2.12.22

Cómo se realizan as curas cirúrxicas?

 Na unidade de COT e CPL os pacientes ingresados son pacientes cirúrxicos, isto quere dicir que ingresan para someterse a unha intervención quirúrxica, ben da rama da traumatoloxía ou de plástica. 

Como se trata dunha planta de hospitalización cirúrxica, o que está máis presente no día a día nesta unidade son as curas das feridas xeradas na intervención. Estas, realízanse seguindo diferentes pautas según sexan pacientes COT (Ciruxía Ortopédica Traumatolóxica) ou CPL (Ciruxía Plástica).

Por regra xeral as curas de CPL realízanse segundo as indicacións do ciruxán pero as de COT seguen todas o mesmo procedemento.
Imagen 1: Herida quirúrgica en rodilla

Pero primeiro, debemos coñecer como é unha ferida quirúrxica resultante dunha intervención de traumatoloxía.

  • Adoitan ser feridas de gran tamaño en lonxitude xa que son intervencións grandes
  • Non están suturadas, senon que presentan grapas
  • Teñen alto risco de infección
  • Nos casos de colocación de fixadores externos:
    • Non existe ferida aberta senon lugares de inserción para os fixadores
    • Unha vez se retiran os fixadores nunha nova intervención cirúrxica é cando atopamos as suturas
      Imagen 2: Fijador externo en fractura de tobillo

Cómo se realizan as curas destes tipos de ferida?
As curas deste tipo de ferida realízanse de xeito estéril xa que é unha zona que foi manipulada no quirófano, polo tanto precisamos de dúas persoas, unha estéril e outra aséptica ou limpa.

1. Ferida simple con grapas: 
Unha vez o paciente foi operado, a primeira cura da ferida cirúrxica realízase aos 2 días da intervención, e logo cada 3 días ou antes no caso de que a cura estivese manchada ou mollada, ou por orde médica.
 
O procedemento é o seguinte:
  • Levantar o apósito
  • Lavado con gasas e suero fisiolóxico dende arriba cara abaixo dunha soa pasada
  • Secado con gasas
  • Aplicación de clorhexidina acuosa spray ao 2% sobre a ferida
  • Secado con gasas da ferida, e con outras gasas diferentes os bordes sen facer contacto coa ferida cirúrxica
  • Cunhas compresas dobradas á metade cubrir a ferida cirúrxica e colocar un apósito adhesivo cubrindo toda a cura

2. Cura de fixadores externos

  •  Retirar apósitos e vendas
  • Proceder co lavado, secado e aplicación da clorhexidina de igual xeito ca no caso anterior, pero desta vez realizalo nas zonas de inserción dos fixadores.
  • Colocar 2 gasas abertas e dobradas á metade arredor dos fixadores nas zonas máis próximas á zona de inserción e cubrir cun apósito cada un deles.
  • Vendaxe con velband da zona
  • Vendaxe con crepé 
Estes pacientes volverán a quirófano para a retirada dos fixadores e a cura posterior realízase do mesmo xeito que a explicada para ferida simple con grapas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.