O Síndrome de Abstinencia Alcohólica defínese coma os síntomas que se presentan cando unha persoa que consume alcohol regularmente durante un periodo longo de tempo, de súpeto cesa no consumo deste.
Prodúcese con maior frecuencia en adultos aínda que tamén pode presentarse en adolescentes ou nenos, incluso en neonatos. Canto maior sexa o consumo da persoa, maior probabilidade de padecer abstinencia. (1)Segundo diversas estatísticas, España é o segundo país da UE con maior consumo de alcohol. (2)
Os síntomas soen presentarse 8 horas despois da última consumición, pero poden aparecer días máis tarde. Xeralmente, o pico de máxima incidencia sitúase entre as 24/72 horas.
Os síntomas máis comúns inclúen:
- Ansiedade ou nerviosismo
- Depresión
- Fatiga e irritabilidade
- Temblores
- Estado de ánimo cambiante
- Pesadelos
- Non poder pensar con claridade
Outros síntomas que poden aparecer son:
- Pupilas dilatadas ou midriáticas
- Cefaleas
- Insomnio
- Perda do apetito
- Náuseas e vómitos
- Palidez
- Taquicardia
- Sudoración, pel fría e húmeda
Existe unha forma grave de abstinencia alcohólica chamada delirium tremens, esta pode causar:
- Axitación
- Fiebre
- Alucinacións
- Convulsións
- Confusión intensa
(1)
Dentro do síndrome de abstinencia, podemos definir 2 subtipos, o síndrome con complicacións, ou sen complicacións. Dentro das complicacións máis frecuentes aparecen: Síndrome de Wernicke, o Delirium Tremens, convulsións e alucinacións, sendo estes casos que requiren de hospitalización.
De que depende a aparición deste cadro?
- Cantidade de consumo e frecuencia
- Gravidade do trastorno
- Anos de consumo
- Existencia ou non de tolerancia
- Existencia ou non de consumo en xaxún
- Idade avanzada
- Consumo de outras sustancias
(2)
Como se trata este cadro?
Non sempre é necesario o tratamento farmacolóxico, pero de selo, sóense empregar benzodiacepinas coma o diazepam, clonazepam, lorazepam ou clorazepato dipotásico, ou con outros sedantes como pode ser o clometiazol.
Estes actuarán diminuíndo a excitabilidade neuronal, polo que melloran o estado de ánimo e confort do paciente e poden axudar a previr complicacións.
Tamén se poden administrar Vitaminas do grupo B para diminuir as complicacións asociadas ao déficit das mesmas.
Sempre que se administren sedantes ou benzodiacepinas, debe haber un gran control médico da duración e da toma do tratamento xa que son sustancias que crean dependencia. (2)
Cal e o seguinte paso ao tratamento farmacolóxico?
Unha vez se controlaran os síntomas e o consumo, o paciente debe recibir tratamento psicolóxico, tanto individual coma grupal, para tentar previr as recaídas e mellorar a calidade de vida do mesmo. Nesta etapa tamén poden ser prescritos fármacos reguladores do desexo de consumo. (2)
Cal debe ser o papel da familia nestes casos?
Debe acompañar ao paciente, xa que representan unha figura de apoio e de coidados. Axudan a xestionar a medicación, eliminar o alcohol do domicilio, a vixilancia do paciente e da alimentación, entre outros. Débese apoiar ao paciente e non ir contra él durante este proceso, tendo sempre en conta que o seu comportamento é debido a unha enfermidade. (2)
Bibliografía:
1: Abstinencia alcohólica. MedlinePlus. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000764.htm
2: Síndrome de Abstinencia del Alcohol. Adictalia. Disponible en: https://www.adictalia.es/noticias/sindrome-de-abstinencia-del-alcohol/
I1: Síndrome de Abstinencia del alcohol. Salud Digital. Disponible en: https://www.clikisalud.net/adicciones-sindrome-abstinencia-alcohol-que-es-cuales-son-sintomas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.