O corazón está formado por catro válvulas, as cales son: mitral, tricúspide, pulmonar e aórtica. Cada válvula presenta unhas valvas que se abren e se pechan unha vez por latido do corazón. As valvas que non abren nin pechan correctamente alteran o fluxo sanguíneo do corazón ao resto do corpo.
A ciruxía das válvulas cardíacas é un procedemento para tratar as enfermidades destas válvulas, como poden ser a estenosis ou unha fuga que permite que a sangue retroceda. Neste proceso de reparación das válvulas pode ser aberto ou pechado. O tipo de ciruxía depende de varios factores como poden ser a idade, o estado de saude o tipo ou a gravedade da enfermidade da válvula cardíaca.
No caso da regurgitación ou retroceso da sangue acontece debido a que a válvula non pecha por completo. Esto pode acontecer por aumento das cámaras cardíacas. Tamén pode ocurrir cando as valvas non pechan por completo, como acontece no caso do prolapso da válvula mitral.
Mentres que na estonosis acontece cando o tecido da válvula engrosa, limitando o fluxo do sangue. Esto acontece con frecuencia cando o calcio ou outros depósitos acumúlanse nas valvas da válvula cardíaca. Co tempo as paredes do corazón engrosan polo que o suministro normal da sangue non é suficiente para mantelo. Pode ocasionar unha enfermidade grave ou ata a morte.
Os problemas relacionados coa válvula cardíaca que non se tratan poden causar dificultades para respirar, unha insuficiencia cardíaca, o accidente cerebrovascular ou a morte súbita. Moitas persoas poden nacer con estes problemas pero tamén poden deselvolverse debido a idade ou a enfermidades como a diabetes.
No caso de que a válvula esté demasiado dañada pode necesitarse unha nova. Este procedemento denominase ciruxía de valvuloplastia, no cal retirase a válvula e cambiase por unha nova. Diferenciamos dous grandes tipos de válvulas:
- Biolóxicas: feitas de tecido humano ou animal. Estas válvulas duran entre 12 e 15 anos, pero non e preciso tomar anticoagulantes polo resto da vida.
Válvula mecánica |
A elección da válvula non é polas características de cada unha das válvulas se non máis polo tipo de paciente. A prótesis biolóxica pode ser una boa opción para:
- Pacientes cuxa actividade profesional inclue obxectos punzantes ou cortantes ou teñan un alto risco de traumatismos polo seu traballo ou por ocio. No caso de que estas persoas sufran un accidente e sigan un tratamento anticoagulante poderían ter complicacións graves.
- Mulleres xóvenes en idade reproductiva que deseen quedarse embarazadas xa que os anticoagulantes poderían provocar malformacións no feto.
- Pacientes que levan unha vida moi activa, con viaxes a destinos inusuais ou que non están dispostos a deixar malas prácticas como o consumo de alcohol.
- Aqueles que viven en zonas rurais aisladas sin acceso a un posto de saude cercano onde no caso de sufrir un accidente poda ser atendido.
- Pacientes en idade avanzada debido a un alto risco de hemorraxias que conleven o consumo de anticoagulantes orais e a existencia de outras patoloxías.
- Pacientes xóvenes debido a que a esperanza de vida das válvulas artificiais mecánicas é superior as biolóxicas e reducen os riscos dunha segunda ciruxía.
- Personas con función renal moi alterada.
- Cirugía de las válvulas cardíacas [Internet]. Mayoclinic.org. 2022 [citado o 16 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/heart-valve-surgery/about/pac-20384901
- Cirugía de válvulas cardíacas [Internet]. Medlineplus.gov. [citado o 16 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/002954.htm
- Cardiofast. ¿Qué prótesis cardiaca es mejor: biológica o mecánica? [Internet]. Unidad de Cirugía Cardiaca Dr. Rodriguez. 2020 [citado o 16 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cirugiacorazon.com/protesis-cardiaca-biologica-o-mecanica/