O obxectivo de coidados paliativos, ademais de aliviar a dor e tratar os síntomas físicos, tamén consiste no tratamento de síntomas psicolóxicos que pode padecer o paciente a raíz que sofre a enfermidade patolóxica. Entre un 25 e 50% dos pacientes con cáncer avanzado presentan morbilidade psiquiátrica en forma de estados de ansiedade, depresión ou angustia.
Porén, os pacientes de coidados paliativos presentan as dúas seguintes patoloxías claves:
Trastornos depresivos: un dos máis comúns xunto coa ansiedade. O seu diagnóstico en pacientes con enfermidades terminais resulta difícil dada a tristeza e o duelo que están a experimentar, non obstante, o noso papel consiste en previr a súa aparición brindando o apoio necesario, cunha avaliación e seguimento inicial do paciente. Unha vez comeza a padecer depresión, procederemos as seguintes funcións: (1) (3)
- Avaliación
- Identificar episodios previos de depresión u outro trastorno mental.
- Antecedentes familiares de depresión, suicidio u outra enfermidade mental.
- Avaliar o manexo do duelo no paciente e na familia.
- Avaliar problemas de temperamento
- Historia de uso ou abuso de sustancias
- Descartar delirio.
- Clasificar o nivel de depresión.
- Máis importante: preguntar directamente ao paciente sobre o seu estado e as súas ideas.
- Intervencións psicolóxicas
- Realizar avaliacións de seguimento máis frecuentes en pacientes máis baixos de ánimo.
- Permitir ao paciente expresar os seus medos e preocupacións acerca do cáncer e da morte.
- Responder ás emocións do paciente con empatía.
- Suministrar información de maneira directa e cun linguaxe sencillo.
- Recoñecer a necesidade de obter un balance entre dicir a verdade e suministrar esperanza ao paciente.
- Non ofrecer posibilidades irreais ao paciente.
- En casos especiais, suxerir ao paciente participar en grupos de apoio, exercicios de relaxación, entrenamento conductual e outras intervencións psicolóxicas.
- Descartar depresión maior
- Interrogar durante toda a evolución da enfermidade sobre sentimentos e desesperanza, inutilidade, culpa ou anhedonia.
- Preguntar sobre ideas de morte ou suicidio.
- Uso de medicamentos antidepresivos en caso de detección:
- Estes fármacos forman parte da terapia recomendada para o paciente terminal con depresión maior.
- Se deberá escoller o tratamento acorde co perfil de efectos adversos que se axuste da mellor maneira ao paciente.
- Os pacientes con cáncer a miúdo, responden a unhas doses máis baixas do habitual.
- Interrogar ao paciente sobre: manexo da dor, síntomas físicos molestos, problemas cós medicamentos, estrés psicosocial, experiencias previas á ansiedade, preocupación sobre a condición actual e pronóstico.
- No exame físico buscaremos os seguintes signos: aprehensión, temblor, axitación, temor, diaforese, palidez, taquicardia, taquipnea...
- Tratamento de problemas físicos coa posible suspensión dos medicamentos implicados.
- Avaliar e tratar de maneira agresiva á dor.
- Sempre brindar apoio e seguridade, permitir ao paciente expresar os sentimentos, pensamentos e temores acerca da situación.
- Entrega escalonada das malas noticias.
- Descartar depresión maior.
- Psicoterapia de apoio e terapia conductual, suxerindo tamén técnicas de relaxación.
- Utilizar de maneira correcta ansiolíticos.
- Identificar e controlar riscos, determinando a dispoñibilidade e calidade dos recursos.
- Valorar o nivel de cognición.
- Controlar factores ambientais: como previr caídas, disminuír estímulos sensoriais (Tv, radio, luces, teléfonos..)
- Axudar no autocontrol do pensamento distorsionado e respetar o mundo subxectivo do paciente.
- Manexo das alucinacións: proporcionando un nivel de vixilancia e supervisión adecuado.
- Recomendacións de terapias de relaxación, manter rutinas diarias constantes e transmitir confianza, seguridade e dispoñibilidade para o paciente e a súa familia.
BIBLIOGRAFÍA
- Cuidados paliativos. Complicaciones psiquiátricas, neurológicas y cutáneas en el paciente con enfermedad en fase terminal. Elservier.com. Vol.30. Núm.3 páginas 179-182 (julio 2002). Consultado el 22-12. Disponible en: Cuidados paliativos. Complicaciones psiquiátricas, neurológicas y cutáneas en el paciente con enfermedad en fase terminal | Atención Primaria (elsevier.es)
- Ramírez, Araceli. Revisión Bibliográfica: Depresión en pacientes paliativos. Instituto Nacional de Ciencias Médicas y Nutrición "Salvador Zubirán". Consultado el 22-12. Disponible en: Departamento de Medicina del Dolor y Paliativa - INCMNSZ (dolorypaliativos.org)
- G. Rincón, Dr. Hernán, Gómez, Dr Juan E, De lima, Dra. Liliana. Depresión y Ansiedad en pacientes terminales. Consultado el 22-12. Disponible en: Print Palliative care(11) (paho.org)
- Imaxe. Disponible en: Los Cuidados Paliativos no son exclusivos de los enfermos terminales (hola.com)
- Cuidados paliativos en Atención primaria: abordaje del delirium y manejo de la vía subcutánea. Revista Clínica de Medicina de Familia. Scielo.isciii.es. Vol.14 nº1. Febrero 2021. Barcelona. Consultado el 22-12. Disponible en: Cuidados paliativos en Atención Primaria: abordaje del delirium y manejo de la vía subcutánea (isciii.es)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.