
Cando se teña en coñecemento o parte do quirófano, informarase ao paciente e familia no orden no que vai a baixar, valorarase o seu grado de ansiedade e disminuiranse as súas preocupacións na medida do posible.
  • Vía venosa periférica
Preferiblemente en membro superior dereito e catéter non inferior ao 20. O ideal sería un 18.
  • Limpeza da zona intestinal
Sempre que a ciruxía sexa en zona abdominal e baixo criterio médico. Relízase mediante utilización de enemas, un a tarde anterior á intervención, e o segundo unhas horas antes da mesma.
  • Alimentación
Xaxún dende as 24.00h do día anterior.
  • Preparativos finais
Hixiene completa, rasurado do campo cirúrxico se fose necesario, toma de constantes vitais e retirada de xoias e próteses removibles. 
(3)


O Servizo de Medicina Preventiva do CHU Insular Materno-Infantil de Gran Canaria, realizou un vídeo sobre a recreación e análise dun incidente cirúrxico, recomendable para todo o persoal sanitario. 



Bibliografía:
1: Como prepararse ante una operación. Zona hospitalaria. Disponible en: https://zonahospitalaria.com/como-prepararse-ante-una-operacion-de-cirugia/
3: Preparación y cuidados del paciente quirúrgico. Enfermería práctica. Disponible en: https://enfermeriapractica.com/procedimientos/preparacion-y-cuidados-del-paciente-quirurgico
V1: Identificación y seguridad del paciente quirúrgico. Disponible en: https://youtu.be/Xgnui1O0BAU

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.