No momento de ingresar nunha pranta hospitalaria, hai pacientes que precisan dun illamento debido á patoloxía que padecen. Este illamento consiste no conxunto de procedementos que separan as persoas infectadas das susceptibles, cun protocolo necesario para o control das infeccións asociadas a atencións sanitaria tanto en hospitais como noutros centros sanitarios. (1) (3)
Contamos con 2 tipos de precaucións de illamento:
Precaucións estándar, que tratan dunhas medidas de prevención das IAAS (Infeccións Asociadas a Atención Sanitaria) co obxectivo de reducir o risco de transmisión de microorganismos a través do sangue, fluídos corporais, pel intacta e mucosas. (3)
Son medidas que se aplican a todos os pacientes, independentemente do diagnóstico e do coñecemento da presencia ou non dunha posible infección.
Medidas das precaucións estándar:
- Lavado de mans: presenta 2 tipos de lavado; o hixiénico (auga e xabón) e o aséptico (xabón antimicrobiano ou solución alcohólica). (3) A OMS establece 5 momentos para o lavado de mans:
- Previo ao contacto co paciente
- Antes de realizar un procedemento limpo/aséptico ou de manipular un dispositivo invasivo.
- Despois do risco de exposición a fluídos corporais.
- Despois do contacto co paciente
- Despois do contacto co entorno inmediato do paciente
- Equipo de protección persoal (EPP): conxunto de elementos utilizados para protexer ao persoal sanitario tanto do paciente como do seu entorno. Composto por: (3)
- Bata: protección da pel e evita o contaxio a través da ropa de traballo.
- Luvas: a súa utilización non sustitúe en ningún caso o lavado de máns.
- Mascarillas: en procedementos que poden xenerar salpicaduras, poden ser de dous tipos; quirúrxicas (indicadas para a protección frente partículas de maior tamaño) ou con filtro (protección frente aerosois).
- Protección ocular: en casos de salpicaduras.
Precaucións basadas no mecanismo de transmisión:
Illamento de contacto (1) (2) (3)
É a vía máis frecuente de transmisión. Prodúcese ante a sospeita dunha enfermidade transmisible por contacto directo (persoa-persoa, a través das mans) ou indirecto (a través dos obxectos) polas secrecións ou exudados. (1) (3)
Exemplos de enfermidades con este tipo de illamento poden ser: herpes simple, diarrea de etioloxía infecciosa (clostridium difficile, Escherichia Coli..), rotavirus, hepatitis A, feridas abertas, febre tifoidea, febres hemorráxicas (ébola..), conxuntivitis vírica, rubéola conxénita, amebiasis... (1) (2) (3)
Para este tipo de illamento se deben usar: luvas e bata, que se deben de colocar xusto antes de entrar a habitación e retiralas antes de saír dela. Tamén contar co uso exclusivo do material clínico para o paciente e ademais de realizar unha correcta desinfección das superficies.
Illamento por gotas (1) (2) (3)
Este tipo de transmisión ocorre por enfermidades infecciosas transmitidas mediante as gotas de Pflügge (partículas superiores a 5 micras) que se producen ao falar, tusir ou esbirrar (distancias de menos de 1 m), e durante procedementos invasivos, como o aspirado traqueal/bronquial ou broncoscopias.
Exemplos como: tos ferina, enfermidade estreptocócica (escarlatina farinxitis, neumonía), infeccións respiratorias víricas (gripe, rubéola, parotiditis, infeccións por adenovirus, rinovirus e parvovirus), enfermidades invasivas por Haemophilus influenzae ou Neisseria meningitiditis...
Neste caso, o imprescindible é a mascarilla quirúrxica, se hai risco de salpicaduras, usar bata e guantes, transporte limitado do paciente, e no caso contrario, levará mascarilla e desinfectar os artigos contaminados.
Illamento respiratorio (1) (3)
Precaución co obxectivo de evitar a transmisión de axentes patóxenos que se atopan en partículas menores de 5 micras e que proceden das vías respiratorias do paciente, quedando suspendidas polo aire en largos períodos de tempo.
Exemplos de enfermidades como sarampión, rubéola, tuberculosis pulmonar, neumonía, herpes zóster en inmunodeprimidos, SARS (Síndrome Respiratorio Agudo Severo)..
Se utilizarán mascarillas protectoras de partículas con filtros para o aire inhalado. Con isto, o paciente contará cun cuarto illado coa porta pechada
Illamento protector ou inverso (1) (2) (3)
Indicado exclusivamente para pacientes sometidos a transplantes, inmunodeprimidos ou quemaduras superiores ao 25% da superficie corporal. Este illamento consiste en protexelos de adquirir infeccións transmitidas polo persoal sanitario e familiares.
Se establece o estrito uso de bata e mascarilla ao entrar en contacto co paciente.
Independemente do tipo de illamento, en todos é obrigatorio o lavado de mans antes e despois do contacto co paciente.
BIBLIOGRAFÍA
- Policlínica Metropolitana. Entérate de los tipos de aislamiento en los pacientes hospitalizados. Septiembre 18, 2019. Consultado el 16-12. Disponible en: Entérate de los tipos de aislamientos en los pacientes hospitalizados (policlinicametropolitana.org)
- Pérez Pulido, MJ y Cuesta Asensio, S. Revista Ocronos. Aislamiento Hospitalario. Consultado el 16-12. Disponible en: ▷ Aislamiento hospitalario - Ocronos - Editorial Científico-Técnica (revistamedica.com)
- Sangorrin Iranzo, A. Precauciones de aislamiento en la atención sanitaria. Elsevier.com. Consultado el 16-12. Disponible en: Precauciones de aislamiento en la atención sanitaria | Anales de Pediatría Continuada (elsevier.es)
- Imagen. Disponible en: Curso sobre la higiene de las manos durante la atención sanitaria (seguridaddelpaciente.es)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.