No servizo no que estou rotando, coidados paliativos, o tema da eutanasia cobra moita importancia, cunha curiosa polémica que segue en vigor a día de hoxe polos dereitos que se seguen cuestionando.
Levando a cabo unha pequena investigación por numerosas páxinas e artigos acerca de este concepto, a palabra eutanasia deriva dos vocablos gregos "eu" cuxo significado é bó, e "thanatos" significando a morte, polo que o seu significado completo compréndese como "boa morte". (3)
Polo conseguinte, cabe entender da eutanasia como a intervención aceptada do ser humano nunha morte sen dor coa suposición da redución da duración da vida dun enfermo terminal. Se o enfermo non presenta unha enfermidade terminal, entón non se trata dun caso de eutanasia. (1) (2)
O valor que posee a eutanasia está discutido polo seu parecido co suicidio, pois en ambos a persoa desexa a morte, pero a súa principal diferenza é que no caso do suicidio é o propio suxeito quen realiza a acción de poñer fin a súa vida, mentres que na eutanasia é un profesional sanitario quen provoca a morte coa autorización do paciente. (1) (2)
No noso país, o congreso de diputados aprobou por maioría absoluta a Ley Orgánica de Regulación da Eutanasia (LORE) o 18 de Marzo de 2021, e o 25 de Xuño entrou en vigor, convertindo a España no cuarto país europeo en despenalizar a eutanasia e o suicidio asistido. Polo que, aqueles que cumpren os requisitos de pedir a eutanasia podrán solicitala. (2)
Antes de comezar a explicar os requisitos e os pasos a seguir para pedir a eutanasia, quero falar antes dun coñecido caso que aconteceu aquí no noso país.
O caso dunha parella, na que a muller padecía de esclerosis múltiple en fase terminal, a cal expresara varias veces a súa petición dunha morte programada/eutanasia, que por aquel entonces, en 2019, non entrara en vigor na lei. Polo que o seu home, satisfacendo o último desexo da súa muller e evitar que siga sufrindo, axudouna, o que acabou por levalo á carcel, xa que non tiña ningunha lei que o protexera daquela. A continuación, un vídeo acerca do caso(Para máis información acerca desta noticia, deixarei un enlace abaixo sobre a noticia). (5)
Vídeo Youtube (6)
Os requisitos para pedir a eutanasia no noso país son os seguintes: (2) (4)
- Ciudadán español ou con residencia de polo menos 12 meses.
- Ter mínimo 18 anos.
- Sofremento físico ou psíquico constante e intolerable por:
- Enfermidade grave e incurable, con fraxilidade progresiva e pronóstico de vida limitado, nunha situación avanzada ou terminal: cáncer, insuficiencia de órgano (cardíaca, respiratoria, hepática, etc..) ou pluripatoloxía asociada á idade.
- Padecemento grave ou crónico e imposibilitante, con limitacións das actividades da vida diaria persistentes, sen posibilidade de curación ou melloría apreciable: enfermidades neurodexenerativas, demencia (con testamento vital), etc..
- Búsqueda dun médico responsable (1ª solicitude): ningún médico/a debería negarse a recoller e firmar a solicitude.
- Se acepta axudar, convertirase no médico/a responsable.
- Se non acepta, se debe comunicar ao seu superior.
- Se se cumpren os requisitos, en 2 días hai un proceso deliberativo e en 5 días informan por escrito. Poden denegar a eutanasia nun prazo de 10 días dende a 1ª solicitude. Polo que pódese recorrer a decisión á CGE (Comisión de Garantía y Evaluación) en 15 días.
- Segunda solicitude: como mínimo 15 días despois de presentar a 1ª solicitude, se presenta a 2ª solicitude ante o/a médico/a responsable. Hai un novo proceso deliberativo, confírmase a vontade e se firma o consentimento informado.
- Entrevista co médico/a consultor: médico/a responsable consulta a médico/a consultor, quen estuda a historia, a examina, e corrobora que se cumpren os requisitos. Elabórase un informe favorable nun prazo de 10 días trala 2ª solicitude (se é desfavorable, pódese recorrer á CGE en 15 días)
- Verificación previa: médico/a responsable transmite en 3 días todos os documentos á CGE. A presidencia designa en 2 días a dúas persoas (médico/a e xurista) que examinan a historia e poden entrevistar ao equipo sanitario e á persoa solicitante, emitindo un informe en 7 días. En 2 días, a presidencia comunica o resultado (se fose desfavorable, se teñen 15 días para reclamar ao pleno da GCE, que teñen 20 días para responder).
- Eutanasia; a persoa decide cando, onde, e cómo morrer: a lei non regula un prazo. Pasados uns 15 días, se recomenda solicitar un aprazamento de entre 1 e 2 meses, pero en última instancia depende do equipo responsable.
BIBLIOGRAFÍA
- Calsamigilia Blancafort, Albert. Sobre la eutanasia. Universidad de Alicante, Área de Filosofía del Derecho; 1993. Consultado el 12-12. Disponible en: untitled (biblioteca.org.ar)
- Eutanasia en España. Derecho a morir dignamente. Consultado el 12-12. Disponible en: Eutanasia en España - DMD (derechoamorir.org)
- Esquivel Jiménez, Juan. El derecho a una muerta digna: la eutanasia. Universidad de Barcelona; 2003-2004. Consultado el 12-12. Disponible en: frame1 (ub.edu)
- Un año de la Ley de Eutanasia. Fundació Grifols; 14-06-22. Consultado el 12-12. Disponible en: un año ley eutanasia Un año de la Ley de Eutanasia (fundaciogrifols.org)
- Noticia sobre el caso de Eutanasia. Disponible en: El suicidio asistido de una mujer en Madrid reabre el debate sobre la eutanasia - La Opinión de A Coruña (laopinioncoruna.es)
- Vídeo sobre el caso de Eutanasia en España: EUTANASIA | “Quiero el final cuanto antes” - YouTube
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.