5.12.22

As 14 necesidades básicas de Virginia Henderson

Virginia Henderson nada no siglo XIX, foi unha enfermeira exemplar que dedicou a súa vida á práctica e investigación da enfermaría. Esta dedicación deu resultado a teorías e fundamentos que se aplican hoxe en día, como as 14 necesidades básicas do paciente. 

As necesidades de Virginia Henderson é un modelo que define o enfoque da práctica enfermeira centrándose nas necesidades humanas básicas, co obxectivo de buscar a independencia do paciente na súa recuperación para acelerar a súa melloría. 

A continuación, as 14 necesidades:

1. Respirar con normalidade. A enfermeira debe identificar os posibles convenientes que poidan acontecer. Isto comprende as posturas corporais correctas, valorar o tipo de respiración e as secrecións nasais.

2. Comer e beber adecuadamente. O papel da enfermaría é coñecer o tipo de dieta e hidratación de cada paciente, tendo en conta o apetito, os horarios, cantidades, ánimo, idade e peso.

3. Eliminación normal dos desechos corporais: Coñecer o nivel de control e efectividade do paciente, incluíndo a atención da hixiene das partes íntimas.

4. Movilidade e posturas adecuadas: Axudar na mécanica corporal da persoa e motivala a realizar actividade física.

5. Durmir e descansar: trátase dunha prioridade o repouso tranquilo e ininterrumpido do paciente.

6. Vestirse e desvestirse con normalidade

7. Manter a temperatura do corpo en rangos normais: a temperatura normal atópase entre 36,5 e 37ºC. A enfermeira debe ter en conta os factores influíntes de que o paciente teña frío ou calor.

8. Manter unha boa hixiene corporal

9. Evitar perigos no entorno e evitar poñer en perigo a outros: avaliar se se pode deixar o paciente só por moito tempo ou non, co risco de que se faga dano.

10. Comunicar emocións, necesidades, temores e opinións: a enfermeira promove e motiva a comunicación sá e adecuada do paciente, axudando ao seu equilibrio emocional.

11. Actuar ou reaccionar dacordo as propias creencias: respetar os valores e creencias do paciente.

12. Desarrollarse de maneira que exista un sentido de logro: promover no paciente o alcance de metas e logros con esforzo.

13. Participar en actividades recreativas e xogos: a saúde mental e física se logra tamén con actividades.

14. Aprender, descubrir ou satisfacer a curiosidade persoal: potenciar no paciente habilidades, destrezas e coñecementos novos. 


BIBLIOGRAFÍA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.