A espirometría é unha técnica utilizada para evaluar o funcionamento dos pulmóns medindo canto aire inhalas, canto exhalas e con que rapidez é exhalado, polo tanto nos informa sobre a cantidad de aire total que teñen os pulmóns e a velocidade coa que desplazamos esos volúmenes de aire. Consiste nunha proba básica no estudio de enfermidades respiratorias, que utilizase para valorar o rendimento pulmonar e ademáis do estado de salud. Consiste nunha proba simple pero que aporta unha información moi valiosa e sinxela, é rápida de realizar, fácil de interpretar, non invasiva e non irradia.
Principalmente a espirometría utilizase para o diagnóstico e seguimento de enfermidades respiratorias (EPOC, asma bronquial, bronquiectasias, fibrosis pulmonar, enfermedades neuromusculares, etc). Aínda que a espirometría tamén pode realizarse para levar un control do estado dos pulmón no caso de que se leve a cabo unha intervención de ciruxía torácica ou ciruxía abdominal. Ademáis de ser unha técnica diagnóstica, a espirometría tamén é unha técnica terapeutica xa que a respiración non está exenta de complicacións e, por iso, é importante coidar a nosa respiración, mediante diferentes técnicas que axudarán a aumentar a capacidade pulmonar.
Podemos dividir os espirómetros en dous grupos, os de volumen e os de fluxo.
No caso dos espirómetros de volumen rexistran a maniobra espiratoria forzada no momento en que se produce. Cando o suxeito respira por unha boquilla o aire móvese hacia un cilindro, unha campana de plástico, ou un diafragma de goma, que a sua vez move unha agulla ou plumilla que traza ou inscribe unha curva sobre o papel gráfico en movemento. Os espirómetros de selo de auga, os de selo rotador en seco e os espirómetros de fol son as tres clases de espirómetro más utilizadas.
Nas ciruxías cardíacas e vasculares empréganse os espirómetros de volumen, onde destacamos o espirómetro incentivo ou incentivador volumétrico. Este tipo de espirómetro defínese como un dispositivo que se utiliza despois dunha ciruxía ou en algunhas afeccións pulmonares para manter os pulmóns saludables. A importancia desde tipo de instrumento radica en que axuda aos pulmóns do paciente a que sepan como respirar lenta e profundamente, xa que despois da ciruxía pode ser demasiado doloroso que o paciente o faga por si solo ademáis de que tras a operación as personas se senten débiles con dor e moitas veces non realizan respiracións profundas por medo a que se produza a dehiscencia da ferida. Polo que como xa se indicaba estos espirómetros están indicados en persoas que sufran ciruxías de tórax e abdomen, pero tamén para os que sufran enfisema, bronquitis crónica, bronquiectasias e asma.
A educación tanto do paciente como da familia no uso do espirómetro no período tanto anterior como posterior da ciruxía é moi importante. Antes da ciruxía para que o paciente coñeza o seu estado pulmonar e como debe producirse no período posterior a ciruxía, ademáis de ir entrenando aos pulmóns no proceso previo a intervención. No momento posterior a ciruxía o paciente coñece como se leva a cabo o proceso e ademáis levará a cabo un proceso de rehabilitación continua entrenando ao seu sistema respiratorio no proceso de recuperación postoperatoria.
Estos son dous vídeos nos que se explica como deben utilizarse os espirómetros incentivos ou incentivadores volumétricos.
Ademáis do uso do espirómetro incentivo, despois da ciruxía indícase ao paciente que realice exercicios de respiración profunda e tos, isto o axudará a manter os pulmóns activos durante todo o proceso de recuperación e evitará complicacions, como poden ser a neumonía. Tamén para incentivar a actividade reflexa da tos se lle administra ao paciente Acetil Cisteina, un dos medicamentos denominados mucolíticos que van a incitar ao paciente a toser, este e un de moitos que se poden administrar para conseguir esta finalidade.
Neste caso, nas ciruxías nas que se leve a cabo unha toracotomía tamén se empregará a Ortesis, un chaleco anatómico de gran soporte torácico esternal utilizado para estabilizar o peito despois dunha ciruxía cardíaca, que permite ao paciente toser con seguridade ademáis de permitirlle realizar unha respiración normal e tamén amortiguar o impacto no momento de toser. Péchase con velcros que facilitan a adaptación do dispositivo ao paciente garantizando unha completa e firme fixación do protector ao peito, ademáis coas asas pódese proporcionar unha tracción más cómoda e eficaz, sobretodo nos momentos no que o paciente vai toser. A sua utilidade é sobre todo para a protección, contención e seguridade despois da ciruxía torácica e cardíaca durante as situacións de expectoración, reflexos de tos, estornudos ou movementos, e recomendase que o paciente o utilize ao menos durante un mes despois da ciruxía.
Bibliografía
- Rivero-Yeverino D. Espirometría: conceptos básicos. Rev Alerg Mex [Internet]. 2019; 66 (1) : 76-84. Dispoñible en: http://dx.doi.org/10.29262/ram.v66i1.536
- Formación E. ¿Sabes qué es un espirómetro y cuáles son sus funciones? [Internet]. European School Health Education. [citado o 28 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.esheformacion.com/blog/22/sabes-que-es-un-espirometro-y-cuales-son-sus-funciones
- PROSPECTO ACETILCISTEÍNA BEXAL 200 mg POLVO PARA SOLUCIÓN ORAL EFG [Internet]. Aemps.es. [citado o 28 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://cima.aemps.es/cima/dochtml/p/62389/P_62389.html