As arritmias son trastornos da frecuencia cardíaca (pulso) ou do ritmo cardíaco. O corazón pode latir demasiado rápido (taquicardia), demasiado lento (bradicardia) ou de maneira irregular. Consecuentemente pode causar un dano, ser unha señal doutros problemas cardíacos ou un peligro inmediato para a saude.
O ritmo cardíaco divídese en dúas fases: a diástole, na que o músculo cardíaco relaxase e a cavidade énchese de sangue, e a sístole, na que prodúcese a contracción do músculo expulsándose así a sangue ao torrente sanguíneo, mantendo así o fluxo sanguíneo e a presión arterial. Este proceso acontece de maneira regular e rítmica. No momento en que este sistema alterase aparecen as arritmias ou os trastornos do ritmo cardíaco.
Atopamos duas grandes arritmias que son, as arritmias lentas ou bradicarritmias e as arritmias rápidas ou taquicarritmias. Pola súa repetición pódense dividir en crónicas (permanentes) ou paroxísticas (puntuais). Tamén pódense considerar arritmias os latidos prematuros ou as extrasístoles.
Causas
As arritmias prodúcense por un erro no sistema eléctrico do ritmo cardíaco, denominado sistema de excitación e conducción. Este sistema pode fallar por tres motivos distintos:
- Un dos mecanismos electrónicos erra por falta de xeración de impulso eléctrico.
- O impulso eléctrico orixinase nun sitio erróneo.
- Os camiños para a conducción eléctrica están alterados.
Sintomas
Os síntomas poden ser leves, ser graves ou incluso potencialmente mortais. As palpitacións e síncopes son os principais síntomas das arritmias, aínda que tamén preséntanse outros como mareo, dor torácico ou a perda do coñecemento, ou poden pasar inadvertidos e solo observarse cando se levan a cabo probas diagnósticas.
- As palpacións producen a sensación subxectiva anormal dos latidos cardíacos, os calen poden ser percibidos fortes, adiantados, irregulares ou taquicárdicos.
- Os síncopes coñécense como a pérda do coñecemento debido a diminución do fluxo cerebral. Aínda que a maioría das veces os síncopes acontecen por causas distintas as arritmias.
Entre as arritmias máis habituais atópase a fibrilación auricular, é un tipo de latido cardíaco anormal no cal o ritmo é rápido, e na maioría dos casos, irregular. Esta arritmia e debida a que partes do corazón non poden contraerse nun patrón coordinado e como resultado o corazón non pode bombear suficiente sangue para satisfacer as necesidades do corpo.
A frecuencia cardíaca normal é de 60 a 100 latidos por minuto, mentres que na fibrilación auricular a frecuencia pode ser de 100 a 175 latidos por minuto, e a presión arterial pode ser baixa ou normal.
O electrocardiograma é a técnica recomendada para o seu diagnóstico, aínda que a fibrilación auricular tamén pode detectarse mediante a determinación da frecuencia cardíaca, xa que esta oscila moito dando valores moi diferentes nun período de segundos.
Neste electrocardiograma pódese observar as características que farían sospeitar dunha fibrilación auricular.
- A distancia entre as ondas R é moi irregular.
- Ausencia das ondas P.
- Complexos QRS similares aos do ritmo sinusal.
Tratamento
Para poder tratar este tipo de arritmia, lévase a cabo a cardioversión para lograr que o corazón volva ao seu ritmo normal da forma máis inmediata posible. Atópanse duas técnicas para o tratamento.
- Choques eléctricos ao corazón.
- Medicamentos administrados por vía intravenosa.
- Redúcense os latidos cardíacos irregulares
- Impidese que a fibrilación auricular reaparezca.
Asi mesmo, as personas que presentan fibrilación auricular ou outro tipo de arritmias precisan de medicación anticoagulante, para disminuir o risco de desenvolver un coágulo de sangue que viaxe no corpo e que consecuentemente poda levar a un accidente cerebrovascular. Entre esta medicación anticoagulante atópase o sintrom un anticoagulante oral.
- Arritmia cardíaca: qué es, síntomas, tipos y tratamiento. CUN [Internet]. Cun.es. [citado o 23 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/enfermedades/arritmias-cardiacas
- Arritmias [Internet]. Medlineplus.gov. [citado o 23 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/001101.htm
- Fibriloaleteo auricular [Internet]. Medlineplus.gov. [citado o 23 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000184.htm