23.11.22

Existen outros tipos de drenaxes?

Ademáis do drenaxe PLEUR EVAC podemos atopar outros tipos de drenaxes diferentes, neste caso falaremos do sistema de drenaxe PICO e o sistema de drenaxe VAC. 

Primeiro falaremos do sistema de drenaxe PICO, ou sistema de Terapia de Presión Negativa (TPN) de un só uso, que proporciona 80 mmHg de presión negativa sobre a superficie da ferida, e axuda a controlar o exudado de nivel escaso ou moderado. Este sistema consiste nunha pequena bomba de succión conectada a un apósito adhesivo absorbente. O apósito colócase sobre a ferida e despois colócarase sobre él unhas tiras de adhesivo transparente para asegurar que non se mova. Ao conectar a bomba o aire é absorbido e o exceso de exudado da ferida pasa ao apósito. Así mesmo, o apósito evita que as bacterias entren na ferida, e a presión negativa exercida favorece que a sangue circule mellor nesa zona, o que axuda a que a ferida cicatrice antes.

Este dispositivo presenta un sistema de luces ou alarmas que indica o funcionamento do mesmo. Debe presentar sempre unha luz verde que indica que o sistema está funcionando. Poden observarse tres tipos de alarmas diferentes. 

  • Batería baixa: marcado cunha luz laranxa no símbolo de batería baixa, pero a luz verde seguiría encendida, xa que o sistema funciona pero unicamente ten batería baixa. 
  • Apósito despegado: cunha luz laranxa no símbolo respectivo que indica que unha parte do apósito está despegada, polo que debe comprobarse ao redor do apósito para atopar algunha fuga. 
  • Apósito demasiado cheo: cunha luz laranxa no símbolo correspondente que indica que o apósito debe ser cambiado xa que este presenta demasiado exudado, polo que debe ser cambiado por outro para poder actuar. Así mesmo, o apósito debe ser cambiado duas ou tres veces a semana, dependendo do nivel de exudado, para asegurar unha mayor absorción do exudado da ferida, aínda que si o exudado e excesivo esto pode levarse a cabo más veces. 

Neste video explicase o proceso de colocación do sistema de drenaxe PICO. 

O sistema de drenaxe está programado para pararse despois de 7 días. Despois de este período de tempo o sistema detendrase e todas as luces apagaranse e non volverá a funcionar de novo aunque se lle cambien as pilas. Neste momento, non se aplicará ninguna presión negativa sobre a ferida polo que se deberá cambiar o sistema de drenaxe. 

No caso da terapia VAC, ao igual que o drenaxe PICO, é un sistema non invasivo que promove a curación das feridas mediante a aplicación de presión negativa, de maneira que o uso de niveis controlados de presión subatmosférica e succión controlada acelera a resolución das feridas favorecendo a vascularización e o desbridamiento. Polo tanto este tipo de sistema permite mellorar o flujo sanguíneo sobre a zona da ferida, acelerando a aparición de texido de granulación, recheando espacios e aportando un leito vascular apropiado para a colocación dun inxerto ao mesmo tempo que se evacúa o exudado da ferida, controlando a posibilidades de sobreinfección bacteriana. 

O sistema VAC (Vacuum Assited Clousure) de terapia de vacío componse dunha esponxa de poliuretano porosa que se conecta a unha bomba de vacío e é fixada a un apósito adhesivo ao redor da ferida. A esponxa axuda a estimular a formación do tecido de granulación e posee unha alta capacidade de drenaxe, polo tanto, e especialmente adecuada nas feridas de exudado intenso, o apósito adhesivo é o encargado de conectar a esponxa coa bomba de vacío a través dun tubo, e o de asegurar que o sistema de vacío funcione. Por último a bomba de vacío permite controlar a aplicación de presión negativa que se repartirá uniformemente gracias a esponxa, normalmente a unha presión de entre -75 a -175 mmHg. 

O proceso de colocación do sistema VAC é o seguinte: 

  • Tras valorar a ferida, débese limpar con suero fisiolóxico de dentro hacia fora, e de seguido se secará a ferida con gasas estériles sen friccionar. 
  • Se cortará a esponxa do mesmo tamaño e forma que a ferida para que esta se poña en contacto co fondo e as paredes sen producir ningunha presión.
  • Colocarase un adhesivo transparente que cubra más de 5 cm ao redor da ferida no que non se observen arrugas nin pregamentos para que non existan fugas. 
  • Realizarase un buraco no centro do adhesivo tendo coidado de non cortar a esponxa, e colocarase o tubo de drenaxe presionando ao redor do mesmo para comprobar que está ben pegado. 
  • O tubo conéctase a bomba de vacío e encéndese a bomba de succión, para posteriormente programala según as características da ferida. 
  • É necesario comprobar como a esponxa se contrae e non salten alarmas, para comprobar o seu correcto funcionamento. 

No seguinte video pódese ver como é o proceso anteriormente descrito de colocación do sistema VAC.

Estos sistemas de drenaxe, o PICO e o VAC son os máis utilizados na ciruxía cardíaca e vascular, despois do sistema de drenaxe PLEUR EVAC, aínda que estos empreganse para diferentes drenaxes. Para coñecer un poco más sobre os diferentes tipos de drenaxes que existen e podemos atopar nun hospital deixo outro video sobre os distintos drenaxes, ademáis de sondas que poden ser utilizadas.

Bibliografía

  1. PICO [Internet]. Smith-nephew.com. [citado o 23 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.smith-nephew.com/latin-america/productos/cuidado_avanzado_heridas_a_z/pico/
  2. Manual para el paciente [Internet]. Fjd.es. [citado o 23 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.fjd.es/es/cartera-servicios/cirugia-general-aparato-digestivo/informacion-pacientes.ficheros/1679935-
  3. Ocronos R. Uso de la terapia de sistema de vacío por el equipo de Enfermería. Ocronos - Editorial Científico-Técnica [Internet]. 2022 [citado o 21 de novembro de 2022]; Dispoñible en: https://revistamedica.com/uso-terapia-sistema-vacio-enfermeria/
  4. Medicos P. Manejo enfermero de la terapia de sistema de vacío (VAC) aplicado en heridas - Revista Electrónica de Portales Medicos.com [Internet]. Revista-portalesmedicos.com. 2016 [citado o 23 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.revista-portalesmedicos.com/revista-medica/terapia-de-sistema-de-vacio-vac-enfermeria/