6.12.22

Delirium hospitalario

 O delirium hospitalario ou estado confusional agudo é unha complicación hospitalaria moi frecuente en adultos maiores, afectando á atención de urxencias, áreas de hospitalización ou área de coidados intensivos. 

Por delirium enténdese un trastorno agudo de atención e cognición por un cambio agudo da función cerebral que se presenta nun paciente "vulnerable" con factores predispoñentes e que sexa secundario a unha patoloxía médica aguda, intervención, anestesia ou uso de fármacos, e que provoca desorientación, perda de atención e alteracións cognitivas durante o ingreso. 

Entre os seus síntomas atopamos:

  • Variación dos niveis de consciencia
  • Alteracións da memoria
  • Dificultades na organización dos pensamentos
    • Ideas incoherentes
    • Cambio constante de ideas
    • Divagacións
  • Desorientación espazo-temporal
  • Trastornos no ciclo sono-vixilia
  • Alucinacións
  • Ideas delirantes
  • Actividade motora alterada que leva a unha axitación física e mental
Definíronse subtipos de delirium, entre os que atopamos:
  • Delirium hipoactivo
    • Predomina a apatía e a baixa actividade motora co entorno
  • Delirium hiperactivo
    • Axitación tanto física como conductual
  • Formas mixtas
    • Fluctuación de ambos tipos anteriores
Para o diagnóstico deste trastorno, utilízanse 4 criterios, que son: cambio agudo e de curso fluctuante da conciencia, inatención, pensamento desorganizado e nivel alterado de conciencia. (1)

Nos pacientes hospitalizados é moi importante a actuación da familia, pero na maioría dos casos, cando este delirium aparece por primeira vez, os familiares asústanse. É aquí onde entra o papel da enfermería, que deberá dar ferramentas aos familiares para que lidien con esta situación.
  • Durante o ingreso, os pacientes con delirium atópanse desorientados en tempo-espazo e podendo non recoñecer aos seus familiares ou coidadores. Débese insistir aos familiares en que intenten reorientalos pero sen confrontar ao paciente. Sería de importancia que durante o día (sempre que non haxa contraindicacións) se manteña ao paciente sentado no sillón e coas ventás abertas para que poidan ver a luz, e axudarlles a facer a diferenciación día-noite. 
  • Descubriuse que os pacientes de idade avanzada, con alteracións sensoriais como déficit visual ou auditivo son máis propensos a sufrir delirium. É aconsellable que estos pacientes manteñan os seus dispositivos como gafas ou audífonos durante o ingreso, xa que de non utilizalos poderían facer falsas interpretacións e agravar o delirium.
  • O acompañamento familiar, sobre todo durante a noite, que é cando máis alteracións poden sufrir os pacientes con delirium é fundamental para poder revertir estos episodios. 
  • Estimular cognitivamente ao paciente, conversar con el, intentar reorientalo e evitar horas de televisión é un dos factores clave.
  • Evitar o descanso excesivo durante o día favorece un bo descanso de noite.
(2)

As causas directas deste cadro pódense relacionar coa tensión psicolóxica e o estrés que xera na persoa estar fora da súa casa, do seu ambiente, rutinas e intimidade e o estar rodeado de persoas descoñecidas. (3)

                                               Vídeo 1: explicación del Delirium Hospitalario

V1: Delirium o síndrome confusional agudo. Geri-Arte. Disponible en: https://youtu.be/s-gQRLz6DiM



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.