5.12.22

O pé diabético

As complicacións derivadas da diabetes poden comprender lesións dos nervios ou mala circulación sanguínea. Estos problemas implican que os pes sexan máis vulnerables a feridas na pel como úlceras que poden empeorar rápidamente. Un bo control da diabetes e o coidado dos pes pode axudar a prever a presentación de úlceras nos pes. Non obstante, cando aparecen as úlceras nos pés é importante recibir unha atención inmediata e un correcto coidado dos pés para poder prever unha posible amputación, xa que unha úlcera que non cicatriza e que provoca unha lesión extensa nos tecidos e osos pode requerir a extirpación quirúrxica ou amputación, dun dedo, do pe ou de parte dunha perna. As amputacións son un dos precursores máis comúns para unha posible amputación, ademáis de que constitue un grave problema de saude pública que conleva un gran coste económico aos sistemas sanitarios, ademáis de causar negativas repercusións sociais e emocionais nas personas que as sofren. 

O primeiro de todo e o máis importante é prever a presentación de úlceras nos pes, e para iso atópanse unha serie de pautas que toda persoa debería seguir pero sobre todo as persoas que presentan diabetes mellitus xa que son as que presentan un maior risco. 

O principal é levar un correcto control da diabetes mediante unha dieta saudable, realizar exercicio de forma regular, levar un control da glucosa en sangre e seguir o reximen de medicamentos recetados. Asociado a iso é levar a cabo un correcto coidado dos pes para poder prever problemas, e garantizar unha atención médica inmediata no momento en que estas feridas se presenten. Algúns dos consellos para levar un correcto coidado dos pés poden ser: 

  • Inspeccionar os pes diariamente, revisado os pes unha vez ao día en busca de calquera tipo de alteración como cortes, sensibilidade ou inflamación. No caso de que non podas ver con claridade achega un espello ou pide axuda.

  • Antes de usar o calzado comprobar que dentro non se atope calquer tipo de corpos extraño ou sutura. 

  • Comprar calzado cómodo para o seu uso, idóneo para o seu úseo, que aporte soporte e amortiguación para todo o pe. Evitando zapatos axustados ou estreitos que apreten os dedos dos pes.
  • Lava os pés de forma diaria con auga tibia, despois sécaos de forma suave dandolle especial importancia aos dedos. 

  • Aplica cremas ou locións humectantes para manter a pel suave e prever calquer tipo de greta. 

  • Non elimines ti mesmo callosidades ou outras lesións do pé visita o podólogo e que el realice o traballo se o considera pertinente. 

  • Corta as unllas dos pes con coidado, sempre de forma recta e posteriormente limar con coidado as puntas afiladas. 

  • Non camiñar descalzo, e usar calcetíns limpos e secos, e cambiar de zapatos e calcetís dúas veces ao día. 

  • Non fumar, xa que afecta a circulación e reduce a cantidade de oxíseno na sangue. Estos problemas circulatorios poden provocar feridas más graves e unha insuficiente cicatrización.

O consello más importante anteriormente mencionado é a inspección, xa que a persoa e a encargada de identificar precozmente a presenza de calquer tipo de ferida ou ulceración que se poda estar produciendo no pé, e así poder actuar da forma máis rápida posible para evitar unha posible amputación. No caso contrario, de que se presente unha úlcera esta organizarase según a clasificación de Wagner na que se determina o grao de afectación da úlcera. 

  • Grao 0: non hai úlcera pero considerase un pé en risco xa que pódense observar deformación óseas ou as cabezas dos metatarsianos prominentes. 
  • Grao I: úlceras superficias, caracterizada por unha destrucción do espesor total da pel. 
  • Grao II: úlceras profundas, na que a úlcera penetra a pel grasa, está infecta pero sin chegar ao oso. 
  • Grao III: úlceras profundas máis abscesos, son extensas e profundas, presentan secreción, mal olor e están infectadas.
  • Grao IV: gangrena limitada, caracterizada por necrosis dunha parte do pe ou dos dedos, talón ou planta. 
  • Grao V: gangrena profunda, onde todo o pé está afectado. 

Dependendo do grao de afectación poderase seguir un tratamento ou outro, asi mesmo, debe levarse a cabo un seguimento continuo das feridas para poder evitar que empeoren. Seguindo a clasificación Wagner atopamos:

  • Grao 0: non existe ningunha lesión polo que unicamente se tomarán accións de control para prever unha posible úlcera. 
  • Grao I: realizaranse coidados da úlcera, xa que non existe infección. 
  • Grao II: utilizaranse antibióticos, eliminación de tecido contaminado polo infección e tamén un coidado da úlcera. 
  • Grao III: neste caso levarase a cabo un proceso quirúrxico dependendo do grao de celulitis. 
  • Grao IV: lévase a cabo unha ciruxía urxente de revascularicación que evite a amputación do pe. 
  • Grao V: realizase a amputación da zona afectada xa que esta é a única alternativa, para evitar que a infección avance e poida causar a morte, dependendo do grao de afectación da úlcera levarase a cabo un tipo de amputación ou outra.  Diferenciamos: 
    • Desarticulación de cadeira: a máis peligrosa de todas, xa que presenta un alto índice de mortalidade, e levase a cabo en casos extremos. 
    • Supracondilea (A): por encima xeonllo, é a que menor problema presenta no momento da cicatrización. 
    • Desarticulación do xeonllo (C): ampútase a perna a nivel do xeonllo. 
    • Infracondilea o transtibial (D): a nivel da tibia, na que se conserva o xeonllo facilitando a implantación dunha prótesis. 
    • Amputación de Syme (E): a nivel do nocello. 
    • Amputación de Pirogroff (E): similar a de Syme pero menos frecuente.
    • Transfalángica: amputase a parte distal do dedo anular. 
    • Dixital transmetatarsiana: realizase a amputación por debaixo da cabeza do metatarso. 
    • Transmetatarsiana (F): amputación de todos os dedos do pe a nivel transmetatarso. 
    • Bilateral (G): amputación de ambas pernas. 


Bibliografía: 

  1. Amputación y diabetes: cómo proteger los pies [Internet]. Mayo Clinic. 2020 [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/diabetes/in-depth/amputation-and-diabetes/art-20048262
  2. 12 Consejos para el pie diabético [Internet]. Enfermería Creativa. 2017 [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2017/06/21/12-consejos-para-el-pie-diabetico/
  3. Clasificación de Wagner [Internet]. ClasificaciónDe. ClasificacionDe; 2017 [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.clasificacionde.org/clasificacion-de-wagner/
  4. Lesiones del Pie Diabético [Internet]. Enfermería Creativa. 2016 [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2016/11/16/lesiones-del-pie-diabetico/
  5. Duarte A. Tipos de amputaciones, menores y mayores [Internet]. Mejor con Salud. 2018 [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://mejorconsalud.as.com/9-tipos-amputaciones/
  6. Diferentes tipos de amputación [Internet]. Ossur.com. [citado o 5 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.ossur.com/es-es/protesis/extremidades-inferiores/amputacion-extremidades-inferiores